PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 30 de outubro de 2024

Por fin! Titores e titorizados polo Samaín

 Chegou o día tan esperado polo alumnado de 5º EP!Doble emoción: celebrar o Magosto e Samaín e coñecer aos seus titorizados. 

Compartiron xogos e tempo para as presentacións, manualidades, fotos e un recordo para sempre...a pulseira da amizade! Un gran día de festa e amizade.

Pinchade na imaxe para ver algunha foto


luns, 28 de outubro de 2024

Cosita linda.

Estamos moi contentos porque este curso o noso centro vai contar cunha intérprete en Linguaxe de Señas!  Para presentar a súa labor e a importancia da comunicación entre as persoas empregaremos o album ilustrado de Anthony Brown, "Cosita Linda", e que enfatiza tamén  o valor da amizade e a solidariedade. 



Benvida ao noso cole!

venres, 25 de outubro de 2024

Xa temos novos titores TEI!!

 Hoxe rematamos o día cheos de orgullo e ilusión. Todos os nenos e nenas de 5º EP ofrécense voluntarios para ser titores de alumnado de 3º EP e dar continuidade, un ano máis, ao desenvolvemento do programa TEI no noso centro. 

Estamos convencidos de que, ao longo do curso, o noso alumnado vai medrar persoalmente e socialmente, aprendendo a convivir e a desenvolver habilidades sociales fundamentadas no respeto, escoita activa e resolución positiva de conflitos. A súa laboura vai repercutir na convivencia do noso centro pero extenderase a toda a comunidade, traspasando os muros da nosa escola,  repercutindo positivamente na convivencia da nosa vila. 

Dada a importancia que este programa ten para toda a Comunidade, o noso Alcalde,  Benito,  e Concelleira de Cultura, Rebeca, entregaron a cada un dos titores/as o  seu diploma acreditativo e lembraron ao alumnado a importancia do compromiso acadado. 



venres, 18 de outubro de 2024

Aprendendo sobre "xustiza restaurativa"

 O alumnado de 5º e 6º de EP tivemos a sorte de contar coa presenza, o día de hoxe, da ONG "Tierra de Hombre"

Marie e María contáronnos en que consistía a súa labor para a protección da infancia e a saúde. 

Reflexionamos sobre os deritos dos nenos e os conceptos de XUSTIZA e que é iso da xustiza restaurativa. 

Compartimos algunha das imaxes do obradoiro e recursos traballados. 








                           


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

luns, 14 de outubro de 2024

PODES CONTAR CONMIGO!

 Comezamos coa formación dos titores e titorizados de 5º e 3º EP dentro do programa TEI!





Podemos contar contigo?




venres, 11 de outubro de 2024

SAT SADA: Servizo de Atención Temperá

 Hoxe visitounos Ana, psicóloga e coordinadora  do servizo SAT de Sada, para facer balance destes dous anos do servizo no Concello. Compartimos con toda a Comunidad Educativa o seu traballo e bo facer e aproveitamos para agradecer as súas propostas e colaboración. 

Pinchade na imaxe para acceder ao documento




xoves, 10 de outubro de 2024

10 de outubro: Día Mundial da Saúde Mental




 Hoxe conmemórase o Día da Saúde Mental, para dar visibilidade aos problemas de Saúde Mental, poñer en valor a súa importancia  e procurar melloras a este respecto. 

Desde o DO estamos  a traballar co alumnado de Eduación Primaria a través do álbum ilustrado "Pequeñas Cosas" e o programa TEI a xestión emocional e beneestar emocional. Compartimos coa Comunidade Educativa o decálogo para fomentar a Saúde Mental nos nenos e nenas en contornas educativas. 

   Pinchade aquí para acceder.