PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

luns, 29 de novembro de 2021

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, dentro das iniciativas de apoio sociofamiliar, está a desenvolver o   PROXECTO CoidamosTEA, que pretende reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio: Informativa e Orientativa.


Pinchando na imaxe podedes descargar a guía para as familias que reciben o diagnóstico TEA. E aquí podedes atopar unha recopilación de vídeos que poden axudarvos no día a día. 


domingo, 28 de novembro de 2021

Diveresidade familiar

 Dende a Confederación ANPAS GALEGAS comparten a  "Guía da diversidade familiar", un traballo que se enmarca no programa contra a violencia de xénero e no que participa o finanzamento da Secretaría Xeral da Igualdade.

Pinchade na imaxe para acceder a ela.




xoves, 25 de novembro de 2021

25 N: educando contra a Violencia de Xénero

 A educación é o camiño para erradicar a violencia que se exerce cara as mulleres. Debemos educar para fomentar cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que permitan unha convivencia positiva, con xustiza social, equidade e igualdade. 

Este ano baixo o lema "Darlle a volta está nas nosas mans" , tendo como referente visual o polbo, reflexionaremos sobre a violencia de xénero e como darlle a volta, representando oito xeitos de amar coas mans nas patas do polbo.

 





Comparto novamente recursos para traballar ao longo de todo o ano co noso alumnado. 




sábado, 20 de novembro de 2021

Dereito a educación INCLUSIVA

O 20 de novembro conmemórase que no 1959 a Asamblea Xeral da ONU aproba a Declaración dos Dereitos da Infancia, Desde entón, cada 20 de novembro recordamos a importancia dos dereitos á educación, saúde e protección coa que contan TOD@S os NEN@S.


Desde o Departamento de Orientación traballamos en prol dun destes dereitos, o dereito á educación INCLUSIVA e esforzámonos por garantir este dereito, sabendo que debemos buscar constantemente estratexias que melloren a nosa resposta educativa a todo o alumnado. Debemos lembrar que somos nós, a escola, quen se debe adaptar ao alumnado, non ao revés. Para ilustralo, un dos meus contos preferidos que seguro coñecedes pero que debemos ler con frecuencia. 



                          

xoves, 18 de novembro de 2021

Educación emocional en EI

 Desde o Departamento de Orientación levamos a cabo, un ano máis, unha intervención directa cos diferentes grupos- aula de Educación Infantil. Esta cumpre unha dobre  finalidade: por unha parte, observar, coñecer  e facer un seguimento a través das diferentes actividades plantexadas ao alumnado do seu desenvolvemento persoal, académico e social, así como detectar posibles dificultades de xeito temperá para poder intervir o antes posible; por outra banda, contribuír ao desenvolvemento da intelixencia emocional e fomento do gusta pola lectura de xeito temperá.

As actividades parten da lectura dun conto. Estas son as lecturas levadas a cabo no que vai de curso. 




E algunhas das actividades realizadas co alumnado de 6º EI (que comezaron o seu primeiro emocionario) e con 4º EI (que xa non teñen medo ao lobo, porque agora é vexetadiano)




venres, 12 de novembro de 2021

Por fin nos coñecemos!

 Este venres os alumnos de 3º tiveron a sorte de coñecer ao seu titor de 5º EP dentro do programa TEI. 

Emprenden agora xunt@s un camiño de aprendizaxe:  a convivir!. 

Os alumnos de 3º, contactarán a través  do correo electrónico co seu titor/a,  cada vez que precisen axuda. Os maiores aprenderán a escoitar e buscar solucións ás problemáticas plantexadas polo seu titorizado, mellorando as súas habilidades sociais. 

As mestras titoras e a orientadora do centro estaremos axudando no proceso, no que eles e elas son os protagonistas. 


PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR

Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos esta...