PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

martes, 9 de xuño de 2020

Xa somos maiores: Marchamos para a ESO!

Queridos rapaces e rapazas de 6º:

Canto crecimos!
Hai ben pouco entrabades na escola aferrados ás mans das vosas familias, con medo, sorpresa, pranto... algúns con alegría. Pasaron nove anos nun abrir e pechar de ollos e xa estades listos para deixar esta escola e entrar... no INSTITUTO. A gran maioría, o primeiro día volveredes a ir na compaña da vosa familia, pero esta vez, aínda que poida que co medo tamén no corpo, seguro que con menos lágrimas.
Para que ese tránsito a unha nova etapa que axiña ides comezar sexa máis doado, a pesar de estar na distancia (e asegúrovos que todas e todos as mestras do cole e do IES desexaríamos que puidese ser doutro xeito, "en vivo y en directo") argallamos (en colaboración co Departamento de Orientación do IES Isaac Díaz Pardo)  unha serie de actividades para explicarvos con que vos ides atopar o vindeiro curso e poidades empezar o novo curso con alegria e seguridade.

O primeiro que fixemos foi preparar unha presentación para tod@s (alumnado e familias) onde se aclaran aspectos clave sobre a ESO (organización, materias, avaliación...), sobre a matrícula e o vindeiro curso, algunhas normas do IES Isaac Díaz Pardo e recomendacións para poder afrontar con éxito a nova etapa.  Debedes acceder á presentación pinchando na imaxe e lela coidadosamente, na compaña da vosa familia. Se tedes dúbidas apuntádeas nun papel!



Ademáis desde o IES prepararon un vídeo para que o coñezades un pouco, xa que non se puido realizar a visita coma todos os anos. Seguro que vos gusta!

O xoves día 11 ás 17:30 estaremos invitados a unha charla virtual coa Orientadora (Nila) e algún membro do Equipo Directivo do IES Isaac Díaz Pardo onde nos aclararán todas as dúbidas que teñades. É voluntario asistir pero penso que vai ser unha reunión moi positiva para tod@s (alumnos/as e familias). Ao longo do día 10 chegaravos ao voso correo unha invitación para incorporarse á reunión ese día.
Vémonos o xoves!

Ningún comentario:

Publicar un comentario