Comezamos un
novo curso cheo de proxectos e ilusión, desexando que todo o noso alumnado veña con moitas gañas de aprender e desfrutar.
Cada inicio de curso ven acompañado dun montón de nervios, medos, incertidumes... Para facilitar a adaptación dos vosos fillos e fillas á escola non vivades con ansiedade este momento , evitade transmitir os vosos medos e inquedanzas, amosando unha actitude tranquila e alegre ante a volta á escola.Facede comentarios positivos cara a escola e as aprendizaxes. Vir ao colexio é unha sorte!. Amosade interese e valorade positivamente as actividades realizadas na escola, evitando interrogar polo seu sufrimento.Lembrádelle sempre que volveredes a recollelo/a e non mintades sobre o tempo que vai transcorrer nin o que vai facer o pai/nai mentres o neno ou nena está na escola. Non alonguedes as despedidas; deben ser afectuosas e breves e sede moi puntuais á hora de recollelo/a.
Estimulade todo o potencial dos vosos pequenos, facilitade
o seu desenvolvemento cognitivo, motriz,
da linguaxe, a súa progresiva autonomía persoal, desenvolvemento social e
emocional. Dedicádelle tempo, xogade e desfrutade xunt@s.
Mantede unha comunicación constante coa titora e ante
calquera dúbida ou preocupación non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
Estamos aquí para axudar e desfrutar convosco do crecemento dos vosos fillos e
fillas.
Os contos sempre nos axudan nas aprendizaxes. Para facilitar a adaptación ao centro compartimos algúns dos nosos preferidos.
Feliz curso
2023-2024
O centro conta cun Departamento de Orientación coordinado pola Orientadora, que ten como finalidade acadar a cooperación de toda a Comunidade Educativa para facilitar o benestar emocional, desenvolvemento persoal, social e académico dos vosos fillos e fillas. A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir, podendo contar coa súa axuda para todo o que precisedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario