PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

luns, 16 de marzo de 2020

QUEDAMOS NA CASA



Temos por diante moitos días para estar na casa, e esta situación atípica  pode xerar moito malestar psicolóxico a toda a familia.
Aquí vos deixo as recomendacións facilitadas por COPOE (CONFEDERACIÓN DE ORGANIZACIONES DE PSICOPEDAGOGÍA Y ORIENTACIÓN DE ESPAÑA) para axudar aos vosos fillos e fillas.

Facerlles entender a situación:

·        -  Explicarlles o que pasa dicíndolles a verdade no nivel de profundidade que poden comprender pola súa idade, sen alarmismos.
·        - Para mitigar a ansiedade, hai que evitar  estar todo o día falando sobre o asunto e sobre todo non dar credibilidade ás noticias que non sexan de procedencia oficial.

Convencelos de que se teñen que quedar na casa:
·       -   Facerlles conscientes da súa corresponsabilidade: entre todos poderemos vencer ao virus.
·   - Todos xuntos estamos a facer historia. Deben de comprender que se trata dun sacrificio que terá unha recompensa da que todos nos alegraremos posto que está contribuíndo ao benestar de tod@s.
·       -  Participar das diferentes campañas que desde as redes sociais estanse a organizar, principalmente  participar cada día no aplauso compartido aos sanitarios para que se sintan que forman parte de algo colectivo e transcendente. Outras iniciativas interesantes poden ser:

    • iniciativa popular arco iris que xorde baixo o hastag #desdemiventana coa idea de  que os máis pequenos e non tan pequenos realicen un arco da vella como lema de TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras.
    • Iniciativa de COAEM baixo o hasta #musicaviral coa idea de interpretar a peza musical que se propón cada día co obxectivo de poder escoitar a alguén tocando a mesma melodía e poder conectar para non nos sentir sós.
    • Animalos a ter iniciativas solidarias.
Manterse ocupados na casa:

·        -  Manter o horario habitual e os períodos de dormir e vixilia ó máis parecido posible ós habituais.
·    - Programar actividades variadas e cambiantes para non se saturar con ningunha, sobre todo evitar a sobreexposición ás pantallas. Aplicar o sentido común: non debemos de esquecer que precisan de estar en contacto cos seus amigos e amigas e o único canal é a través da tecnoloxía.
·        -  Facer actividades físicas compartidas en familia, como bailar seguindo coreografías ou táboas de exercicios.
·       -  Actividades culturais como visitas virtuais a museos,  ver películas, teatro, documentais, escoitando tamén cales son os seus intereses.
·         Museo del Prado. Na conta de Instagram  realizan videos en directo de luns a venres de 9:50 a 10 am comentando algunha obra deste museo.
·         Galería Uffizi en Florencia
·         Museo do Vaticano en Roma
·         Museo Arqueolóxico en Atenas
·         Museo do Louvre en Paris
·         Museo Británico en Londres
·         Museo Metropolitano en Nueva York
·         National Gallery of Art en Washington
·         Festival me quedo en casa e cuarentena. Moitos artistas a través dos seus perfiles de Instagram están facendo directos duns 30 minutos.
·         Documentais de RTVE, moitos e variados.
·        - Fomentar a creatividade e aproveitar para facer actividades artísticas e inventar obxectos, xogos e actividades.
·        -  Realizar actividades de relaxación e meditación. É un bo momento para inicialos nestas prácticas diarias que teñen tantos beneficios. Existen moitos vÍdeos de meditación guiada en Internet.
·         - Lecturas de interese, sos ou en compañía.

Non perder o fío do traballo e  estudo:

·   -  Procurade manter no día a día o repaso das tarefas escolares. É bo facer un horario cos pequenos para organizar a xornada e poder realizar as tarefas que desde a web do centro están a facilitar as mestras.

En resumo, e seguindo as recomendacións da psicóloga Elena San Martín:





Ningún comentario:

Publicar un comentario