PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 19 de xuño de 2020

Felices vacacións!

Adicado a toda a Comunidade Educativa e, especialmente ao alumnado, do CRA de Bergondo e CEIP Sada y sus Contornos.









BO VERÁN!

xoves, 18 de xuño de 2020

Un agasallo para vós.

Desde o Departamento de Orientación, as mestras de apoio e o Programa REFORZA-T (Silvia, Oliva e Cristina) e a orientadora (Lucía) queremos despedir este curso cun agasallo para  todos os nenos e nenas da nosa escola. Grazas por ser e por estar. Felices vacacións e ata o novo curso!


Pinchade na imaxe

mércores, 17 de xuño de 2020

Cine emocionante!

Xa están ahí as vacacións e teremos moito tempo para disfrutar da familia, dos amig@s, da natureza, da praia, do bo tempo... Pero para os días de choiva, nos que nos teñamos que quedar na casa, vos suxiro algunhas das mellores películas das que poder disfrutar e  seguir a medrar emocionalmente, xa que todas elas xiran en torno aos sentimentos. Preparade as palomitas!


martes, 16 de xuño de 2020

Xa somos maiores: marchamos a Primaria!

A semana pasada tocoulles un pouco máis de atención aos alumnos de 6º EP que marchan para a ESO. Pero todos seguimos a crecer, os alumnos e alumnas de Educación Infantil tamén, e os de

  6º EI tamén son maiores!

A entrada de hoxe vai adicada ao alumnado que o vindeiro curso iniciará a Etapa de Educación Primaria. Aínda que coñecen o cole e a case todo o  profesorado é un hito importante na súa vida, síntense maiores e,  poida que moitos,  asustados ou abrumados, e os adultos debemos facilitar o espazo para medrar e dar seguridade e tranquilidade neste tránsito.

Comparto unha presentación realizada para o alumnado pero que inclúe tamén pautas para as familias. Os alumnos e alumnas de 1º queren axudarvos neste gran paso e realizaron unha serie de recomendacións para que todo saia ben. Desde aquí agradecer a súa colaboración. 
Xunt@s seguiremos a medrar, seguiremos a aprender.




luns, 15 de xuño de 2020

Así es la vida!

Este curso taaaaannnn diferente está a piques de rematar. Despois do esforzo e o traballo, das alegrías e tristezas, do medo,  der ter que aprender a toda velocidade unha nova forma de facer, de estar, de aprender... chega o final,  sen festa nas aulas, sen excursión,  sen abrazos e bicos desexando felices vacacións... así é a vida!. As cousas non sempre saen como un pensa ou quere pero sempre temos que adaptaranos e ver o lado positivo de cada acontecemento da nosa vida e ver unha nova oportunidade nesa realidade.  Cando nos volvamos a ver teremos un montón de cousas que contar e seguro disfrutaremos moito máis de cada momento tod@s xunt@s e valoraremos cada momento e aprendizaxe compartida! Xunt@s comezaremos novos proxectos con ilusión.


"Así es la vida"  é un magnífico conto onde as autoras ( Carmen e Ana Luisa Ramírez) nos ensinan de xeito sinxelo e claro a vivir e disfrutar da vida incluso cando as cousas non saen como un espera.
Disfrutade da última semana deste curso!
As profes Oliva, Silvia e Cristina comparten nas lapelas superiores unhas propostas diferentes para esta semana. Non volas perdades!

venres, 12 de xuño de 2020

Xuntos completamos a historia

Comezamos a semana cunha curta que nos facía reflexionar sobre a importancia da nosa actitude ante a vida e que está nas nosas mans axudar a mellorar o noso mundo e o dos demáis. Imos  rematar a semana cun conto que versa sobre a mesma idea. Xa veredes que chulo!
Cando atopei pola rede este conto pensei...outro conto do Coronavirus, ao mellor os nenos e nenas xa están un pouco fartos. Pero cando o lin dinme conta que é un conto diferente, que nos anima a "loitar" xuntos para crear un mundo mellor. Anímovos a lelo e continuar a historia escribindo un novo capítulo. Se queredes podedes envialo ao correo do departamento orientacion@sadaycontornos.es




Se queremos un mundo mellor debemos, desde a educación, fomentar a curiosidade, imaxinación, creatividade e traballo en equipo.


Boa fin de semana!

xoves, 11 de xuño de 2020

Visitamos o IES Isaac Díaz Pardo

Rapaces e rapazas de 6º, lembrade que hoxe temos a charla co IES Isaac Díaz Pardo. Compartiron hoxe na súa web o vídeo para facer unha  visita virtual. Premede aquí ou na imaxe para acceder.
Vémonos á tarde para aclarar todas as dúbidas que teñades.



Grazas ao IES Isaac Díaz Pardo pola súa colaboración.

Medramos...sentimentos tras o Coronavirus

Levamos moitos días a falar de sentimentos e, en concreto, sentimentos nestes tempos difíciles de cuarentena. Parece que todo vai mellorando e estamos a aprender a vivir nesta nova normalidade pero debemos seguir medrando emocionalmente. Hoxe comparto este vídeo sobre os sentimentos nos tempos que vivimos que espero vos axude.

mércores, 10 de xuño de 2020

Charla desde o IES

Por si alguén aínda ten dúbida sobre como acceder á charla que desde o IES nos van a ofrecer comparto este vídeo onde explica como acceder a través do servizo de videoconferencias Webex


martes, 9 de xuño de 2020

Xa somos maiores: Marchamos para a ESO!

