PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 17 de febreiro de 2023

Feliz Entroido!

 Hoxe é un día de festa e diversión, celebrando o noso Entroido de Arte. Desde o Departamento de Orientación aportamos unha pinga de cor e creatrividade  desde o "noso" POP ART.




Feliz Entroido!!


domingo, 12 de febreiro de 2023

14 febreiro: Conferencia TEA alto funcionamento en A Coruña

 Por si é de interese da Comunidade Educativa, informamos da conferencia sobre TEA de alto funcionamento que organiza a Federación Autismo Galicia este martes 14 de febreiro.  Para máis información pinchade na imaxe.



martes, 7 de febreiro de 2023

7 de febreiro: Día da Internet Segura

  Manter unha comunicación fluída pode resultar determinante para que os nenos e nenas comprendan que o uso da Internet non está exento de riscos e débese utilizar seguindo unhas normas. Como adultos, deberiamos fomentar que nos alerten, pidan axuda ou consello cando teñan calquera dúbida ou atopen algunha cousa que lles resulte preocupante. 

Instruír aos menores en boas prácticas básicas para o uso da Internet é fundamental para seu uso seguro. Como elementos destacados destas boas prácticas podemos resaltar:

§  Emprego de contrasinais robustos. O uso de contrasinais difíciles de adiviñar, e a importancia de non repetilas nin compartilas, resulta un aspecto clave para protexer os nosos dispositivos e contas en liña.

§  Coñecer os riscos presentes nas redes sociais, é o primeiro paso para garantir a súa protección. Inculcar sobre a importancia da información que compartimos e como e con quen debemos interactuar, permite facer fronte a ameazas como a suplantación de identidade, grooming, ciberacoso, fraudes, discursos de odio, contidos inapropiados, etc.

§  Precaución coas redes WiFi públicas. As redes gratuítas non teñen as mesmas garantías de seguridade que as privadas. Poden facilitar accesos non desexados aos datos ou ao dispositivo. Recordar aos menores que se non teñen acceso á Internet, é mellor esperar a chegar a casa.

Acceso á Internet con equipos e aplicacións sempre actualizados. Un dispositivo actualizado está mellor protexido contra as ciberameazas.

Os programas de control parental, poden ser útiles a medida que o menor aprende a desenvolverse na Internet, regulando aspectos que deberiamos ter en conta para propiciar o seu uso seguro e responsable, permitindo, entre outros aspectos: 

§  Establecer límites no horario e tempo de uso.

§  Bloquear o acceso a contidos inapropiados.

§  Supervisar a actividade (navegación, procuras, aplicacións, redes sociais, etc.)

§  Protexer as configuracións do dispositivo e as aplicacións.


Por último, facer referencia a que na Internet existen numerosos recursos que nos axudan a favorecer un uso seguro e responsable da Internet por parte dos menores, por exemplo, na web IS4K (Internet Segura For Kids) ofrécense numerosas guías, materiais didácticos, ferramentas e outros materiais que nos poden resultar moi útiles.


Recomendacións da UAC (Unidade de Atención a Centros da Consellería)

PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR

Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos esta...