PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 26 de marzo de 2021

XANELA ABERTA Á FAMILIA

 “Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.






Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos.



luns, 22 de marzo de 2021

Quiéreme con mi diversidad

 Nesta guía didáctica elaborada por Pilar Villalba podemos atopamos unha proposta para traballar co noso alumnado a identidade e diversidade afectivo-sexual e familiar. 

Pinchade aquí para acceder.





xoves, 18 de marzo de 2021

Termos clave a Educación Inclusiva

 Down España elabora unha magnífica guía con ideas esenciais para a educación inclusiva. Recóllese un glosario de termos coas súas definicións e recursos que facilitan a súa comprensión (artigos, webs, vídeos, blogs...).



Pinchade aquí para acceder.


Para transformar a educación debemos ter claro de que estamos a falar cando nos referimos a que o noso obxectivo é acadar unha EDUCACIÓN INCLUSIVA.



luns, 15 de marzo de 2021

Uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos

 O beneficio do uso dos recursos tecnolóxicos e internet na nosa sociedade é innegable. Pero debemos fomentar un uso seguro e saudable desde a primeira infancia. 

Desde o Departamento de Orientación compartimos unha serie de guías que esperamos sexan da vosa axuda e recomendamos o visionado  da charla de Rafael Guerrero difundida pola Fundación Abanca "Como impactan os dispositivos tecnolóxicos no cerebro e desenvolvemento dos nenos e nenas"

Podes pinchar tamén neste enlace para acceder.






luns, 8 de marzo de 2021

8 de marzo: Día Internacional das Mulleres

 Para conmemorar este día, desde o Departamento de Orientación, queremos destacar o papel de  mulleres importantes que deixaron pegada na educación. GRAZAS A TODAS!


mércores, 3 de marzo de 2021

Creación de recursos dixitais

 Hoxe comparto recursos que espero axuden ao profesorado: comparto documento elaborado por Almudena Alonso-Ferreiro que recolle unha selección de ferramentas para a creación de recursos dixitais na aula de infantil e primaria.