PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 29 de maio de 2020

Fin de semana de cociña.

Sergio ten unha coleción de botes, onde garda ingredientes secretos e especiais que vai recollendo polo camiño: un cacho de nube, unha pizca de saraiba, un raio de sol, a risa dun esquío, o pó dunha estrela. Con eles cociña as recetas máis increíbles que poidas imaxinar.

Unha vez cociñou unha tarta tan grande e esponxosa que se podía durmir nela; aquel que a probaba en soños comezaba a flotar coma un globo. Noutra ocasión, preparou unha sopa coas cores do arcodavella: todos os que tomaron unha cullarada brilaban e cambiaban de cor coma un camaleón. Ainda que o mellor foi cando, nunha expedición polo bosque, preparou unha brevaxe de malas herbas que logrou afastar a un lobo que andaba a perseguilo a el e os seus amigos.

O superpoder de Sergio é a COCIÑA. 


Para esta fin de semana propoño que estimuledes o SUPERPODER da COCIÑA. 
Animádevos a recoller fantásticos ingredientes como Sergio e crear exquisitos platos. 
Se precisades algunha axuda podedes pinchar aquí neste enlace ou aquí  Pepa e Rufo na cociña  pero... CREATIVIDADE ao poder!




xoves, 28 de maio de 2020

SUPERPODERES

Tod@s temos un  SUPERPODER, algo no que destacamos especialmente. Penso que o meu é o poder da escoita e estar cando se me necesita. Ás veces é difícil descubrir o noso poder e precisamos dos demáis para descubrilo; pola contra, outras veces, temos moi claro cal é a nosa habilidade excepcional.
No conto "El Gran Libro de los SUPERPODERES" de Susanna Isern descubrimos os de un montón de nenos e nenas: contar historias, optimismo, valentía, música, humor, atención, curiosidade, paciencia, lectura, axilidade, memoria, organización, cociña, adaptación, perseverancia, matemáticas, baile, creatividade.
Escoitade o conto e animádevos a pensar cal é o voso SUPERPODER. e compartídeo neste blog.



Se tivera que escoller os SUPERPODERES que máis nos axudarían a superar o confinamento serían os seguintes: optimismo, humor, paciencia e adaptación.






Que opinades?
 Deixade os vosos comentarios

mércores, 27 de maio de 2020

Mamá, teño medo!




Cando sintes medo, unha emoción intensa percorre o teu corpo e alértate dun perigo. Pode ser grande ou pequeno, real ou imaxinario, consciente ou inconsciente, pero afectarate e farate reaccionar dalgún xeito para te protexer. E tenderás a facer dúas cousas: atacar ou fuxir.
Atacar é cando te enfrentas ao medo ou á situación, cando tomas unha actitude activa.
Fuxir é o contrario, cando intentas evitar a situación a toda costa; tomas unha actitude pasiva se esquivas, negas, pos excusas, esqueces, rexeitas...
"Laberinto del Alma" de Anna Llenas.

Con frecuencia, os medos que os nosos fillos e fillas sufren, provócannos angustia e, ás veces, non sabemos como axudarlles. Se pinchades na seguinte imaxe poderedes atopar unha serie de recomendacións. 



É moi importante que aprendamos a superar os nosos medos e guiar neste proceso aos nosos fill@s.. Valentía, prudencia e imaxinación son os tres ingredentes básicos para enfrentarnos aos nosos temores e, como para todo, os libros son o noso gran aliado. Para entender os diferentes medos e saber enfrentarnos a eles comparto unha selección de contos para ler en familia.



Nestes tempos de confinamento os medos dos nenos poden verse aumentados e intensificados. Debemos transmitirlles calma e seguridade e axudarlles a expresar os seus sentimentos e sufrimentos.
Se pinchades  aquí accederedes a un sinxelo conto con pictogramas para vencer os medos relacionados co Coronavirus.

