PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 27 de marzo de 2020

UN REFUXO DE AMIZADE


A semana pasada propuxen facer unha árbore con palabras relacionadas con AMAR onde poder refuxaros si así o precisades. Pinchade aquí para ver a proposta.
Esta fin de semana propoño outra actividade relacionada con esa árbore, para realizar en familia, co obxectivo de  conectarnos cos amigos e amigas que seguro botamos en falta. 
En primeiro lugar, disfrutade desta fermosa curta. Sobre que está a falar? Que sentimentos e emocións podemos observar? Intercambiade as vosas impresións. Logo vos propoño un novo reto!






E… velaquí o novo reto!





Para completar a vosa árbore, que mellor xeito que facer unha casiña para os vosos amigos/as?. Propóñovos crear, con material reciclado (botellas de plástico, cartóns de leite, cartón, caixa de cereais ou galletas…), unha casiña por cada mellor amigo ou amiga que teñades ou botedes en falta. Podedes colocalo na vosa árbore ou nunha fiestra para que o voso amor  voe coma un paxaro e lles cheque a vosa mensaxe. Cando todo isto remate poderedes entregarlle a casiña que construistedes para telos no voso corazón.
Estas son imaxes con algúns exemplos. Comparto tamén un enlace no que se explica como se poderían realizar. Deixade voar a vosa imaxinación!




Non esquezades ler, xogar, facer algo de deporte e disfrutar da música. Comparto con vós unha das miñas cancións preferidas. Boa fin de semana amig@s!




Se precisades máis ideas para disfrutar destes fines de semana, comparto a guía elaborada pola Concejalía de Familia e Igualdad del Ayuntamiento de Tres Cantos que me parece moi interesante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario