PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 29 de abril de 2020

29 de abril: Día da Danza

Hoxe é o Día da Danza !

O mellor xeito de conmemorar este día é bailando con alegría. Así que poñede a música que máis vos guste e... a bailar; pero animádevos a probar con todo tipo de estilos: salsa, rumba, tango, hip-hop...
A danza ten moitos beneficios para a nosa saúde, mellora o noso estado de ánimo e fortalece  a nosa autoestima. Non deixes nunca de bailar, especialmente nestes días de confinamento!.

Comparto unha das miñas curtas  preferidas "Tamara" que nos fala sobre o afán da superación e o amor á danza. Que valores observas ti que intentan transmitirse a través desta curta? Como se sinten as protagonistas? Que lles aporta a danza?




Ademáis podedes aprender un montón de cousas sobre a historia da danza grazas á proposta que podedes atopar pinchando na imaxe que elaboroua Fundación da Cidade da Cultura de Galicia.



"Coa axuda da Raposa Fedella, preséntannos un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura."

E para os máis pequenos podedes ver este vídeo onde nos contan, a través dunha canción, a historia da danza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario