O
Departamento
de Orientación deséxavos
unhas felices vacacións e bo comezo de ano
que o 2024 esté cheo de saúde, aprendizaxes e momentos compartidos.
BO NADAL
O
Departamento
de Orientación deséxavos
unhas felices vacacións e bo comezo de ano
que o 2024 esté cheo de saúde, aprendizaxes e momentos compartidos.
BO NADAL
É tempo de ilusión e agasallos e desde o DO queremos compartir unha serie de recomendacións para que Papá Noel e os Reis Magos teñan en contan. Pinchade na imaxe para acceder.
Un ano máis celebramos a Carreira ENKI para sensibilizar á Comunidade Educativa do esforzo que cada día teñen que superar as persoas con algún tipo de discapacidade e a importancia de romper as barreiras de accesibilidade coas que se atopan no día a día. Foi unha gran xornada de diversión, cooperación e aprendizaxe colectivo.
Hoxe, o alumnado de Educación Infantil, tivo a sorte de contar coa visita de Chus e Sonia (COGAMI). Contáronnos un fermoso conto para achegar a discapacidade aos máis pequenos e pequenas da escola, da man de Beba, Niki e Pepón.
Moitas grazas! Aprendimos moito!
Esta actividade foi ofertada ao centro dentro das proposta do Servizo de Atención Temperá do Concello.
Ao longo do mes de decembro levaremos a cabo actividades encamiñadas a traballar o concepto de diversidade como un valor en si mesmo e poñer en valor as persoas con discapacidade e capacidades diversas.
Os contos, curtas, debates, investigacións sobre personaxes famosas con discapacidade, a carreira ENKI e a transformación da nosa escola nunha "Escola Visual", serán algunhas das actividades das que disfrutaremos.
Ao longo desta semana traballaremos de xeito máis específico o rexeitamento a todo tipo de violencia e,especialmente, a violencia contra a muller, baixo o lema de SADABONA:
Respéctote, Valórote, Ti es importante para min
A través da adaptación do conto Sawabona de Desireé Acevedo comezamos o proxecto deste ano. Baixo a filosofía e o poder do significado da palabra sawabona "YO TE RESPETO, TE VALORO Y ERES IMPORTANTE PARA MI", fomentaremos no noso alumnado o benestar emocional, a autoestima, a convivencia e a regulación emocional.
O libro formará parte da nosa "biblioteca de imprescindibles" para sempre.
Estes días están a ser moi intensos, cheos de emocións, ilusión, compañerismo e diversión.
Os nenos e nenas de 5º EP xa teñen o seu diploma e carnet de TITORES e coñeceron, por fin, aos seus titorizados/as. A través dun divertido xogo de búsqueda de personaxes terrorícas de Samaín, formáronse as parellas que serán amigas para sempre. Compartiron os seus gustos, inquedanzas e mellores calidades e así, na festa do Magosto e Samain compartiron risas, sustos e ricas castañas.
Pinchade nos enlaces para ver as fotos.
Para favorecer a competencia
de aprender a aprender do noso alumnado e de favorecer o éxito escolar, dentro
do Plan de Mellora do noso centro, desenvolverase co alumnado do 3º ciclo de EP, un
programa de Técnicas de Estudo eficaz que lles permita perfeccionar o proceso
de "aprender a estudar".
O programa ten como obxectivos:
· - Coñecer
os hábitos de estudo do alumnado.
· - Eliminar
as ideas negativas e os erros que os estudantes poidan ter sobre "a tarefa
de estudar".
· - Adquirir estratexias e técnicas de aprendizaxe que favorezan o éxito
escolar.
· - Espertar
o interese do alumnado por poñer en práctica os consellos e técnicas
aprendidas.
· - Poñer
en práctica as técnicas de estudo abordadas nas diferentes sesións.
· - Saber seleccionar as técnicas máis axeitadas en función da materia.
·
- Desenvolver autonomía e responsabilidade
como estudante.
· - Desenvolver actitudes de constancia e esforzo.
Esta semana dou comezo o desenvolvemento do programa TEI deste curso coa formación do alumnado de 5º EP, preparándose con moita ilusión para ser uns bos titores e titoras do alumnado de 3º EP.
Mentres o resto de alumno segue a traballar a educación emocional, a autoestima e as habilidades sociais desde as propostas do programa para as titorías.
Xunt@s aprendemos a convivir!
#HeNacidoParaVivirLaVida
Hoxe conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral. Este ano 2023, desde as asociacións como ASPACE, queren facer visible a importancia dunha atención temperá de calidade, baixo o lema " He nacido para vivir la vida".
Neste enlace podedes acceder a máis información sobre a campaña.
