Esta fin de semana contamos na nosa vila coa celebración do Congreso Nacional TEI. Disfrutaremos dunhas xornadas de intercambio de experiencias e aprendizaxes para mellorar a convivencia escolar e previr o acoso escolar. O alumnado do noso centro educativo vai a estar representado polo alumnado de 6º EP, Nerea e Jorge, que poñerán voz á nosa experiencia co Programa TEI desde que comezou aló polo ano 2018.
Compartimos presentación e vídeo que resume o noso camiño.
Continuaremos o noso camiño para aprender a convivir da man do TEI.
Hoxe, 2 de maio, conmemórase o Día Contra o Acoso Escolar. Ao longo deste curso seguimos a traballar para desenvolver no noso alumnado valores que favorecen e convivencia e creen os alicerces para erradicar o Acoso Escolar.
A reflexión crítica constructiva de xeito individual e colectivo de lecturas, vídeos e desenvolvemento das actividades propostas no Programa TEI facilitan o camiño para aprender a SER, a ESTAR e a CONVIVIR.
E para continuar a formarnos sobre o Acoso Escolar, o profesorado temos a sorte de contar esta fin de semana na nosa vila co Congreso TEI no Camiño. Pinchade aquí para inscripción e máis información. Unha pequena representación do noso alumnado de 6º EP expoñerá a súa experiencia co programa. Animádevos a asistir.
Aquí podedes atopar recursos e un resumo das actividades realizadas ata o momento no centro contra o Acoso Escolar.
Despois destas merecidas vacacións comezamos con ánimo a recta final deste curso. De seguro vai a estar cheiño de novas aprendizaxes e divertidas actividades. Comezamos a semana con música da nosa, obradoiro de papel reciclado e conmemoración do Día do Libro...que mellor xeito!!
Pinchade na imaxe
CANDO LEO...TODO É POSIBLE!
Para os profes unha recomendación de apps que poden ser de axuda. Pinchade na imaxe para acceder.
NO CEIP SADA Y SUS CONTORNOS TODO É POSIBLE! FELIZ 3º TRIMESTRE!
A Junta de Extremadura comparte o SITE , que podedes atopar pinchando na imaxe, no que organiza e ofrece unha chea de recursos para facilitar unha axeitada resposta educativa ao alumno que está a incorporarse aos centros procedente de Ucrania (recursos para favorecer a acollida, o seu benestar emocional e o da súa familia, recursos para facilitar a aprendizaxe do idioma e coñecer mellor a súa cultura...). Magnífico recurso.
Un ano máis sumámonos á conmemoración deste día sensibilizando a toda a Comunidade Educativa sobre que é o Trastorno de Espectro Autista, os seus dereitos e necesidades. Para colaborar coa campaña
do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 (quepon o foco de atención no
dereito das persoas con TEA e as súas familias a desfrutar dunha vida feliz) ao
longo desta semana traballaremos co alumnado que é o autismo, reflexionarán e debuxarán ou redactarán sobre que significa ser feliz para cada un/unha de nós e sensibilizar sobre o dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a vivir unha vida feliz.
“UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA”
#DiaMundialAutismo #HazFeliz
AS COUSAS QUE NOS FAN FELICES SON MOI PARECIDAS PARA TOD@S
Pinchade na imaxe para acceder a contos sobre o Autismo
O alumnado de 6º EP hoxe disfrutou do obradoiro desenvolvido por Sara, de Almas Meraki, no que creamos un ESPAZO DE SEGURIDADE para compartir emocións e opinións e así aprender a convivir e respetar a diversidade desde unha perspectiva de igualdade.
Agora temos unha misión: poñer nome ás emocións que sentimos nos acontecementos do noso día a día e compartilos cos nosos compañeiros e compañeiras dentro dese espazo de seguridade que creamos coa guía de Sara.
Continuamos a fomentar hábitos saudables no noso alumnado para favorecer o seu desenvolvemento e un venres máis compartimos unha receita saudable para preparar e disfrutar en familia. Que mellor xeito de celebrar o Día do Pai que compartir con el tempo na cociña preparando unha rica merenda!.
Un ano máis participamos no Plan Director de Convivencia.
O “Plan Director para a Convivencia"ofrece aos centros a posibilidade de ofertar charlas informativas, a través das forzas e corpos de seguridade do estado, para mellorar a competencia social de alumnado e familias. Mañá mércores 16 de marzo abordarase co alumnado de 5º e 6º o acoso escolar en horario lectivo e coas familias ás 18:00h. no Edificio de plenos do Concello de Sada.
Desde a Asociación Galega de Mestres de Audición e Linguaxe (AGMAL) fannos chegar un dossier con información sobre o desenvolvemento da linguaxe dos nenos e nenas de 2-6 anos, así como pautas para favorecer o seu axeitado desenvolvemento, que compartimos con toda a Comunidade Educativa por si é da vosa axuda. Pinchade na imaxe para acceder ao documento.
Hoxe comparto con toda a Comunidade Educativa (familias, docentes, alumando) un curso moi interesetante que se desenvolverá este mércores 16 de marzo: "Menores e seguridade na rede".
Trátase dunha iniciativa que nace da colaboración entre o Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través do Instituto Nacional de Tecnoloxías e de Formación do Profesorado (INTEF), a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE)
A finalidade do curso é presentar pautas, ferramentas e estratexias que axuden a evitar os riscos dun uso pouco seguro ou inadecuado da rede, así como a orientar aos e ás menores en contornas dixitais e garantir a protección da súa intimidade e benestar persoais.
Hoxe conmemórase o Día da Muller, para lembrar e defender a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa, en igualdade co home.
E coma sempre comparto uns dos meus libros preferidos para dita conmemoración.
Xa está aquí o Entroido, tempo de disfraces, diversión e saborosos alimentos que só tomamos nesta época. Debemos comer de todo pero sen moitos excesos, lembrando que o feito por nós é o máis saudable. Compartimos aquí algunhas suxerenzas, pero seguro todas as familias contades coas vosas receitas tradicionais. Animádevos a compartilas con nós!.
Non esquezamos neste tempo a importancia que segue a ter o comer froita e verdura todos os días.
E a importancia de lembrar e disfrutar das nosas tradicións!
Da avaliación e análise de necesidades educativas do noso centro, xurde a detección dunha carencia formativa relacionada coa educación afectivo-sexual.
O programa aborda, cunha coidadosa selección de contidos e recursos adaptados ás idades do noso alumnado, a educación afectivo sexual baseada no bo trato, a confianza, o respeto, a diversidade e o pensamento crítico, tendo como marco de referencia a educación emocional e a coeducación, todos eles, principios e valores que impregnan o noso proxecto educativo de centro.
Coas actividades que se desenvolverán a través da acción titorial e colaboración do Departamento de Orientación, abordaranse progresivamente cuestións relacionadas co coñecemento e aceptación persoal, diversidade, comunicación e educación emocional, prevención do abuso sexual infantil e análise social.
Ao longo do proceso iremos compartindo as actividades realizadas coa Comunidade Educativa. Compartimos aquí a carta de presentación para as familias facilitada polo programa.
O prazo para a matrícula cara o vindeiro curso está a piques de comezar. O mellor xeito de tomar unha axeitada decisión é coñecer o centro e os seus proxectos educativos. Familias do Concello de Sada e Bergondo, esperamos as vosas visitas.!
Hoxe, a nosa Comunidade Educativa, tivo a sorte de contar coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro da man de Rosa, para reflexionar sobre a importancia de educar nunha alimentación saudable para os nosos rapaces e rapazas e favorecer así o seu axeitado desenvolvemento persoal.
Aumentar o consumo de froita, verduras, lácteos e reducir alimentos ultraprocesados no día a día, xunto coa práctica de exercicio son o camiño para fomentar hábitos saudables. E se facemos partícipes aos pequenos na elaboración dos propios almorzos, temos o éxito asegurado.
Como o prometido é deuda ...compartimos as primeiras receitas!
Xunt@s conseguiremos cambiar a hábitos máis saudables!
Lembramos a todas as familias de 1º, 2º, 3º e 4º EP que hoxe temos unha cita coa Asociación Española Contra o Cancro para explicarnos a importancia dunha alimentación saudable e o proxecto no que imos colaborar para favorecer o axeitado desenvolvemento dos voso fillos e fillas.
Hoxe contamos coa presenza de Rosa nas aulas de 1º, 2º, 3º e 4º EP para explicarnos a importancia dunha alimentación saudable, en que consiste e propoñernos o reto de mellorar os nosos "snacks". Seremos quen de acadalo?. Pensamos que sí!
Todos os días analizaremos as nosas merendas e cada aula marcará un obxectivo de mellora semanal.
Precisamos a colaboración das familias para concienciar aos nosos pequenos e pequenas, procurando a elección de merendas saudables, eliminando alimentos ultraprocesados e preparando con eles alimentos ricos e saudables. Aceptades o reto?
Contaremos cunha charla para as familias o vindeiro luns día 14 para máis explicación do programa.
Hoxe tivemos a sorte de contar no noso centro con Sara, pedagoga da Asociación ASPERGA.
Os alumnos e alumnas de 6º EP realizaron con ela un obradoiro de sensibilización e achegamento ás persoas que teñen esta condición persoal. Coñecimos a Nick a dialogamos sobre o que nos fai diferentes e iguais, sobre as emocións e a importancia do respeto e saber enterder aos demáis para ser bos compañeiros e compañeiras.
Ademáis pola tarde, o profesorado recibimos unha charla formativa para aprender a identificar a alumnado con características TEA Nivel 1 e mellorar a súa resposta educativa para acadar un desenvolvemento persoal, académico e social positivo.
Hoxe conmemórase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. O noso centro conmemorouno o pasado venres reflexionando sobre que é a paz, recitando, cantando, bailando e construíndo entre todos e todas unha árbore con materiais de reciclaxe que se situará no recuncho da paz e resolución pacífica de conflitos. Ao redor desta fermosa árbore sentarémonos a dialogar, a escoitar e poñernos na pel dos demáis para resolver conflitos e voltar á calma, si así o precisamos.
Fermoso día, fermosa conmemoración, fermoso traballo en equipo, fermosa árbore...
Hoxe fago referencia á actividade desenvolvida co alumnado do CRA de Bergondo co que disfrutei o día de hoxe. Contamos un dos meus contos preferidos que xa recomendei en máis ocasións "Las Ciudades de Colores" de María Bautista e Raquel Blázquez.
É un conto acumulativo que nos ensina a respetar a diversidade e valorarla como algo enriquecedor, que nos ensina a entender a búsqueda de identidade dun mesmo, a importancia da compañía e amizade e que xuntos podemos "construir" todo o que queiramos.
Eu o emprego para observar o razoamento, xogar e crear cos pequenos e pequenas. E sempre me sorprenden!! Os Silvosiños sons todos un artistas!