PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 27 de maio de 2020

Mamá, teño medo!




Cando sintes medo, unha emoción intensa percorre o teu corpo e alértate dun perigo. Pode ser grande ou pequeno, real ou imaxinario, consciente ou inconsciente, pero afectarate e farate reaccionar dalgún xeito para te protexer. E tenderás a facer dúas cousas: atacar ou fuxir.
Atacar é cando te enfrentas ao medo ou á situación, cando tomas unha actitude activa.
Fuxir é o contrario, cando intentas evitar a situación a toda costa; tomas unha actitude pasiva se esquivas, negas, pos excusas, esqueces, rexeitas...
"Laberinto del Alma" de Anna Llenas.

Con frecuencia, os medos que os nosos fillos e fillas sufren, provócannos angustia e, ás veces, non sabemos como axudarlles. Se pinchades na seguinte imaxe poderedes atopar unha serie de recomendacións. 



É moi importante que aprendamos a superar os nosos medos e guiar neste proceso aos nosos fill@s.. Valentía, prudencia e imaxinación son os tres ingredentes básicos para enfrentarnos aos nosos temores e, como para todo, os libros son o noso gran aliado. Para entender os diferentes medos e saber enfrentarnos a eles comparto unha selección de contos para ler en familia.



Nestes tempos de confinamento os medos dos nenos poden verse aumentados e intensificados. Debemos transmitirlles calma e seguridade e axudarlles a expresar os seus sentimentos e sufrimentos.
Se pinchades  aquí accederedes a un sinxelo conto con pictogramas para vencer os medos relacionados co Coronavirus.

E aquí podedes acceder a o documento sobre o medo elaborado polo Equipo de Orientación Educativa y Psicopedagógica de Atención Temprana  San Fernando - Coslada.





Ningún comentario:

Publicar un comentario