PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

martes, 21 de decembro de 2021

FELICES FESTAS!!

Queridas familias, alumnado e compañeiros/as, 

As mestras de apoio e Departamento de Orientación queremos desexarvos unhas Felices Festas!. Desexamos  disfrutedes  do tempo de Nadal e que o 2022 sexa un ano de saúde e doces aprendizaxes para toda a Comunidade Educativa. 

Un agarimoso achuchón, 

  OLI, MONSE, PAMELA, DOLORES,  FLOR, IOVANNA, SARA E  LUCÍA



 


mércores, 15 de decembro de 2021

UN XOGUETE RESPONSABLE

 Achégase o Nadal e con el o tempo de agasallos, pero non debemos esquecer a importancia de educar nun consumo responsable. Os nenos e nenas non deben recibir unha chea de xoguetes!. 

Xogar significa compartir, crear, emoción, liberdade, relacións interpersoais, habilidades motoras e disfrutar; non sempre é preciso un xoguete para esto e non todos os xoguetes teñen estas habilidades. 

Á hora de elexir un xoguete educativo debemos ter en conta que este fomente a participación activa do neno ou nena; que estimule a creatividade, imaxinación, cooperación... Debemos elexir produtos que non estean fabricados con materiais nocivos para a saúde ou medio ambiente e que cumpran cos controis de calidade (selo da CE). 

Debemos mercar no comercio de proximidade, evitando xoguetes bélicos ou que reproduzan estereotipos de xénero. Envolver os regalos con papel que poida ser reciclado posteriormente.

Familias, lembrade que compartir tempo de xogo cos nenos/as é o mellor xeito de fortalecer os vínculos afectivos e educativos cos vosos fillos/as.

Ilustramos estas recomendacións cunha serie de recursos que esperamos sexan da vosa axuda:

- Conto "Lo Compro" que nos amosa cal pode ser ese "xoguete" para facernos feliz.

                                                          

- Vídeos para reflexionar sobre o xénero dos xoguetes.




- Boletíns informativos para descargar.






Lembrade que os xoguetes teñen moitos usos e debemos ensinar aos nenos e nenas a doar, sempre que estean en bo estado. Pinchade aquí para atopar onde o podedes facer.





luns, 13 de decembro de 2021

Somos moi capaces!!

 Despois da reflexión sobre a  dis-capacidade  chegamos a conclusión das CAPACIDADES DIVERSAS  que tod@s temos. Mirade, mirade....



Sodes un MONSTRUOS aprendendo a convivir, aprendendo a valorar e respetar!!

venres, 3 de decembro de 2021

3 de Decembro: Día das persoas con Discapacidade

 Un ano máis, ao longo do mes de decembro imos traballar co alumnado o concepto de DIVERSIDADE, DISCAPACIDADE/ CAPACIDADES DIVERSAS e INCLUSIÓN. 

Este ano farémolo a partir do conto "MONSTRUO ROSA" de Olga de Dios e enlazarase co proxecto de centro a través da visibilidade e papel activo que deben ter as persoas con CAPACIDADES DIVERSAS no desenvolvemento sostible e consumo responsable.


Aprenderemos a descubrir as nosas capacidades da man das personaxes do contos.


E aprenderemos o CAPACES que son os usuarios de ASPACE e ASPERGA.

Aqui podedes atopar unha chea de recursos que esperamos sexan da vosa utilidade.