PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 30 de marzo de 2022

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 



Un ano máis sumámonos á conmemoración deste día sensibilizando a toda a Comunidade Educativa sobre que é o Trastorno de Espectro Autista, os seus dereitos e necesidades. Para colaborar coa campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 (que  pon o foco de atención no dereito das persoas con TEA e as súas familias a desfrutar dunha vida feliz) ao longo desta semana  traballaremos co alumnado que é o autismo, reflexionarán e debuxarán ou redactarán sobre que significa ser feliz para cada un/unha de nós e sensibilizar sobre o  dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas  familias a vivir unha vida feliz.


“UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA”

 #DiaMundialAutismo #HazFeliz




AS COUSAS QUE NOS FAN FELICES SON MOI PARECIDAS PARA TOD@S

Pinchade na imaxe para acceder a contos sobre o Autismo

venres, 25 de marzo de 2022

XOGANDO A SER LIBRES: DA EMOCIÓN Á ACCIÓN

 O alumnado de 6º EP hoxe disfrutou do obradoiro desenvolvido por Sara, de Almas Meraki, no que creamos un ESPAZO DE SEGURIDADE para compartir emocións e opinións e así aprender a convivir e respetar a diversidade desde unha perspectiva de igualdade. 

Agora temos unha misión: poñer nome ás emocións que sentimos nos acontecementos do noso día a día e compartilos cos nosos compañeiros e compañeiras dentro dese espazo de seguridade que creamos coa guía de Sara. 






xoves, 24 de marzo de 2022

NON Á GUERRA

 Sumámonos ao total rexeitamento e protesta colectiva contra a guerra e sufrimento provocado por Rusia ao pobo ucraniano.








PAZ PARA UCRANIA - CEIP SADA Y SUS CONTORNOS




venres, 18 de marzo de 2022

Preparamos merendas saudables na fin de semana.

 Continuamos a fomentar hábitos saudables no noso alumnado para favorecer o seu desenvolvemento e un venres máis compartimos unha receita saudable para preparar e disfrutar en familia. Que mellor xeito de celebrar o Día do Pai que compartir con el tempo na cociña preparando unha rica merenda!. 

Felicidades a todos os pais e bo proveito!


E agora... a xogar. 




martes, 15 de marzo de 2022

Plan Director de Convivencia

 Un ano máis participamos no Plan Director de Convivencia.

O “Plan Director para a Convivencia"ofrece aos centros a posibilidade de ofertar charlas informativas, a través das forzas e corpos de seguridade do estado, para mellorar a competencia social de alumnado e familias. Mañá  mércores 16 de marzo abordarase co alumnado de 5º e 6º o acoso escolar en horario lectivo e coas familias ás 18:00h. no Edificio de plenos do Concello de Sada.




Linguaxe Oral en Educación Infantil

Desde a Asociación Galega de Mestres de Audición e Linguaxe (AGMAL) fannos chegar un dossier con información sobre o desenvolvemento da linguaxe dos nenos e nenas de 2-6 anos, así como pautas para favorecer o seu axeitado desenvolvemento, que compartimos con toda a Comunidade Educativa por si é da vosa axuda. Pinchade na imaxe para acceder ao documento. 





luns, 14 de marzo de 2022

Curso sobre seguridade nas redes

 Hoxe comparto con toda a Comunidade Educativa (familias, docentes, alumando) un curso moi interesetante que se desenvolverá este mércores 16 de marzo:  "Menores e seguridade na rede"

Trátase dunha iniciativa que nace da colaboración entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías e de Formación do Profesorado (INTEF), a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE)

A finalidade do curso é presentar pautas, ferramentas e estratexias que axuden a evitar os riscos dun uso pouco seguro ou inadecuado da rede, así como a orientar aos e ás menores en contornas dixitais e garantir a protección da súa intimidade e benestar persoais.


Para máis información pinchade aquí

Para inscribirse pinchade aquí

venres, 11 de marzo de 2022

Merendas saudables

 Como van esas merendas saudables?  De cara ao fin de semana, máis recetas e xogos!




martes, 8 de marzo de 2022

8 de marzo: Día da Muller.

 Hoxe conmemórase o Día da Muller, para lembrar e defender a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en igualdade co home.  



E coma sempre comparto uns dos meus libros preferidos  para dita conmemoración.