PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 30 de novembro de 2022

Aprendendo sobre as persoas con discapacidade

 Hoxe tivemos a sorte de ter no noso centro (¡novamente de xeito presencial!)  a visita de usuarios de ASPACE, que achegaron ao alumnado de 5º EP a asociación, a súa finalidade, en que consiste a Parálise Cerebral e todas as actividades que realizan. Coñecimos como é o día a día dunha persoa con PC, o xeito de comunicarse, as axudas que precisan para o desprazamento, a comida e a que dedican o seu tempo de lecer. Aprendimos que son persoas moi capaces, que só precisan de axudas persoais e tecnolóxicas  que den resposta a cada unha das características individuaís para levar unha vida moi parecida á nosa, e que, ás veces, só precisan máis tempo para acadar o mesmo obxectivo. 




MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E ENSINANZAS.!

Estamos desexando poder visitarvos e contemplar as fermosas creacións artísticas que facedes. Pero mentras, para coñecervos mellor seguiremos os vosos medios de comunicación. 

     


Pinchade na imaxe para acceder ao seu canal de YouTube e programa de radio "La Radio de los Gatos"

luns, 28 de novembro de 2022

Día das Persoas con Discapacidade

 Achégase a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e ao longo destes días imos traballar que é iso da discapacidade, a diversidade e realizaremos diferentes actividades encamiñadas á sensibilización e formación para acadar unha verdadeira sociedade inclusiva. 


venres, 25 de novembro de 2022

25 N: Día contra a violencia de xénero

 Hoxe conmemoramos o Día contra a violencia de xénero baixo o lema "QUE NINGUÉN PRENDA AS TÚAS ÁS". 


Traballouse nas aulas a través dos recursos facilitados pola biblioteca que se entende por violencia de xénero e condenamos nun acto colectivo a mesma. 

Comparto recursos que espero sexan da vosa utilidade para seguir a traballar con todo o alumnado, día a día, dita lacra social. 


Pinchade na imaxe para acceder


Pinchade na imaxe para acceder


luns, 21 de novembro de 2022

COLEXIO DO BENQUERER

 Xa temos todos e todas o noso pasaporte para aprender o curriculo do BENQUERER.! Asinamos con responsabilidade o pacto do Benquerer. Agora... máns á obra.!






xoves, 17 de novembro de 2022

Día internacional para a prevención do abuso sexual infantil

 O vindeiro 19 de novembro conmemórase o Día internacional para a prevención do abuso sexual infantil. 

Ao longo deste curso, en colaboración coa Fundación MENIÑOS e o seu programa "Colexio do Benquerer", imos traballar co alumnado de 5º e 6º EP a educación afectivo-sexual, abordándoa desde o respecto e o bo trato, e tendo como fío condutor a igualdade, a educación emocional e desenvolvemento crítico. As actividades estarán encamiñadas a traballar o coñecemento persoal e aceptación, a diversidade, a comunicación e educación emocional e a prevención do abuso sexual infantil. 

Os nenos e nenas deben aprender a identificar os seus límites persoais (a recoñecer cando alguén os traspasa), a dicir que non, a aprender a identificar os segredos que poden ser daniños para si ou outras persoas, e a identificar a súa rede de persoas de confianza. 

A literatura infantil vainos axudar a traballar todos estes aspectos. Comparto aquí dúas lecturas recomendadas: 






xoves, 3 de novembro de 2022

Que fai unha Orientadora?

 Un ano máis intentei achegar a todo o alumnado en que consiste o meu traballo e que poden acudir a min se precisan algunha axuda. Repasamos algúns conselliños para levar ben o curso e descubrimos outros fantásticos!: 

* Todos e todas somos únicos e especiáis; todos e todas temos ás que nada nin ninguén nos debe cortar, temos que descubrilas e desplegalas. 



* A través da arte podemos aprender a identificar emocións, a expresar as nosas propias e, incluso, regulalas. 



A través da arte aprenderemos as despregar as nosas ás!




Como colaborador imprescindible nesta tarefa, un ano máis,  estivo o Señor Pataca e as súas recomendacións lectoras.