Hoxe conmemórase o Día contra a Violencia de Xénero e a Comunidade Educativa do CEIP Sada y sus Contornos manifesta abertamente o seu rexeitamento a todo tipo de violencia en xeral, e contra a muller especialmente.
Enténdese por violencia de xénero "calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada."
Recentemente a Consellería publicou a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo que podedes consultar pinchando na imaxe.