Pronto realizaremos un simulacro de incendios para practicar o que temos que facer en caso de emerxencia. Pinchade na imaxe para acceder á historia social que facilite a anticipación do acontecemento.
CON RUMBO
Blog do Departamento de Orientación CEIP Sada y sus Contornos e CRA de Bergondo
luns, 9 de novembro de 2026
martes, 3 de novembro de 2026
Proxecto AXIA
Hoxe o alumnado de 1º e 2º EP comezou o Proxecto Axia da man de Isa e a Fundación Meniños (" Un programa gratuito de la Fundación Meniños que promueve la salud mental y el Buentrato desde las primeras edades.")s Co obxectivo de que o centro educativo sexa un espazo de coidado, respeto e convivencia posita.
Coñecimos a historia de Lira e a través de diferentes actividdaes puxemos nome ás nosas emocións, practicamos a empatía e acordamos normas de bo trato na nosa "nave espacial".
Pinchade aquí para acceder ás fotos
venres, 30 de outubro de 2026
Quen dixo medo?!
A partires de hoxe, todo o alumnado de 3º EP ten a sorte de contar cun titor ou titora de 5º EP que será o seu apoio e persoa de confianza ante os conflitos que poidan xurdir ao longo do curso.
A ilusión por coñecerse e disfrutar de xogos de cohesión e tempo de Magosto xuntos, fixo que este día fose xenial.
venres, 23 de outubro de 2026
TEI: Titores nomeados.
Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita no noso centro de o Alcalde da nosa vila, quen agradeceu a todos os titores e titoras de 5º EP o seu compromiso pola convivencia no centro e participación no programa TEI.
venres, 16 de outubro de 2026
Moito disfrutamos dos venres!
O recuncho de Sada Talent dos venres do programa DIVER+ sempre son un éxito. Nenos e nenas disfrutan do tempo de lecer deixando voar os seus talentos e dotes artísticas, e disfrutando da música e o baile.
martes, 13 de outubro de 2026
DIVER+ en marcha!
Preparados, listos...xa!!!
Grazas ás patrullas DIVER+ deste ano podemos comezar coa dinamización do tempo de lecer para que tod@s podamos disfrutar.
Ao longo do curso seguiremos a mellorar o noso patio para que sexa un patio realmente inclusivo e visual.
xoves, 8 de outubro de 2026
Unha nova misión...
O Señor Potato estivo a visitar as aulas de Educación Primaria coa "misión" de recordar a todo o alumnado que fai unha orientadora na escola e cales son os proxectos de centro que contribúen a que todos e todas estamos ben no cole.
Lembrade que podedes acudir ao DO para todo o que precisedes.
Simulacro incendios
Pronto realizaremos un simulacro de incendios para practicar o que temos que facer en caso de emerxencia. Pinchade na imaxe para acceder á ...
-
Este venres 14 de novembro, contamos coa visita ao noso centro de Marie e María, integrantes da ONG Tierra de Hombres, organización humanit...
-
Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI, a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados no Curruncho, con xogos cooperativos...











.jpg)
.jpg)
.jpg)
