PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 26 de marzo de 2020

Con enerxía!


Bos días! Espero que comecedes este día con ánimo e enerxía. Lembrade que estes días non nos podemos esquecer de facer exercicio. Así que seguide a realizar as tarefas que os Mestres de Educación Física están a propoñer, tanto no cole de Sada como no CRA de Bergondo. Debemos comer san, seguir as vosas rutinas, durmir ben e non estar con pantallas pola noite para que o noso cerebro poida descansar. Realizar deporte e escoitar música.

Unha actividade que fago todos os días cos meus fillos é YOGA. Esta actividade axúdanos a respirar e relaxarnos para facer frente ao estrés que nos xenera esta situación de ter que estar na casa e a estar máis concentrados nas tarefas escolares, por iso  practico nas primeiras horas da mañá. Comparto esta imaxe e vouna mandar ao cole para poder montar ese vídeo que nos propón Andrés. Anímate a facer a túa!




Se practicamos YOGA desenvolvemos os nosos músculos, melloramos a flexibilidade das articulacións, melloramos os hábitos posturais, melloramos a respiración, circulación…pero sobre todas as cousas calmamos a nosa ansiedade, melloramos a nosa concentración e conectamos o noso corpo, mente e alma.
Nas redes hai un montón de vídeos e recursos. Eu comparto o que máis emprego.



Imaxe do Blog El Sonido de la Hierba al Crecer. 


Xogo tipo memory coas postura de YOGA




Ningún comentario:

Publicar un comentario