E aquí podedes acceder a o documento sobre o medo elaborado polo Equipo de Orientación Educativa y Psicopedagógica de Atención Temprana  San Fernando - Coslada.





martes, 26 de maio de 2020

TEI en tempos de confinamento

O prometido é deuda e  hoxe mostro, co seu permiso,  as cartas que foron compartidas entre o alumnado de 3º e 5º EP que participan no Programa TEI. Da gusto saber que temos amig@s que se preocupan por nós e que sempre estarán ahí para axudar, verdade?. Animádevos a escribir moitas máis; as palabras fermosas e de ánimo sempre veñen ben.
Pinchade na imaxe para acceder ás cartas


luns, 25 de maio de 2020

Imos pola XI semana: #escolaencasa

Unha semana máis e... avanzamos na fase de desescalada. Pero non debemos esquecer o que nos custou chegar ata aquí e o que esta experiencia vital nos está a ensinar, o valor do realmente importante da vida. Con este experimento podédelo visualizar.



Teño unha noticia boa e outra non tan boa para comunicarvos.
 Primeiro a boa! A profe Silvia xa está recuperada e volve a estar con tod@s nós! Benvida!.
A mala noticia é que a profe Sandra marcha ao voltar ao seu posto Silvia. Desde aquí agradecerlle a súa labor nestes tempos de confinamento e moita sorte no camiño. Unha aperta moi grande.

Boa semana a tod@s e ánimo coas tarefas escolares.
Lembrade que si tedes algunha dúbida coas proposta por Oliva, Silvia e Cristina podedes contactar con elas por correo electrónico.

Para as familias, lembrarvos que está aberto xa o prazo para a solicitude de axuda de libros e material para o vindeiro curso. Tedes  toda información na web do centro 


venres, 22 de maio de 2020

Dalle ao coco!

Esta fin de semana... un pouco de razoamento lóxico . Comparto uns divertidos xogos de lóxica. Pinchade na imaxe para acceder
Seredes capaces de resolvelos?



Disfrutade dos paseos e actividades ao aire libre; pero lembrade que é obrigatorio o uso de mascarillas.Entre tod@s debemos axudar a vencer ao virus.

No blog "Avanzando con emociones" podedes atopar pautas prácticas do uso das mascarillas para persoas con diversidade funcional.

Boa fin de semana

xoves, 21 de maio de 2020

Empatía

Un dos meus contos preferidos  é " CONTOS DE RATIÑOS" de Arnold Lobel. Neste libro o papá rato conta aos seus ratiños historias que emocionan e que nos axudan a adquirir competencias emocionáis básicas (consciencia emocional, regulación emocional, autonomía emocional, habilidades para a vida...).

O Pozo dos Desexos é o primeiro dos contos que podedes atopar. Pinchade na imaxe para disfrutar da súa lectura.

O interés, sorpresa, desilusión, tristura, desacougo, ledicia, empatía... son algunhas das emocións que atoparedes na súa lectura.


Moitas veces, as persoas que temos preto pregúntannos que nos pasa porque ven nas nosas caras, voces ou corpo sinais que non son habituais en nós. Facer isto, darse conta de que algo pode estar a pasar, é ter empatía. Agora que estamos na casa, propoñémosvos un reto: 
CADA DÍA DA SEMANA INTENTA AVERIGUAR COMO SE SINTEN OS MEMBROS DA TÚA FAMILIA...SIN PREGUNTARLLO. SEREDES CAPACES?




E para estes  tempos de confinamento podemos traballar cos nenos e nenas a empatía  a través deste libro creado por Patricia Fernández  para fomentar o diálogo entre adultos e nen@s e mellorar as relacións interpersoais.





mércores, 20 de maio de 2020

ConZENtrate

Hoxe comparto con toda a Comunidade Educativa uns magníficos cadernos para o desenvolvemento emocional en familia elaborados polo Equipo de Conduta de Granada. Grazas por compartir!
Se pinchades nas imaxes poderedes acceder a unha guía por cada tramo educativo,  onde atoparedes pautas, propostas e recursos (contos, curtas, xogos...) para xestionar o tempo de xeito produtivo.





martes, 19 de maio de 2020

Conduta con rumbo.

A pesar de que estamos en proceso de desescalada do confinamento e temos cada vez máis liberdade de movementos, o estrés da situación que vivimos e seguimos a padecer pode continuar a influir negativamente nos rapaces e rapazas, especialmente  en aqueles nenos e nenas máis vulnerables que xa presentaban algún tipo de trastorno do neurodesenvolvemento.  Comparto aquí unhas guías para as familias con alumnado con TEA,  TDAH e/ou trastorno de conduta  e recomendacións que vos poden axudar se estades a vivir un incremento das condutas desadaptativas nos vosos fillos ou fillas.









luns, 18 de maio de 2020

Alegría! A por outra semana.

Comecemos outra semana máis aprendendo desde a casa con alegría!.

"A alegría é unha emoción agradable que te enche de optimismo. É unha enerxía luminosa que activa o ánimo e as gañas de facer cousas. Faite sentir ilusión, curiosidade, desexo de vivir e de compartilo todo cos demáis. Cando te sintes alegre emites tan boas vibracións que tod@s queren estar preto de ti." (Laberinto del Alma. Anna Llenas)

 Escoitade esta fermosa canción de María Fumaça, ALEGRÍA, unha das miñas favoritas.



E este fermoso canto á nosa lingua de Uxía con Tanxugueiras e Faia. Animádevos a aprendela e a bailar.


Como todas as semanas, nas lapelas superiores tedes as actividades de Oliva,  Silvia e Cris.


Para o profesorado comparto ferramentas que poden ser de axuda para o desenvolvemento das clases desde a casa. Pinchade aquí para acceder. Boa semana. 

venres, 15 de maio de 2020

Fin de semana de letras.

Como tod@s sabedes este domingo 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Ricardo Carvhallo Calero.  No blog da Biblioteca e o Tarabelo tedes un montón de información, xogos e propostas para apreder sobre el.

Aulas Galegas tamén  realizou unha ampla recopilación de recursos (xogos, vídeos, presentacións, música, actividades, libros...). Pinchade aquí para acceder

Animádevos tamén  con este preguntoiro musical. Boa fin de semana!


xoves, 14 de maio de 2020

...serenidade

                                                    Imaxe de Lamenteesmaravillosa

Cando o noso corpo estrésase, actívase automáticamente, xerando adrenalina. Esta hormona prepáranos para defendernos e predisponnos para atacar. Canta máis ansiedade, angustia ou medo, menos control teremos para manternos serenos e tranquilos; tenderemos a precipitarnos, a violentarnos e estoupar ao chegar ao límite da nosa tolerancia.
Canto máis serenos esteamos, o noso comportamento e intención alonxaranse dos conflictos.
Por iso, nestes tempos de confinamento e estrés que vivimos debemos fomentar a sensación de calma e armonía: a SERENIDADE
Unha persoa serena está tranquila, apacible e comunícase e relaciónase con amabilidade e dulzura. Desde a serenidade poderemos ver máis claro o que sucede.
A serenidade pódese exercitar e axudaranos a aumentar a nosa felicidade.
Se pasamos o día enfadados, nerviosos, impacientes, acelerados.. non nos axudará ao noso benestar.

No seguinte Padlet podedes atopar recursos para axudar aos nenos e nenas a acadar esa serenidade: música de calma, mandalas para pintar, contos e vídeos para ser conscientes da nosa respiración, mellorar a concentración e estar no aquí e agora con actividades de ioga, relaxación e mindfulness.
Exercitade a vosa serenidade e acadaredes o superpoder de ver con claridade!

Hecho con Padlet

mércores, 13 de maio de 2020

Desacougo...

¿Algunha vez neste tempo de confinamento notaches que estabas inquedo/a, intranquilo/a, nervioso/a, con certa ansiedade, desvelo, desazón, incomodidade, malestar...? Estabas a sentir 
DESACOUGO.
É a falta de acougo, intranquilidade. É o contrario de acougo, tranquilidade, serenidade.





 Ao mellor o desacougo é tal que nos impide concentrarnos en nada e a sensación de inquietude que nos provoca impídenos pensar con claridade suficiente para afrontalo. Nestes casos hai que deseñar un plan de emerxencia para resolver a situación.

 
 

Nun momento de tranquilidade, intentade expresar á vosa familia o voso sentir e procurade entre tod@s atopar o que che causa desacouco. 

E como procurar esa tranquilidade? 

Xa comentei en varias ocasións o beneficio de practicar deporte e actividade física e do ioga.
Hoxe propoño outro  recurso que vos pode axudar moito a expresar o que sentides, a través das cores,  e a atopar esa tranquilidade: OS MANDALAS.

