PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

luns, 30 de marzo de 2020

COMO ESTADES? I: EXPRESÁDEO

Ola,
Como estades? Superamos xa os 15 primeiros días! Sodes uns auténticos campións e campionas!
Quen vos ía  dicir o pasado 12 de marzo, cando se anunciou que iamos a ter que quedar na casa tanto tempo que o iades facer así de ben! Tod@s @s mestres estamos orgullos@s de vós, nenos, nenas e familias.
Ao longo destes días as vosas emoción se sentimentos seguro que foron cambiando e teredes momentos bos e  momentos reguleros. É normal. O que tedes que facer e falar de como vos sentides, expresar como estades a levar esta situación e comentar aquilo que  vos preocupa. Lembrade un dos meus contos preferidos e que vos contei ao comezo de curso: A PREOCUPACIÓN DE LUCÍA.
Cando falamos das nosas preocupacións, estas fanse máis pequenas.


  


Para os máis pequerrechos da casa comparto este vídeo de "SESAME STREET para familias militares" para aprender a importancia de expresar o que sentimos, que, aínda que foi creado para familias dun contexto determinado, é moi útil nestes tempos que estamos a vivir.




Outro conto marabilloso que seguro que todos e todas coñecedes é "MONSTRUO DE COLORES". Aquí deixo esta adaptación chulísima na que o Monstro de Cores expresa os seus sentimentos por mor de ter que estar na casa.


Como nos ensina este conto: 
RELÁXATE E NON O PENSES MÁIS,
 QUE CANDO MENOS O ESPERES
COS TEUS AMIG@S PODERÁS XOGAR
E... AOS TEUS AVÓS PODERÁS BICAR. 

Para relaxarte propoño fagas a túa propia roda da calma, con todas aquelas actividades que che gustan e axudan a calmarte, para poder elexir en cada momento a que precises. Comparto un exemplo (do Programa Viaxe ao Reino das Emocións da Fundación MENIÑOS que estamos a seguir nas nosa escolas), o que teño na miña clase para poder axudarvos; pero recomendo que cada un de vós faga a súa propia. 


Se precisades algo non dubidedes en poñervos en contacto con nós. A por outra semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario