PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

luns, 30 de xaneiro de 2023

TALLANDO PAZ, CONSTRUÍNDO CONVIVENCIA

 Unha das actividades realizadas o día de hoxe para a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a PAZ foi tallar unha pomba coma a de Picasso. 

O alumnado titor de 5º EP e o seu titorizado de 3º EP, tallaron xunt@s  fermosas pombas e afianzaron un pouco máis o seu vínculo de axuda e amizade, partindo dos valores que a POMBA da PAZ simboliza. 

Pinchnado aquí podedes ver imaxes da actividade de cohesión realizad dentro do programa TEI. 





mércores, 25 de xaneiro de 2023

Plan Director de Convivencia: novas tecnoloxías

 Un ano máis, o alumnado de 5º e 6º EP participaron na charla informativa ofrecida polo especialista   en convivencia da Garda Civil sobre o axeitado uso das novas tecnoloxías.



Para toda a Comunidade Educativa comparto novamente  un díptico informativo sobre a temática. Pinchade na imaxe para acceder.









E para máis información: 







luns, 9 de xaneiro de 2023

Feliz 2023 e regreso ás aulas!

 


Feliz Ano!

Desde o Departamento de Orientación desexamos que este 2023 veña cargadiño de motivación para seguer a aprender, ilusión e moitas ganas de traballar; actividades enriquecedoras para todos e todas e de tempo felis de aprendizaxe.

Comezamos un novo trimestre con ilusión e con propostas desde o DO para as titorías para mellorar a Convivencia, o benestar emocional de todo o alumnado, o respeto á diversidade e inclusión de todo o alumnado, a través do Programa TEI, Escola do Benquerer e CRE_ARTE.