Mandala é unha  palabra sánscrita que significa “círculo”. Representa o universo  cun  conxunto de figuras e formas xeométricas concéntricas.. Debuxar e  pintar mandalas, mellora a concentración e a aprendizaxe; equilibra os hemisferios cerebrais; favorece o descanso e o  soño; facilita a comunicación e potencia a creatividad; desenvolve os  sentidos e a capacidade de percepción; fomenta a iniciativa persoal, e estimula  a imaginación.
As mandalas para colorear poden axudarte a  sacar todas as túas emociones ao exterior, as positivas para  encherte de enerxía e as negativas, para deixar que marchen lonxe de ti.
De que cor pintarías se sintes desacougo? Sabiades que cada cor ten un significado diferente e que coas diferentes tonalidades exprésanse sentimentos diferentes?

Cando precises  expresar as túas emocións  e liberarte dos malos pensamentos anímate a pintar mandalas, axudarate a identificar como te sintes  e ao mesmo tempo permitirá que te relaxes e sacar o mellor de ti. Axudarate a acadar a serenidade. 

Se pinchades na imaxe atoparedes un montón de mandalas para colorear.





martes, 12 de maio de 2020

Paseniño cara unha nova normalidade.

Como seguro que todos e todas xa sabes, desde onte estamos en Fase 1 de desescalada. Isto quere dicir que imos por bo camiño, paseniño paseniño cara unha nova normalidade. Para os máis pequen@s comparto na entrada de hoxe unha breve explicación do que se pode e non se pode facer en cada fase. O documento adaptado a pictogramas foi elaborado por Sofía Peña López e Nerea Cucalón Benito, compartido nos materiais do portal de ARASAAC 
Pinchade na imaxe para acceder. 


Para os maiores e adultos podedes acceder á Guía da Fase 1 do Ministerio de Sanidade  pinchando aquí 

luns, 11 de maio de 2020

Recursos para unha boa escola

Comezamos unha nova semana. Nas lapelas superiores tedes as propostas de actividades para esta semana da profe Oliva, Sandra e Cris. Para os mestres recollo unha infografía,  realizada pola Asociación APFRATO que recolle as reflexións e propostas do pedagogo Francesco Tonucci  e que  invita a pensar e reflexionar sobre as tarefas a propoñer ao noso alumnado; e unha recopilación de recursos na rede elaborada por NOVA ESCOLA GALEGA. 






venres, 8 de maio de 2020

Risas para a fin de semana.

Non sei que sensación tedes pero a min as semanas pásanme voando. Temos por diante outra fin de semana e comparto con tod@s un libro de chistes e divertidos xogos de psicomotricidade para os máis pequen@s, desañados por Nuria (mestra no CEIP Huerta de la Princesa) e Jesús (mestre no CEIP Vicente Aleixandre). Grazas por compartir. A disfrutar e divertirse!




xoves, 7 de maio de 2020

Que as emocións non queden confinadas

Na procura de recursos pola rede atopei esta estupenda guía para fomentar o benestar emocional dos vosos fillos e fillas que espero vos axude. Lembrade que é fundamental falar das emocións cos nenos e nenas, guialos na súa identificación e na procura dunha axeitada xestión. Esta guía do Gobierno de Aragón  recolle propostas para axudar na xestión de emocións como a tristeza, enfado, medo, aburrimento e preocupación.


mércores, 6 de maio de 2020

Servizos de apoio externos ao centro

Recollo na entrada de hoxe as propostas de dous servizos externos ao centro que contribúen coa súa labor ao axeitado desenvolvemento das funcións do Departamento de Orientación e a  atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: o Equipo de Orientación Específico (EOE) e o Servizo de Atención Temperá do Concello de Bergondo

Os Equipos de Orientación Específicos (EOE) son axentes de poio á orientación externos aos centros educativos, centrando as súas funcións, con carácter preferente, no apoio especializado aos departamentos de orientación, na elaboración de programas de intervención, na actualización de datos propios de cada especialidade, así como na elaboración de materiais e recursos que contribúan a unha axeitada resposta educativa nos centros, neste caso en materia de orientación educativa e profesional.
Ao comezo do confinamento o EOE de A Coruña achegou aos centros un documento para acompañar á Comunidade Educativa. Pinchar aquí para acceder.

Agora fannos chegar un documento para facilitar   o acompañamento no coidado do benestar emocional do alumnado, que comparto con tod@s. Pinchade na imaxe para acceder.

No documento se recollen pautas de acción e recursos para afrontar emocionalmente estes tempos incertos. Recolle enlaces a guías para o coidado do benestar emocional no alumnado con NEAE (TEA e TDAH) moi interesantes.


O Servizo de Atención Temperá do Concello de Bergondo está dirixido ao alumnado de 0-6 anos residentes nos Concellos de Bergondo, Abegondo e Carral. Este servizo é ofertado por ASPACE Coruña e xestionado polos Servizos Sociais dos respectivos concellos. 

Este servizo, que leva este curso en funcionamento, creou un blog onde recolle actividades e recursos para facilitar a estimulación temperá dos nenos e nenas e continuar así coa labor desenvolvida cos  usuarios do servizo. Se pinchade na imaxe poderedes acceder ao blog.

Desde o servizo animan á Comunidade Educativa a participar no deseño do logotipo que será imaxe do Servizo, a través dun concurso que remata o 10 de maio. Animádevos a participar!. No seu blog tedes toda a información.

Se precisades máis información sobre o servizo podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación (orientacion@sadaycontornos.es) ou co coordinador do servizo  ( Oscar Ameneiros García) en  oscar.ag@aspacecoruna.org



martes, 5 de maio de 2020

Acendede as luces para a semana!

Comezamos o mes de maio e achegámonos a el con positividade e esperanza. Levamos moitos días de confinamento e vivindo de xeito moi diferente ao que estábamos acostumados. Pero sabemos que, ao final, todo pasa e saberemos sacar o lado positivo desta situación, a que si?
Comparto con vós un conto “Al otro lado: cuento para momentos difíciles” (atopado no blog Aula de Elena) que nos axudará a superar os momentos máis complicados da nosa vida. 




 Sempre hai luz ao final do túnel!, Así que ánimo e acendede as luces! 

Nos vos esquezades de disfrutar do baile, exercicio, da lectura, da música e das tarefas escolares que as vosas profes deseñan e organizan para vós para que sigades a aprender.
 Nas lapelas superiores tedes as tarefas das profes de apoio.

sábado, 2 de maio de 2020

2 de maio: Día contra o Acoso Escolar

Hoxe é o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Considérase acoso escolar calquera forma de vexación ou malos tratos continuados no tempo dun alumno ou alumna por outro ou outra ou outros, xa sexa de carácter verbal, físico ou psicolóxico, incluído o illamento ou baleiro social, con independencia do lugar onde se produza. Terán a mesma consideración as condutas realizadas a través de medios electrónicos, telemáticos ou tecnolóxicos que teñan causa nunha relación que xurda no ámbito escolar.


A Comunidade Educativa debe priorizar a mellora da convivencia dentro dos seus principios fundamentais e artellar medidas e accións encamiñadas á prevención do acoso. Aprender a respetarnos, aprender a ser, aprender a estar, aprender a convivir é un dos piares  da nosa escola.
Desde o curso 2017-2018 o noso centro participa no Programa TEI (Tutoría Entre Iguais) que ten como obxectivo mellorar a convivencia no centro e previr o acoso escolar.
Durante este curso realizaouse a formación específica  do alumnado de 5º e 3º e foron moitas as actividades conxuntas realizadas para a cohesión das parellas. Pero o verdadeiro valor deste programa reside no día a día, no apoio que o alumnado máis pequeno recibe do seu titor de 5º, da amizade e unión que se orixina entre as parellas e a aprendizaxe conxunta na resolución de conflitos e en aprender a convivir, saber escoitar, expoñer as súas inquedanzas, comprender,  xestionar os enfados, buscar solucións pacíficas aos conflitos, rexeitar o abuso, denunciar as accións contrarias á convivencia, respetar, confiar, apoiar, dar seguiridade...

Levamos moitos días na casa pero a preocupación dos titores por saber como estaban os seu titorizados continuaba. Así que tiñamos que seguir adiante co Programa, a pesar da distancia e comezou un intercambio de cartas entre uns e outros. Se pinchades na imaxe poderedes ler algunhas delas.



Debemos seguir a traballar en prol da convivencia e sensibilizar á comunidade educativa sobre o acoso escolar, as súas consecuencias e procurar solucións de carácter preventivo. No seguinte taboleiro podedes atopar recursos para reflexionar e traballar co alumnado.
FAGAMOS XUNTOS UNHA ESCOLA MELLOR: ante unha situación de acoso actúa!