Xa estamos en xuño! Seguro que a maioría de vós estades xa cansos do traballo na casa e desta situación. Pero non pode decaer o ánimo. Debemos seguir cara diante; con paciencia e esforzo (individual e colectivo) acadaremos todo o que nos propoñamos. A curta que vos propoño para ver esta semana invita a reflexionar sobre este aspecto. Disfrutade da historia e despois...a traballar! Tedes as propostas das profes Oliva, Silvia e Cristina nas lapelas superiores coma todas as semanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario