PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 30 de abril de 2020

Cousas sin cousas para a fin de semana.

E xa chega outra fin de semana! O reto para esta fin de semana....
Seriades capaces de pensar en cousas para facer e estar entretenidos sin cousas?
 Propoño que fagades unha lista parecida a da imaxe coas cousas que se vos ocurran e as levedes a cabo. Pero hai unha regra: todo tense que facer sen cousas!
Animádevos!
Se queredes podedes compartilas nos comentarios desta entrada e así dar ideas a todos os nenos e nenas para que ninguén se aburra.

Lembrade que podedes facer a vosa "Caixa para superar o aburrimento" e será máis divertido.
(Pincha aquí para ver entrada)

 Boa fin de semana!




A idea desta actividade é orixinal de  "Más allá del balcón" .

Lembrade que no Blog da Biblioteca tedes moitas outras  propostas para facer: libros, xogos, manualidades, experimentos.

E cando vaiades a dar un paseo,  lembrade as regras.






  Podedes consultalas tamén aquí e aprender este divertido rock que compuso Ferro Teatro.

mércores, 29 de abril de 2020

29 de abril: Día da Danza

Hoxe é o Día da Danza !

O mellor xeito de conmemorar este día é bailando con alegría. Así que poñede a música que máis vos guste e... a bailar; pero animádevos a probar con todo tipo de estilos: salsa, rumba, tango, hip-hop...
A danza ten moitos beneficios para a nosa saúde, mellora o noso estado de ánimo e fortalece  a nosa autoestima. Non deixes nunca de bailar, especialmente nestes días de confinamento!.

Comparto unha das miñas curtas  preferidas "Tamara" que nos fala sobre o afán da superación e o amor á danza. Que valores observas ti que intentan transmitirse a través desta curta? Como se sinten as protagonistas? Que lles aporta a danza?




Ademáis podedes aprender un montón de cousas sobre a historia da danza grazas á proposta que podedes atopar pinchando na imaxe que elaboroua Fundación da Cidade da Cultura de Galicia.



"Coa axuda da Raposa Fedella, preséntannos un percorrido no que viaxaremos desde o neolítico, ao antigo Exipto, á Idade Media ata actualidade; nunha travesía na que  hai que resolver enigmas, descifrar un xeroglífico... para descubrir a fascinante historia da danza a través da pintura."

E para os máis pequenos podedes ver este vídeo onde nos contan, a través dunha canción, a historia da danza.

martes, 28 de abril de 2020

Aprendendo sobre a xestión emocional.


Ola familias, nenos e nenas!

Como o estades a levar? Un pouco mellor agora que podedes saír un pouquiño? Espero que si, aínda que ben sei que ás veces seguimos a aburrirnos, enfadarnos, estar tristes, frustrados... e que é difícil xestionar todas esas emocións en nós mesmos e cos  fillos e fillas. Pero tamén sei que sairemos aprendendo moito de toda esta situación.


Recollo na entrada de hoxe unha sesión formativa moi interesante  sobre a xestión emocional grazas ao proxecto de ABANCA #AfundacionEnCasa que nos ofrece unha charla  da man de Rafael Guerrero co título 

 'Claves para la gestión de las emociones' con Rafael Guerrero





Para os máis pequenos e pequenas, comparto esta guía chulísima "ELENA EN CUARENTENA" que nos facilita claves para superar o aburrimento, con propostas para facer que están moi ben. 
Pinchade na imaxe para acceder.

Para superar o aburrimento, outra actividade que podedes facer é a seguinte:
 "Caixa para superar o aburrimento"

Facede unha lista de cousas que vos gusten e poidades facer na casa. Escribide cada idea nun papel, dobrádeo e metédeo nunha caixa que teñades para reciclar ou nun bote (que podedes decorar previamente). Cando esteades aburridos metede a man na caixa e sacade un papeliño e facede a actividade, tarefa, xogo...que está escrita. 
Podedes imaxinar un cento delas (pedide axuda á vosa familia para ter moitas ideas) e sempre será unha sorpresa divertida!.



luns, 27 de abril de 2020

A por outra semana!

Comparto con vós unhas recomendacións para poder afrontar con éxito as tarefas escolares cada día. Pinchade na imaxe para ler a infografía.


Lembrade que os alumnos e alumnas da clase de Oliva, Silvia e Cris tedes as tarefas nas lapelas superiores deste blogue. 


venres, 24 de abril de 2020

Sairemos desta!

Sairemos desta, estamos convencid@s!

Temos que manter a esperanza e o ánimo e parece que imos ter un pequeno respiro, podendo sair un pouquiño todos os días. Pero debemos ser responsables e cumprir coas orientacións e precaucións que os axentes sanitarios nos transmiten.

Comparto con vós unhas guías para poder explicar aos máis pequenos como actuar nestas saídas.
No documento ao que accededes  pinchando na imaxen atoparedes a historia do Oso Goloso, elaborada por Carmen Esteban, que nos explica como debemos sair á rúa.








Nesta guía, adaptada a pictogramas por anaEscobar,  podedes atopar outra sinxela explicación.




E para os máis maiores e non tan maiores...

Sabedes calcular por onde vos podedes mover mover nestas saídas?, Canto é 1km?.
 Pinchade no enlace e o descubriredes. 



Ao longo desta fin de semana foron numerosas as guías e recursos que se compartiron pola rede para concienciar a nen@s  e familias das boas prácticas para este inicio de saída do confinamento. Recollo algunhas a continuación.

    




xoves, 23 de abril de 2020

23 de Abril: Día do Libro


Para conmemorar o día de hoxe non podería ser doutro xeito que lendo fermosos libros. Así que hoxe ....

Hoxe imos contar un conto! 

Comparto con vós dous dos contos que máis me gustan e máis significado para min teñen polo que contan, por como o contan e polo que implicaron persoalmente cando os descubrin e os compartín cos nenos e nenas dos diferentes centros polos que estiven. 
Para os máis maiores comparto "Pequeñas cosas" de Mel Tregonning. Fermosísimo albume ilustrado para ler moi amodiño cos máis maiores, interpretando cada unha das fermosas viñetas, dándolle sentido, lendo,  en definitiva. A que conclusión chegades ao remate?


Pinchade na imaxe para acceder


Para os máis pequenos,  e non tan pequenos,  un fermósísimo libro cheo de cor que invita á vida compartida, a poñer en valor a amizade, a diversidade e o que temos ao noso arredor, así como a fomentar unha actitude positiva cara a acción: "Las Ciudades de Colores"


Pinchade na imaxe para acceder

Espero que disfrutedes da súa lectura tanto como fago eu cada vez que os leo.

E de fondo unha fermosa canción de Magín Blanco para  as nosas casas de cores.



mércores, 22 de abril de 2020

Día do Libro: QUE EMOCIÓN!

Para fomentar un axeitado desenvolvemento afectivo, cognitivo e social son fundamentais a identificación e expresión emocional, a empatía e autoestima, o autocontrol, saber tomar decisións e actitudes positivas, presentar habilidades de interación, autoafirmación e oposición asertiva, xunto a creatividade.
A lectura compartida desde idades temperás fomentará o xeitado desenvolvemento destes aspectos nos rapaces e rapazas. Por iso, e con motivo da conmemoración do Día do Libro, recollo as miñas propostas bibliográficas.
Familias, agora máis que nunca, disfrutade da lectura cos vosos fillos e fillas e de falar das vosas emocións con naturalidade.

luns, 20 de abril de 2020

Preparados para o terceiro trimestre?

Queridas familias, nenos e nenas:

Seguimos a vivir tempos difíciles pero con esperanza e ánimo; xa falta menos para poder saír á rúa e para voltar a vernos, seguro!.
Respecto á educación, a semana pasada soubemos algunha cousa máis sobre como afrontar este 3º trimestre e estamos á espera de maiores concrecións por parte da Consellería. Na páxina web do centro teredes contada información da organización deste remate de curso. Pero intentarei aclarar algúns aspectos que considero importantes para o alumnado en xeral e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que reciben apoio por parte da profe de PT (Oliva), de AL (Silvia) e os que participan no Programa REFORZA-T.

1. O curso non está rematado, seguimos ata o 19 de xuño. 


O alumnado debe seguir a traballar, de momento, desde a casa. As mestras e mestres, a través do correo electrónico do alumnado (en Educación Primaria) e blogues (en Educación Infantil) faranvos chegar as tarefas que debedes traballar. Serán propostas de repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido e algunha ampliación de aqueles aspectos que se consideren básicos para que o vindeiro curso todo vaia ben.


As mestras Oliva, Sandra (que substitúe a Silvia que permanece de baixa) e Cris continuarán a propoñer todas as semanas tarefas para os nenos e nenas que recibían a súa axuda.
As tarefas as podedes atopar neste blog, nas lapelas situadas na parte superior. 



Cada luns teredes as propostas para toda a semana. Buscade o día no que recibiades o apoio e buscade o voso curso, teredes a tarefa para ese día. Pero se por algunha razón non a puidésedes realizar durante a semana, non pasa nada. Hai unha lapela onde están todas as propostas realizadas. Ademais tedes xogos e outras actividades nos blogs de AL e PT.

         

Para as familias que non conten cos recursos tecnolóxicos necesarios para poder continuar coa actividade lectiva buscaremos unha solución. Por iso é importante que nos fagades chegar as vosas necesidades e as dificultades coas que vos atopades.

2. En relación á avaliación, considero importante aclarar aspectos relacionados coa promoción e a avaliación das diferentes materias.

Promoción: o obxectivo é que todo o alumnado promocione de curso, aínda que poida levar materias suspensas. Lembrar que a permanencia un ano máis nun curso xa era unha medida extraordinaria e,  este curso, será "moi extraordinaria".
Ao remate de curso, o equipo docente valorará cada caso en particular e adoptará a decisión de promoción de cada alumno/a coas medidas e recomendacións que se consideren oportunas cara o vindeiro curso. A promoción será a norma xeral, excepto nos casos puntuais nos  que se considere que esta poderá ter máis perxuizos que beneficios para o alumno/a,  polas dificultades e carencias que o neno ou nena presenta,  e que non son achacables a ningunha razón asociada ao confinamento que estamos a vivir.

Avaliación: Estará orientada a valorar os avances ou dificultades atopadas en cada un dos nenos e nenas, co obxecto de planificar medidas de recuperación e apoio cara o vindeiro curso. Na cualificación final de cada área terase en conta o grao de desenvolvemento das aprendizaxes. 
Así que, rapaces, se tedes  algunha área suspensa intentade  recuperala, repasar e pedide axuda ante as dúbidas ou dificultades. O profesorado intentará axudarvos para favorecer ao máximo o éxito. Pero teredes que manter o interese, adicarlle tempo, preguntar todo o que non entendades e seguir as recomendacións e tarefas que indiquen as mestras e mestres. 
Si tedes  as materias ata agora superadas, continúa a aprender, repasa aqueles aspectos que che custan un pouco máis e realiza as tarefas que te indica o profesorado  para asegurar que o curso que vén todo irá mellor.
Para avaliar teremos en conta dous principios fundamentais: o principio de equidade (non dar a todos e todas o mesmo, se non a cada alumno/a o que precisa) e o principio de atención á diversidade.

En relación ao cambio de etapa, en concreto á ESO, a avaliación atenderá a criterios globalizados, é dicir, pensaremos en si ese alumno/a acadou os coñecementos precisos (aprendizaxes competenciais claves) para acceder á nova etapa educativa, aínda que poida promocionar con algunha materia suspensa e recomendacións de medidas de atención á diversidade específicas para o vindeiro curso. 

A pesar desta interpretación xeral das instrucións facilitadas polo Ministerio,  debemos agardar as facilitadas desde a nosa Consellería e poida que haxa algunha concreción ou cambio nestes principios de actuación. 

Lembrade que estamos aquí para todo o que precisedes. Gustaríanos saber de vós, como estades, as dificultades coas que vos atopades. Mantede un continuo contacto coas titoras e, si o precisades, co Departamento de Orientación (orientacion@sadaycontornos.es)
Nenos e nenas, animádevos a facer a enquisa que tedes no lateral do blogue sempre que o precisedes.

Ánimo e saúde para TOD@S.




Pinchade na imaxe para acceder ao documento elaborado polo Grupo Orienta

venres, 17 de abril de 2020

Novo reto!



Ademáis do deporte que é necesario que fagamos todos os días, é preciso escoitar música, bailar e cantar se queremos sentirnos ben . Podemos escoitar a música que máis nos gusta para animarnos ou escoitar aquela que mellor expresa o que estamos a sentir nestes momentos (alegría, melancolía, tranquilidade, nerviosismo...). A música axuda a expresarnos e a combatir ao Coronavirus!

Hoxe propóñovos un novo reto



Mirade este vídeo! Seríades capaces de aprender o  ritmo co vaso da canción "Si me voy"? 
Eu penso que si!. Axudaravos a mellorar a vosa concentración, atención e memoria e, sobre todo, a pasalo ben e disfrutar da música. 
Confío en que o aprendades e cando nos vexamos no cole o poderemos facer todos xuntos. 




xoves, 16 de abril de 2020

Recursos accesibles

Para dar unha axeitada resposta educativa a todo o alumnado e atender así á diversidade das nosas aula, debemos facilitar recursos educativos que sexan accesibles para tod@s.

A lectura fácil, o subtitulado, o uso de pictogramas... deben xeneralizarse para que todos e todas sexan capaces de entender os documentos e recursos que lles facilitamos.
Se pinchades na imaxe teredes acceso a unha serie de recursos e ferramentas que permiten facer accesibles os materiais e contidos a traballar, realizado polo Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativos (CNIIE).

mércores, 15 de abril de 2020

Acompañamento emocional na casa

Levamos xa un mes vivindo esta situación de confinamento e é preciso que os nenos e nenas se sintan apoiados emocionalmente. O concello de Rota elaborou unha magnífica guía con pautas para as familias e educadores que comparto con vós. Pinchade na imaxe para acceder




E esta infografía moi sinxela pero moi clara elaborada polo Equipo Específico de Convivencia Escolar.

martes, 14 de abril de 2020

Xa estamos de volta!

Xa estamos de volta e con gañas de enfrentarnos a este trimestre de xeito diferente pero con moito ánimo. Porque isto é o que nos toca. Temos que saber adaptarnos e vivir o presente, aprendendo cada día. Para comezar este regreso recomendo que vexades este vídeo.



E para os máis pequenos, e non tan pequenos, lembrade que é fundamental manter unha rutina. Este conto pode axudar a cada familia a organizarse a modo de "retos". Pinchade na imaxe para ver o video e aquí para descargalo en pdf. 


venres, 3 de abril de 2020

Semana Santa #encasa

Chegan as vacacións de Semana Santa e toca QUEDARSE EN CASA! e imos  afrontar esta situación excepcional con moito ánimo. Cargaremos pilas para un 3º trimestre... diferente. Entre todos os profes fixemos esta recopilación de propostas que esperemos disfrutedes.

A primeira proposta é que veades o vídeo #SadaysusContornosQuedaNaCasa realizado coas aportacións de moitos nenos, nenas, familias e profesorado do centro. Grazas a todos/as pola vosa colaboración e participación.


Aquí tedes unha recompilación de diferentes  recursos e actividades que podedes realizar durante estes días non lectivos. Seguro que o pasades moi ben mentres aprendedes un montón. Están divididos en 3 categorías:

Vídeos. Selección de vídeos moi interesantes e divertidos.


