PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 1 de abril de 2020

COMO ESTADES? III: EXPRESÁDEO

Como ben sabedes desde hai días ándolle a dar voltas a como axudarvos a expresar o que sentides.
Onte fixen unha enquisa para os maiores e hoxe traio unha proposta para os máis pequenos que completa a entrada realizada o pasado luns. (Pinchade aquí para vela de novo).
Chegou ás miñas mans un documento ("Retrincos de cores") elaborado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  con recomendacións e propostas moi interesantes para compartir os nosos mellores e peores momentos. Pinchade aquí para acceder ao documento completo. 
Fixen unha adaptación da súa proposta que espero poida axudar aos nenos e nenas de Educación Infantil a expresar o que senten e poder axudarlles a xestionar as súas emocións. Propoño elaborar un libro "COMO ME SINTO?" no que cada día (ou cando consideren) os pequenos debuxen como se senten. Deberán gardar eses debuxos e ir formando un libriño para que, cando todo isto remate e regresemos ao cole, poder traballalo con eles. Pinchade aqui ou na imaxe para acceder á proposta de libro, aínda que cada quen pode facelo como queira. Espero que esta idea axude!.





Ningún comentario:

Publicar un comentario