O alumnado titor de 5º EP cos seus titorizados de 3º EP visitaron hoxe a Fundación María José Jove para seguir a aprender sobre interculturalidae e medio ambiente a través da arte.
O desenvolvemento desta actividade está englobada dentro das actividades de cohesión do programa TEI co obxectivo de fomentar a convivencia no noso centro.
Onte e hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, da man de Chus e Sonia de COGAMI, tivemos a sorte de aprender un montón de cousas sobre a discapacidade. Fixemos un xogo de "Trivial"e unha "Scape Room" moi divertida.
O Obradoiro de sensibilización sobre as persoas con Discapacidade, que comezou en decembro para os máis pequenos, foi moi interesante e enriquecedor para todo o alumnado do centro.
Pinchade nas imaxes para acceder as fotografías das xornadas.
O 7 de abril é o Día Mundial da Saúde. Toda persoa ten dereito á protección da súa saúde e acceder a unha atención sanitaria profesional, idónea e responsable. Pero este dereito fundamental está ameazado para milleiros de persoas no mundo.
Ao longo deste trimestre coñeceremos e colaboraremos con diferentes ONGs que traballan en prol de preservar este dereito nos diferentes continentes, dentro das propostas didácticas do proxecto de centro "Sadabona".
Pero... que entendemos por SAÚDE?. O triángulo da saúde axúdamos a explicar a interación que existe entre saúde mental, física e social e que determina a nosa calidade de vida. O vídeos que tedes a continuación pode axudarvos a entender este concepto.
Se contamos cunha boa saúde física, mental e social seremos felices. E se preparamos unha riquísima receita da felicidade?
Na guía de Benestar Emocional atoparemos unha proposta para facer entre todos e todas un menú feliz.
O alumnado de 1º e 2º EP tivemos a sorte de poder participar hoxe nun obradoiro de sensibilización sobre a diversidade e discapacidade, da man de COGAMI. O obxectivo do mesmo foi:
·Proporcionar estratexias e
materiais de apoio para concienciar sobre a discapacidade.
·Contribuír a comprender e
interiorizar actitudes de convivencia.
·Proporcionar información sobre as
diferentes condicións de discapacidade, destacando as posibilidades e
capacidades de cada persoa.
·Familiarizar ao alumnado cos elementos
accesibles que facilitan a vida cotiá das persoas con algún tipo de
discapacidade.
·Facilitar materiais de apoio para sensibilizar
e modificar actitudes ante a discapacidade.
Este 2 de abril, baixo este fermoso lema, o alumnado de 1º e 2º EP achegáronse ao autismo e traballaron a diversidade coma un valor en si mesmo e a importancia de formar equipo para acadar un mundo mellor, no que cada un aporta as súas infinitas cualidades, capacidades e habilidades.
Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos estar a vivir ou ver que van en contra da convivencia e das posibles situacións de acoso escolar, para poder detectalas e frealas o antes posible.
Puxemos unha perruca laranxa para simbolizar o noso rexeitamento e compromiso de apoio a través da denuncia de posibles situacións de acoso escolar.
Os máis pequenos xogamos e reflexionamos sobre diferentes conflictos e a súa solución, a través de historias sociais. E descubrimos un novo lugar seguro do noso cole, tamén laranxa, onde poder denunciar, de xeito anónimo, situacións de acoso escolar que estamos a sufrir ou que coñecemos.
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos. Temos un Punto Laranxa "físico" e outro "virtual".
Titores e titorizados, alumnado de 3º e 5º de EP, estiveron practicando a importancia da cooperación e control do corpo para acadar un obxectivo común: representar o alfabeto a través do movemento (figuras de Acrosport). A través da actividade de cohesión proposta para este trimestre dentro do desenvolvemento do programa TEI, con creatividade e compañerismo disfrutaron e melloraron as súas competencias persoais e sociais.
Hoxe, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP participaron no programa de AFUNDACION "Todos e todas contamos", para poñer en valor a diversidade, o esforzo, empatía, aceptación do diferente e autoestima.
Arredor da conmemoración do Día da Paz do noso centro, retómase RECRE_ARTE, programa encamiñado a favorecer a inclusión de todo o alumnado no tempo de lecer. Grazas ao noso alumnado voluntario de 5º EP pola súa colaboración e, especialmente, a Daniela e Victoria que o fan xenial!.