PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 10 de abril de 2024

Aprendendo sobre a discapacidade

 Onte e hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, da man de Chus e Sonia de COGAMI, tivemos a sorte de aprender un montón de cousas sobre a discapacidade. Fixemos un xogo de "Trivial"e unha "Scape Room" moi divertida. 

O Obradoiro de sensibilización sobre as persoas con Discapacidade, que comezou en decembro para os máis pequenos,  foi moi interesante e enriquecedor para todo o alumnado do centro. 

Pinchade nas imaxes para acceder as fotografías das xornadas. 







MOITAS GRAZAS A CHUS, SONIA E COGAMI!

domingo, 7 de abril de 2024

Día Mundial da Saúde

 O 7 de abril é o Día Mundial da Saúde. Toda persoa ten dereito á protección da súa saúde e acceder a unha atención sanitaria profesional, idónea e responsable. Pero este dereito fundamental está ameazado para milleiros de persoas no mundo. 

 


Ao longo deste trimestre coñeceremos e colaboraremos con diferentes ONGs que traballan en prol de preservar este dereito nos diferentes continentes, dentro das propostas didácticas do proxecto de centro "Sadabona".

Pero... que entendemos por SAÚDE?. O triángulo da saúde axúdamos a explicar  a interación que existe entre saúde mental, física e social e que determina a nosa calidade de vida. O vídeos que tedes a continuación pode axudarvos a entender este concepto.






Se contamos cunha boa saúde física, mental e social seremos felices. E se preparamos unha riquísima receita da felicidade?

Na guía de Benestar Emocional atoparemos unha proposta para facer entre todos e todas  un menú feliz.





xoves, 4 de abril de 2024

"Todos y todas somos capaces" Obradoiro de sensibilización

 O alumnado de 1º e 2º EP tivemos a sorte de poder participar hoxe nun obradoiro de sensibilización sobre a diversidade e discapacidade, da man de COGAMI. O obxectivo do mesmo foi: 

·   Proporcionar estratexias e materiais de apoio para concienciar sobre a discapacidade.

·         Contribuír a comprender e interiorizar actitudes de convivencia.

·         Proporcionar información sobre as diferentes condicións de discapacidade, destacando as posibilidades e capacidades de cada persoa.

·          Familiarizar ao alumnado cos elementos accesibles que facilitan a vida cotiá das persoas con algún tipo de discapacidade.

·          Facilitar materiais de apoio para sensibilizar e modificar actitudes ante a discapacidade.

Disfrutamos e aprendimos moito. Moitas grazas!






Pinchade aquí para acceder a todas as fotos



mércores, 3 de abril de 2024

Infinitas flores diferentes fan un ramo; infinitas persoas diferentes fan un equipo!

 Este 2 de abril, baixo este fermoso lema,  o alumnado de 1º e 2º EP achegáronse ao autismo e traballaron a diversidade coma un valor en si mesmo e a importancia de formar equipo para acadar un mundo mellor, no que cada un aporta as súas infinitas cualidades, capacidades e habilidades.









martes, 2 de abril de 2024

2 de Abril: Día Mundial da Concienciación do Autismo

 Voltamos ás aulas despois destas merecidas vacacións e comezamos aprendendo máis sobre o Autismo. 

Pinchade na imaxe para acceder á campaña.



Pinchade na imaxe para ver o conto e a infografía.



venres, 15 de marzo de 2024

PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR


Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos estar a vivir ou ver que van en contra da convivencia e das posibles situacións de acoso escolar, para poder detectalas e frealas o antes posible. 
Puxemos unha perruca laranxa para simbolizar o noso rexeitamento e compromiso de apoio a través da denuncia de posibles  situacións de acoso escolar.
Os máis pequenos xogamos e reflexionamos sobre diferentes conflictos e a súa solución,  a través de historias sociais. E descubrimos un novo lugar seguro do noso cole, tamén laranxa,  onde poder denunciar, de xeito anónimo, situacións de acoso escolar que estamos a sufrir ou que coñecemos. 

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos. Temos un Punto Laranxa "físico" e outro "virtual".

Pinchade aquí para acceder ao PUNTO LARANXA VIRTUAL.







Aprendendo sobre a discapacidade

 Onte e hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, da man de Chus e Sonia de COGAMI, tivemos a sorte de aprender un montón de cousas sobre a disca...