PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

martes, 30 de abril de 2024

Moito medramos!

 Xa pasaron oito meses desde que comezou o curso e os vosos pequenos moito medraron!. 

A mestra de 4º EI e a orientadora do centro teremos  esta tarde unha xuntanza coas familias para falar da evolución dos seus fillos e fillas e facilitar algunha recomendación para seguir a estimular o seu crecemento. 

Compartimos aquí a presentación. 


luns, 29 de abril de 2024

BECAS ALUMNADO NEAE CURSO24-25

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou no Boletín Oficial do Estado o Extracto da Resolución de 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025 .

 O prazo de presentación de solicitudes estenderase dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.

 

Poderán solicitar as axudas os alumno-as que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe , incluído alumnado TDAH e TEA.

Así mesmo, poderán solicitar as axudas o alumnado  con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

Os solicitantes deben cubrir o formulario por internet no seguinte enlace . Unha vez cuberta, se non se conta co sistema de firma aceptado pola sede electrónica,  poderán  imprimir, asinar e entregar no centro educativo no que o alumno/a estea matriculado o curso 24-25 xunto coa documentación complementaria requerida (certificado da  conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso…).

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Prazo de presentación: do 30 de abril ao 13 de setembro

xoves, 25 de abril de 2024

CONVIVENCIA COA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

 O alumnado titor de 5º EP cos seus titorizados de 3º EP visitaron hoxe a Fundación María José Jove para seguir a aprender sobre interculturalidae e medio ambiente a través da arte.

O desenvolvemento desta actividade está englobada dentro das actividades de cohesión do programa TEI co obxectivo de fomentar  a convivencia no noso centro. 


Pinchade na imaxe para ver máis fotografías.


mércores, 10 de abril de 2024

Aprendendo sobre a discapacidade

 Onte e hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, da man de Chus e Sonia de COGAMI, tivemos a sorte de aprender un montón de cousas sobre a discapacidade. Fixemos un xogo de "Trivial"e unha "Scape Room" moi divertida. 

O Obradoiro de sensibilización sobre as persoas con Discapacidade, que comezou en decembro para os máis pequenos,  foi moi interesante e enriquecedor para todo o alumnado do centro. 

Pinchade nas imaxes para acceder as fotografías das xornadas. 







MOITAS GRAZAS A CHUS, SONIA E COGAMI!

domingo, 7 de abril de 2024

Día Mundial da Saúde

 O 7 de abril é o Día Mundial da Saúde. Toda persoa ten dereito á protección da súa saúde e acceder a unha atención sanitaria profesional, idónea e responsable. Pero este dereito fundamental está ameazado para milleiros de persoas no mundo. 

 


Ao longo deste trimestre coñeceremos e colaboraremos con diferentes ONGs que traballan en prol de preservar este dereito nos diferentes continentes, dentro das propostas didácticas do proxecto de centro "Sadabona".

Pero... que entendemos por SAÚDE?. O triángulo da saúde axúdamos a explicar  a interación que existe entre saúde mental, física e social e que determina a nosa calidade de vida. O vídeos que tedes a continuación pode axudarvos a entender este concepto.






Se contamos cunha boa saúde física, mental e social seremos felices. E se preparamos unha riquísima receita da felicidade?

Na guía de Benestar Emocional atoparemos unha proposta para facer entre todos e todas  un menú feliz.





venres, 5 de abril de 2024

Avaliación de Diagnóstico

 

Pinchade na imaxe para acceder á información 

xoves, 4 de abril de 2024

"Todos y todas somos capaces" Obradoiro de sensibilización

 O alumnado de 1º e 2º EP tivemos a sorte de poder participar hoxe nun obradoiro de sensibilización sobre a diversidade e discapacidade, da man de COGAMI. O obxectivo do mesmo foi: 

·   Proporcionar estratexias e materiais de apoio para concienciar sobre a discapacidade.

·         Contribuír a comprender e interiorizar actitudes de convivencia.

·         Proporcionar información sobre as diferentes condicións de discapacidade, destacando as posibilidades e capacidades de cada persoa.

·          Familiarizar ao alumnado cos elementos accesibles que facilitan a vida cotiá das persoas con algún tipo de discapacidade.

·          Facilitar materiais de apoio para sensibilizar e modificar actitudes ante a discapacidade.

Disfrutamos e aprendimos moito. Moitas grazas!






Pinchade aquí para acceder a todas as fotos



mércores, 3 de abril de 2024

Infinitas flores diferentes fan un ramo; infinitas persoas diferentes fan un equipo!

 Este 2 de abril, baixo este fermoso lema,  o alumnado de 1º e 2º EP achegáronse ao autismo e traballaron a diversidade coma un valor en si mesmo e a importancia de formar equipo para acadar un mundo mellor, no que cada un aporta as súas infinitas cualidades, capacidades e habilidades.









martes, 2 de abril de 2024

2 de Abril: Día Mundial da Concienciación do Autismo

 Voltamos ás aulas despois destas merecidas vacacións e comezamos aprendendo máis sobre o Autismo. 

Pinchade na imaxe para acceder á campaña.



Pinchade na imaxe para ver o conto e a infografía.