PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

martes, 8 de xuño de 2021

Xa somos maiores: imos á ESO!

 O remate do curso xa está aquí e con el o cansancio polo esforzo e o  traballo realizado e, ao alumnado de 6º EP,  sumánselle  os nervios polo importante cambio que supón o paso ao Instituto; unha nova etapa chea de retos, aprendizaxes, descubrimentos e emocións.

Para facilitar este tránsito e calmar as posibles inquedanzas, os Departamentos de Orientación e Equipos Directivos do Instituto ao que estamos adscritos (IES Isaac Díaz Pardo) e o noso centro coordinamos actividades informativas que poidan axudar ao alumnado e as familias. No noso centro realizaremos unha charla nas titorías e faremos unha videoconferencia co IES o mércores día 9, ás 19:00h. para coñecer un pouco máis o instituto, como está organizado e aclarar todas as nosas dúbidas.

Boa viaxe e lembrade que sempre estaredes nos nosos corazóns!

Para acceder a un resumo do falado na reunión pinchade aquí.


Ningún comentario:

Publicar un comentario