PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

martes, 28 de abril de 2020

Aprendendo sobre a xestión emocional.


Ola familias, nenos e nenas!

Como o estades a levar? Un pouco mellor agora que podedes saír un pouquiño? Espero que si, aínda que ben sei que ás veces seguimos a aburrirnos, enfadarnos, estar tristes, frustrados... e que é difícil xestionar todas esas emocións en nós mesmos e cos  fillos e fillas. Pero tamén sei que sairemos aprendendo moito de toda esta situación.


Recollo na entrada de hoxe unha sesión formativa moi interesante  sobre a xestión emocional grazas ao proxecto de ABANCA #AfundacionEnCasa que nos ofrece unha charla  da man de Rafael Guerrero co título 

 'Claves para la gestión de las emociones' con Rafael Guerrero





Para os máis pequenos e pequenas, comparto esta guía chulísima "ELENA EN CUARENTENA" que nos facilita claves para superar o aburrimento, con propostas para facer que están moi ben. 
Pinchade na imaxe para acceder.

Para superar o aburrimento, outra actividade que podedes facer é a seguinte:
 "Caixa para superar o aburrimento"

Facede unha lista de cousas que vos gusten e poidades facer na casa. Escribide cada idea nun papel, dobrádeo e metédeo nunha caixa que teñades para reciclar ou nun bote (que podedes decorar previamente). Cando esteades aburridos metede a man na caixa e sacade un papeliño e facede a actividade, tarefa, xogo...que está escrita. 
Podedes imaxinar un cento delas (pedide axuda á vosa familia para ter moitas ideas) e sempre será unha sorpresa divertida!.



Ningún comentario:

Publicar un comentario