O alumnado do 3º ciclo do noso centro colaborou con ASPACE Coruña nun fermoso acto de sensibilización a toda a Comunidade.
Pinchade na imaxe para acceder as fotografías.
Para as familias interesadas, informamos da actividade gratuíta que se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, aberta a todos os pais e nais que queiran compartir un espazo de comunicación e coñecemento: en distintas reunións trataranse, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar os nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social como as normas e os límites na familia, o uso de internet e o móbil, a escola e a familia, os problemas de conduta e os hábitos de vida saudables, entre outros posibles temas.
A periodicidade será dunha xuntanza mensual de outubro de 2023 a xuño de 2024. no Edificio de Servizos Sociais do Concello de Betanzos, sendo o horario de 20:00 a 21:00 horas.
As inscricións poderanse entregar no edificio de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 h a 14:00 h.
Tamén se pode enviar a inscrición ao enderezo electrónico updca@betanzos.net e a data límite é o luns 23 de outubro.
Ademáis poden facerse as inscripcións en liña premando aquí: https://forms.gle/zmAXnE17jFHx91Gv8
Ao longo destes días, a Orientadora do centro acudirá polas aulas a lembrar cal é a súa función no centro e a presentarse como persoa coordinadora de Benestar Emocional e Convivencia.
O camiño á escola sempre merecerá a pena, aínda que, ás veces, sexa máis complicado do que pensabamos. O Departamento de Orientación está aquí para axudarnos pero ... non sempre é quen de facelo, e nesta ocasión son Lucía e Potato as que precisan a colaboración de todo o alumnado do centro para poder axudar a Lecturitas.
Contamos con vós? Seguro que si!
Comezamos un
novo curso cheo de proxectos e ilusión, desexando que todo o noso alumnado veña con moitas gañas de aprender e desfrutar.
Cada inicio de curso ven acompañado dun montón de nervios, medos, incertidumes... Para facilitar a adaptación dos vosos fillos e fillas á escola non vivades con ansiedade este momento , evitade transmitir os vosos medos e inquedanzas, amosando unha actitude tranquila e alegre ante a volta á escola.Facede comentarios positivos cara a escola e as aprendizaxes. Vir ao colexio é unha sorte!. Amosade interese e valorade positivamente as actividades realizadas na escola, evitando interrogar polo seu sufrimento.Lembrádelle sempre que volveredes a recollelo/a e non mintades sobre o tempo que vai transcorrer nin o que vai facer o pai/nai mentres o neno ou nena está na escola. Non alonguedes as despedidas; deben ser afectuosas e breves e sede moi puntuais á hora de recollelo/a.
Estimulade todo o potencial dos vosos pequenos, facilitade
o seu desenvolvemento cognitivo, motriz,
da linguaxe, a súa progresiva autonomía persoal, desenvolvemento social e
emocional. Dedicádelle tempo, xogade e desfrutade xunt@s.
Mantede unha comunicación constante coa titora e ante
calquera dúbida ou preocupación non dubidedes en poñervos en contacto connosco.
Estamos aquí para axudar e desfrutar convosco do crecemento dos vosos fillos e
fillas.
Os contos sempre nos axudan nas aprendizaxes. Para facilitar a adaptación ao centro compartimos algúns dos nosos preferidos.
Feliz curso
2023-2024
O centro conta cun Departamento de Orientación coordinado pola Orientadora, que ten como finalidade acadar a cooperación de toda a Comunidade Educativa para facilitar o benestar emocional, desenvolvemento persoal, social e académico dos vosos fillos e fillas. A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir, podendo contar coa súa axuda para todo o que precisedes.
Levamos dúas semanas nas que o alumnado de 6º de Educación Infantil, coa axuda do alumnado de Educación Primaria, tanto do CRA de Bergondo como do CEIP Sada y sus Contornos, están á procura dun tesouro.
O alumnado de 6º EI comeza a estar nervioso polo cambio que supón o paso a Primaria. No caso do alumnado do CRA de Bergondo o cambio é maior xa que todos e todas van cambiar a un centro educativo máis grande, con profes, compañeiros e compañeiras novas. Pero estou segura que este cambio vai a ser sinxelo grazas á estupenda xornada de acollida que o CPI Cruz do Sar organizouo pasado venres día 9. Grazas ao Equipo Directivo, mestras de 1º e Departamento de Orientación, pola xornada tan especial que preparáchedes con tanto agarimo.
Aquí tedes un vídeo que recolle algunhas imaxes do acontecido. Pinchade na imaxe para acceder.
Hoxe os titores/as do Programa Titoría Entre Iguais (TEI) disfrutaron cos seus titorizados/as dunha sesión de xogos e merenda na praia. Aproveitamos a ocasión para despedir o curso e agradecer a gran labor, esforzo, compromiso e actitude positiva de todos e todas os titores de este curso.