Queridos rapaces e rapazas de 6º:

Canto crecimos!
Hai ben pouco entrabades na escola aferrados ás mans das vosas familias, con medo, sorpresa, pranto... algúns con alegría. Pasaron nove anos nun abrir e pechar de ollos e xa estades listos para deixar esta escola e entrar... no INSTITUTO. A gran maioría, o primeiro día volveredes a ir na compaña da vosa familia, pero esta vez, aínda que poida que co medo tamén no corpo, seguro que con menos lágrimas.
Para que ese tránsito a unha nova etapa que axiña ides comezar sexa máis doado, a pesar de estar na distancia (e asegúrovos que todas e todos as mestras do cole e do IES desexaríamos que puidese ser doutro xeito, "en vivo y en directo") argallamos (en colaboración co Departamento de Orientación do IES Isaac Díaz Pardo)  unha serie de actividades para explicarvos con que vos ides atopar o vindeiro curso e poidades empezar o novo curso con alegria e seguridade.

O primeiro que fixemos foi preparar unha presentación para tod@s (alumnado e familias) onde se aclaran aspectos clave sobre a ESO (organización, materias, avaliación...), sobre a matrícula e o vindeiro curso, algunhas normas do IES Isaac Díaz Pardo e recomendacións para poder afrontar con éxito a nova etapa.  Debedes acceder á presentación pinchando na imaxe e lela coidadosamente, na compaña da vosa familia. Se tedes dúbidas apuntádeas nun papel!



Ademáis desde o IES prepararon un vídeo para que o coñezades un pouco, xa que non se puido realizar a visita coma todos os anos. Seguro que vos gusta!

O xoves día 11 ás 17:30 estaremos invitados a unha charla virtual coa Orientadora (Nila) e algún membro do Equipo Directivo do IES Isaac Díaz Pardo onde nos aclararán todas as dúbidas que teñades. É voluntario asistir pero penso que vai ser unha reunión moi positiva para tod@s (alumnos/as e familias). Ao longo do día 10 chegaravos ao voso correo unha invitación para incorporarse á reunión ese día.
Vémonos o xoves!

luns, 8 de xuño de 2020

É cuestión de actitude!

Como nos enfrentamos ás situacións, como percibimos o mundo que nos rodea e como podemos cambiar e mellorar o mundo que nos rodea está nas nosas mána. É cuestión de actitude!



Ánimo, actitude positiva e a por outra semana máis!
As actividades recomendadas por Silvia, Oliva e Cristina as podedes atopar nas lapelas superiores coma todas as semanas.


venres, 5 de xuño de 2020

CORONADICIONARIO

O significado das palabras pode cambiar en función do contexto e as circunstancias. Esta pandemia cambiou a nosa percepción do mundo e desde La Caixa e o programa CaixaProinfancia levaron  a cabo unha mágnífica idea: realizar un "Diccionario para soñar por casa".


Cada letra do abecedario ten unha palabra explicada co significado que lle atribuímos  nestes tempos de Coronavirus. Paréceme unha fermosa idea que invito a ler e propoño facer o noso Dicionario do Coronavirus. Se vos apetece colaborar, pinchando aquí, atoparedes un documento que recolle as letras do abecedario e proposta de palabras para definir. Podedes explicar o significado que para cada un de vós ten unha desas palabras ou engadir palabras novas. Animádevos!


xoves, 4 de xuño de 2020

Tristeza, que pena!


"A tristeza é unha emoción que che fai sentir co estado de ánimo baixo. Sínteste abatido e pesimista e non tes gañas de facer cousas nin de ver a ninguén. Invádete unha pena e podes chorala ou non facelo, e sentila por dentro. Tamén podes sentir dor interno, insatisfación, desesperanza...
Hay moitos graos e tipos de tristura. Por exemplo: si se mesturan cos recordos dun pasado mellor dicimos que é nostalxia; se é vaga, sombría ou sosegada, melancolía; si se ancla, faise máis profunda e se complica, depresión. "
 Laberinto del Alma de Anna Llenas.

Un dos mellores libros que coñezo para traballar cos nenos e nenas esa tristeza profunda e complicada é "Vacío", da mesma autora.


A autora nos ensina, a través deste fermoso albume que debemos mirar no noso interior para superar o vacío que podemos sentir nun momento dado e procurar a conexión cos demáis e compartir ese mundo. Para escoitar o conto completo pinchade aquí .

Para poder entender ben este sentimento e como tratalo para que non afonde no noso corazón mostro unha serie de contos e propostas para facer cos nenos e nenas.


mércores, 3 de xuño de 2020

Con filosofía.

O diálogo reflexivo na eido familiar é fundamental para o desenvolvemento positivo dos nenos e nenas, para aprender, para fomentar o espírito crítico e diferentes xeitos de pensar e ver.
"Espacio Filosofía para niñxs" elaborou unha recopilación de actividades para favorecer na casa a reflexión crítica e ensinar a pensar aos nosos rapaces e rapazas. Grazas por compartir!.
Pinchade na imaxe para acceder


martes, 2 de xuño de 2020

Non quedes con dúbidas!

A pesar de levar xa moito tempo a falar do CORONAVIRUS poida que aún teñamos algunha dúbida. 
A divulgadora sanitaria Boticaria García e a  periodista de Brime de Sog, Arantxa Castaño, recopilan nun libro gratuito a información fundamental sobre o virus e a  enfermidade. 
Pinchade na imaxe para acceder


luns, 1 de xuño de 2020

Benvido xuño!




Xa estamos en xuño! Seguro que a maioría de vós estades xa cansos do traballo na casa e desta situación. Pero non pode decaer o ánimo. Debemos seguir cara diante; con paciencia e esforzo (individual e colectivo) acadaremos todo o que nos propoñamos. A curta que vos propoño para ver esta semana invita a reflexionar sobre este aspecto. Disfrutade da historia e despois...a traballar! Tedes as propostas das profes Oliva, Silvia e Cristina nas lapelas superiores coma  todas as semanas.

PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR

Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos esta...