PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 30 de outubro de 2020

Pola Samaín, diversión sin fin!

 Hoxe celebramos a festa do Magosto e Samaín ( noutros países chamado Halloween).  Para divertirnos tod@s xunt@s contaremos contos de medo, compartiremos as nosas cabazas virtualmente, faremos manualidades, degustaremos castañas e xogaremos disfrazados terroríficamente.

A disfrutar!


Pinchade aquí para acceder ao xogo.


martes, 27 de outubro de 2020

Día Nacional TDAH

Hoxe, 27 de outubro, conmemórase o Día Nacional do TDAH co obxectivo de crear conciencia sobre dito trastorno. O alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH)  forma parte da diversidade de toda aula e da mesma sociedade, estando considerado, ademais, nese gran grupo de alumnado que a normativa básica identifica como alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ANEAE).

O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza a manifestarse ao longo da infancia e que inflúe negativamente no funcionamento e no desenvolvemento das nenas, dos nenos e das persoas adolescentes afectadas, manifestándose na familia, na escola, nas relacións interpersoais, nas actividades de lecer, en forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.

Comparto coa Comunidade Educativa o protocolo que pretende ser guía para mellorar a atención educativa do alumnado con TDAH elaborado pola Consellería

Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario


Así mesmo, a FUNDACIÓN INGADA  organismo que brinda asistencia a persoas afectadas por TDAH e as súas familias, facilita varios servizos e proxectos para contribuir ao seu  benestar. 
Son varias as  guías para familias e educadores que crearon para dar resposta ás necesidades que manifestan as persoas con TDAH; hoxe quero compartir estas dúas que me aprecen especialmente interesantes (pinchade na imaxe para acceder): 







luns, 26 de outubro de 2020

Medo ao medo!

 


O medo, ese sentimento tan habitual e necesario para a nosa supervivencia, fai que en moitas ocasións o noso benestar emocional non sexa o desexado. 

É tempo de enfrentarnos aos nosos medos e saber xestionalos. Nas aulas de EI seguimos a traballar as nosas emocións, esta vez toca... MEDO!

        

Con este fermoso conto aprendimos a transformar os medos que están na nosa imaxinación.



E con esta curta aprenderemos a enfrentarnos aos nosos medos e  superarnos. 



En colaboración coa Biblioteca compartimos unha serie de recursos que esperamos axuden a entender O MEDO e facilitar estratexias para DARLLE MEDO AO MEDO!

Pinchade aquí para acceder aos recursos

xoves, 22 de outubro de 2020

Educación emocional para tod@s.

 A entrada de hoxe vai dirixida aos maiores da Comunidade Educativa. Comparto con vós esta magnífica guía elaborada pola Universidade de La Rioja, que pretende axudar na procura do benestar emocional nestes tempos difíciles que estamos a vivir. Pinchade na imaxe para acceder. 




luns, 19 de outubro de 2020

Pedra, papel, tesoira.

 Seguro que todos e todas sabedes xogar a este divertido xogo, no que o "máis forte" sempre gaña: o papel gaña á pedra, a pedra gaña ás tesoiras, as tesoiras gañan ao papel. Pero que pensades? Credes que as normas do xogo poden cambiar? Sempre hai que "machacar" ou tod@s xunt@s podemos cambiar as regras do xogo?.  Mirade este vídeo e reflexionade sobre el. Que conclusións podemos exportar á convivencia na escola?


xoves, 15 de outubro de 2020

Comezamos co programa TEI!

Esta semana retomamos o Programa TEI co alumnado de 6º e 4º de EP e a vindeira semana serán os alumnos e alumnas de 5º e 3º os que  coñecerán o programa e participarán nas propostas de este ano, que serán un pouco diferentes na forma de plantexarse pero non no fondo xa que, a pesares de non estar físicamente xuntos no patio e tempo de lecer,   os nosos titores e titoras, os nosos compañeiros e compañeiras estarán sempre ahí para axudarnos e aprender a convivir.




Co fermoso conto "Hasta que podamos abrazarnos". de Eoin McLaughlin  e ilustrado por Polly Dunbar  aprenderemos que a pesar da distancia, podemos facer que as persoas que nos importan se sintan ben cerquiña.


Grazas a todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º por facer que  a resolución pacífica de conflitos, o respeto e rexeitamento a todo tipo de violencia sexan un dos piares fundamentais da nosa escola.

martes, 6 de outubro de 2020

"Estoy aquí"

 A través deste fermoso conto "Estoy aquí", a súa autora, Vanesa Díez, invítanos a reflexionar sobre como debemos enfrentarnos aos problemas e amosa, de xeito moi orixinal, como se traballamos en equipo as cousas teñen unha mellor solución. Disfrutade da súa lectura!


xoves, 1 de outubro de 2020

El árbol de la amistad

 Ainda que estamos en outono e as follas das árbores caducas caen,  entre tod@s podemos plantar unha fermosa árbore que creza forte e cheiña de follas. Axudádesme a darlle a volta ao outono?

Propoño que leades o fermoso album  de BRITTA TECKENTRUP, "EL ÁRBOL DE LA AMISTAD" co que descubriredes que a amizade é coma unha árbore máxica e fermosa, que só medra si se rega con agarimo e amabilidade cara os outros. 



Despois de comentar e reflexionar sobre a lectura propoño que fagades  unha fermosa árbore chea de follas con fermosas palabras e xestos de amabilidade, cariño e amizade. Podedes compartir co Departamento de Orientación as vosas árbores. Animádevos!