A amizade e axuda permanecerá para sempre!
Ao longo deste curso, o alumnado de 5º e 6º de EP estiveron a aprender sobre o desenvolvemento afectivo sexual a través do Colexio de Benquerer (Fundación Meniños) traballando contidos relacionados co coñecemento e aceptación persoal, a diversidade, a comunicación e educación emocional e a prevención do abuso sexual infantil. O vindeiro curso seguiremos a disfrutar desta escola e as súas aprendizaxes!
Hoxe despedímonos de Nora e Laura. Tras un trimestre disfrutando da lectura con Nora, o alumnado de 4º EI, 1º e 2º acudimos á biblioteca para lerlle un conto entre todos e todas. Faremos un bonito mural coa súa silueta para decorar a nosa aula e enviarémoslle unha foto para que teña na súa habitación.
Moitas grazas a Laura e Nora, que pasedes un bo verán disfrutando do sol, o campo e a lectura compartida.
O alumnado de 6º EP está a piques de comezar a súa andaina cara unha nova etapa da súa vida: o instituto.
Con nervios e ilusión hoxe disfrutaron dunha breve explicación de que é iso da ESO, recomendacións para enfrentarse a esta nova etapa con éxito e visitaron o IES Isaac Diaz Pardo ao que acudirán o vindeiro curso. Compartimos aquí imaxes do día de hoxe e a presentación realizada pola orientadora.
Desde o día de hoxe, 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive, estará aberto o prazo para solicitar a beca para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.
Poderán solicitar as axudas o alumnado que presente necesidades educativas
especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou
trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH
(Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA
(Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos
complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de
apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
As solicitudes deben ser cubertas por Internet e entregadas posteriormente no centro educativo onde o alumno ou alumna estea escolarizado no curso 23-24.
Acceso á solicitude: https://sede.educacion.gob.es/portada.html
Ditas
becas ofrecen distintos importes como axuda para ensinanza, transporte, comedor, residencia, libros, material
didáctico e reeducación pedagóxica ou da linguaxe ou para
programas dirixidos a alumnado con altas capacidades intelectuais.
No BOE nº 99
do 26 de abril de 2023 convócanse as seguintes axudas (pinchar
aquí para acceder a texto completo): :
- incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno
por déficit de atención por hiperactividade) que requiran apoios e atencións
educativas específicas derivadas de discapacidade, trastornos
graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a
necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA.
- por necesidades educativas especiais derivadas de
discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastorno grave da
comunicación e da linguaxe para familias numerosas. Tamén poderán ser
beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (Trastorno del
espectro autista), pertencentes a familias numerosas, no incluídos no parágrafo
anterior.
O rexeitamento á violencia e ao acoso escolar é un dos principios fundamentais do noso centro educativo. Ao longo de todo o curso educamos neste rexeitamento e son moitas as actividades e accións desenvolvidas. Pero con motivo da conmemoración do 2 de Maio, estivemos a traballar de xeito especial a temática, a través de lecturas compartidas, de reflexións de fragmentos extraídos do libro de Alejandro Palomas "Un hijo" e a través de lemas (dentro das propostas do Programa TEI). Pinchando na imaxe interactiva podedes acceder á música, rexeñas bibliográficas e lemas contra a Violencia e Acoso Escolar.
Ao longo deste trimestre, os xoves, contaremos no noso centro con Laura e a súa cadela Nora para disfrutar da lectura compartida.
Alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º poderán lerlle libros a Nora, unha das súas paixóns. Hoxe foi a primeira toma de contacto e puidemos coñecela, saber da súa historia persoal e o seu traballo, e puidemos saludala. Pinchando na imaxe podedes acceder ás fotos da xornada de hoxe.
O vindeiro xoves poderemos disfrutar dos libros con Nora e Laura na biblioteca. Estamos desexando que chegue ese día!
Moitas grazas a Laura e Nora, a R.E.A.D. (Programa de Lectura con Perros) e ao Concello de Sada que subenciona a totalidade do programa.
QUERES XOGAR COMIGO?
Un novo programa para dinamizar os patios e que todos e todas poidamos disfrutar do tempo de lecer vai dar comezo esta semana.
A través do
programa “ RECRE-ARTE” pretendemos estruturar algúns xogos de patio para que a
partir da titoría entre iguais e supervisión dos adultos, o alumnado que
presenta necesidades educativas asociadas a
dificultades na interacción cos iguais e habilidades no xogo compartido
superen esas dificultades e se atopen incluídos no tempo de lecer e contribuír
así á mellora da convivencia e previr posibles conflitos derivados do
descoñecemento de como interatuar cos iguais que poden presentar algún dos
nosos alumnos/as.