Actividades divertidas. Experimentos, quebracabezas, xogos, manualidades...


Un mundo por descubrir:  Propostas relacionadas co marabilloso mundo dos libros.


Recordade que tedes as seguintes actividades voluntarias para participar:

compartindoilusion@sadaycontornos.es

compartindoilusion@sadaycontornos.es 

otarabelo@sadaycontornos.es 

COMO ESTADES FAMILIAS?

A mensaxe de hoxe vai adicada ás familias, a papá e a mamá, que tan ben o están a facer.
Comparto unha recomendación de parte de Draco (Programa Viaxe ao Reino das Emocións).



Cuidádevos!Procura un espazo e tempo para ti. Practica o aquí e agora, centrándote nas pequenas cousas do día a día, as que son importantes en estos momentos para poder xenerar un entorno o máis sano e equilibrado na medida das posibilidades. Manter as rutinas e permitirnos tempos de descanso e de ocio dentro da casa, axudaranos a ocuparnos e non a preocuparnos. Algunhas cousas que podes facer: ler, ver algunha serie ou película, realizar pasatempos, practicar un pouco de exercicio (estiramentos, baile, etc.), permitirte unha ducha máis longa, non facer nada durante un rato, para estar contigo mesmo/a, etc.

Moito ánimo e intentade aprender todo o que poidades desta situación e medrar como persoas.
Xunt@s acadarémolo!

Imaxe de #AdaEvaCoach


Lembrade que  podedes contactar conmigo a través do correo orientacion@sadaycontornos.es 
Intentarei axudarvos en todo o  que sexa posible.

xoves, 2 de abril de 2020

2 de Abril! Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo



Hoxe conmemórase o Día Mundial de Concienciación doAutismo, que pretende por en valorar as capacidades das persoas con Trastorno de Espectro Autista e procurar unha mellora de calidade da súa vida, para que esta sexa plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Este ano a campaña céntrase en poñer en valor  a súa capacidade para a aprendizaxe e para o desempeño laboral. Desde Autismo España explican a campaña . Pinchade aquí para acceder

Desde aquí,  propoño vestirnos de azul e decorar as nosas fiestras con globos ou corazóns  azuis (pódense pintar,  recortar algún material azul en forma de globo, corazón... ) e sumarnos á súa difusión. Así faremos visible que sabemos moi ben da valía das persoas TEA, do seu esforzo diario, da súa capacidade de aprendizaxe, de canto nos ensinan a nós cada día e sobre todo, do seu gran corazón que comparten constantemente con pequenos xestos, miradas, palabras, actitudes...





                                               

mércores, 1 de abril de 2020

COMO ESTADES? III: EXPRESÁDEO

Como ben sabedes desde hai días ándolle a dar voltas a como axudarvos a expresar o que sentides.
Onte fixen unha enquisa para os maiores e hoxe traio unha proposta para os máis pequenos que completa a entrada realizada o pasado luns. (Pinchade aquí para vela de novo).
Chegou ás miñas mans un documento ("Retrincos de cores") elaborado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia  con recomendacións e propostas moi interesantes para compartir os nosos mellores e peores momentos. Pinchade aquí para acceder ao documento completo. 
Fixen unha adaptación da súa proposta que espero poida axudar aos nenos e nenas de Educación Infantil a expresar o que senten e poder axudarlles a xestionar as súas emocións. Propoño elaborar un libro "COMO ME SINTO?" no que cada día (ou cando consideren) os pequenos debuxen como se senten. Deberán gardar eses debuxos e ir formando un libriño para que, cando todo isto remate e regresemos ao cole, poder traballalo con eles. Pinchade aqui ou na imaxe para acceder á proposta de libro, aínda que cada quen pode facelo como queira. Espero que esta idea axude!.





CONVIVENCIA COA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

 O alumnado titor de 5º EP cos seus titorizados de 3º EP visitaron hoxe a Fundación María José Jove para seguir a aprender sobre intercultur...