Comezamos este trimestre coas pilas cargadas despois dun merecido descanso, non si?
O noso estado emocional é fundamental para afrontar con éxito o noso día a día e ser quen de aprender e disfrutar. Comparto un decálogo para favorecer o benestar emocinal e saúde mental que nos axudará a todes.
Ao longo deste trimestre tocou aprender sobre escultura e amosamos a nosa gran creatividade con fermosas obras. Pero tamén empregamos a escultura como recurso para aprender a convivir e traballar en equipo.
Hoxe toca compartir o gran traballo realizado por Gabriela, Julia e Lola e, sobre todo, a súa aprendizaxe. Pinchade na imaxe para acceder ao traballo.
Continuamos a aprender a convivir. Estes días estamos traballando a tope en equipo. Tod@s están a rematar as súas obras de arte para transformar, unha vez máis, o noso centro nun fermoso museo cheo de esculturas.
Aprendemos a construir xunt@s unha escola mellor, na que todas e todos nos axudamos e respetamos.
Desde o programa TEI puxemos o noso gran de area a través da actividade de cohesión de ACROSPORT: o alumnado de 5º e 3º (titores e titorizados) realizamos "esculturas" cos nosos corpos.
Fai unhas semanas, o alumnado de 5º EP, dentro das actividades de titoría que se levan a cabo desde o Programa TEI, estiveron a traballar coa actividade "Depende de los 2".
Hoxe, con motivo da conmemoración do 8M, representaron para todo o centro un baile coa canción traballada. Pinchade na imaxe para ver o vídeo.
Hoxe é un día de festa e diversión, celebrando o noso Entroido de Arte. Desde o Departamento de Orientación aportamos unha pinga de cor e creatrividade desde o "noso" POP ART.
Por si é de interese da Comunidade Educativa, informamos da conferencia sobre TEA de alto funcionamento que organiza a Federación Autismo Galicia este martes 14 de febreiro. Para máis información pinchade na imaxe.
Manter unha comunicación fluída pode resultar determinante para que os nenos e nenas comprendan que o uso da Internet non está exento de riscos e débese utilizar seguindo unhas normas. Como adultos, deberiamos fomentar que nos alerten, pidan axuda ou consello cando teñan calquera dúbida ou atopen algunha cousa que lles resulte preocupante.
Instruír aos menores en boas
prácticas básicas para o uso da Internet é fundamental para seu uso seguro. Como elementos destacados destas
boas prácticas podemos resaltar:
§ Emprego de contrasinais robustos. O uso de contrasinais difíciles de
adiviñar, e a importancia de non repetilas nin compartilas, resulta un
aspecto clave para protexer os nosos dispositivos e contas en liña.
§ Coñecer os riscos presentes nas redes sociais, é o
primeiro paso para garantir a súa protección. Inculcar sobre a importancia da información que
compartimos e como e con quen debemos interactuar, permite facer fronte a
ameazas como a suplantación de identidade, grooming, ciberacoso,
fraudes, discursos de odio, contidos inapropiados, etc.
§ Precaución coas redes WiFi públicas. As redes gratuítas non teñen as mesmas garantías
de seguridade que as privadas. Poden facilitar accesos non desexados aos datos
ou ao dispositivo. Recordar aos menores que se non teñen acceso á Internet, é
mellor esperar a chegar a casa.
Os programas de control parental, poden ser útiles a medida que o menor aprende a
desenvolverse na Internet, regulando aspectos que deberiamos ter en conta para
propiciar o seu uso seguro e responsable, permitindo, entre outros
aspectos:
§ Establecer límites no horario e tempo de uso.
§ Bloquear o acceso a contidos inapropiados.
§ Supervisar a actividade (navegación, procuras, aplicacións, redes sociais, etc.)
§ Protexer as configuracións do dispositivo e as aplicacións.
Por último, facer referencia a que na Internet existen numerosos recursos que nos axudan a favorecer un uso seguro e responsable da Internet por parte dos menores, por exemplo, na web IS4K (Internet Segura For Kids) ofrécense numerosas guías, materiais didácticos, ferramentas e outros materiais que nos poden resultar moi útiles.
Recomendacións da UAC (Unidade de Atención a Centros da Consellería)
Unha das actividades realizadas o día de hoxe para a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a PAZ foi tallar unha pomba coma a de Picasso.
O alumnado titor de 5º EP e o seu titorizado de 3º EP, tallaron xunt@s fermosas pombas e afianzaron un pouco máis o seu vínculo de axuda e amizade, partindo dos valores que a POMBA da PAZ simboliza.
Pinchnado aquí podedes ver imaxes da actividade de cohesión realizad dentro do programa TEI.