PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

martes, 31 de marzo de 2020

COMO ESTADES? II: EXPRESÁDEVOS

Para os máis maiores do cole, ou para todo aquel que de xeito voluntario lle interese, comparto unha enquisa que espero vos axude a expresar como estades e así poder saber en que vos podemos axudar.

Pinchade aquí ou na imaxe para acceder á enquisa.







Imaxe de Lourdes Otero
 Orientadora no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas (Perillo - Oleiros)

luns, 30 de marzo de 2020

COMO ESTADES? I: EXPRESÁDEO

Ola,
Como estades? Superamos xa os 15 primeiros días! Sodes uns auténticos campións e campionas!
Quen vos ía  dicir o pasado 12 de marzo, cando se anunciou que iamos a ter que quedar na casa tanto tempo que o iades facer así de ben! Tod@s @s mestres estamos orgullos@s de vós, nenos, nenas e familias.
Ao longo destes días as vosas emoción se sentimentos seguro que foron cambiando e teredes momentos bos e  momentos reguleros. É normal. O que tedes que facer e falar de como vos sentides, expresar como estades a levar esta situación e comentar aquilo que  vos preocupa. Lembrade un dos meus contos preferidos e que vos contei ao comezo de curso: A PREOCUPACIÓN DE LUCÍA.
Cando falamos das nosas preocupacións, estas fanse máis pequenas.


  


Para os máis pequerrechos da casa comparto este vídeo de "SESAME STREET para familias militares" para aprender a importancia de expresar o que sentimos, que, aínda que foi creado para familias dun contexto determinado, é moi útil nestes tempos que estamos a vivir.




Outro conto marabilloso que seguro que todos e todas coñecedes é "MONSTRUO DE COLORES". Aquí deixo esta adaptación chulísima na que o Monstro de Cores expresa os seus sentimentos por mor de ter que estar na casa.


Como nos ensina este conto: 
RELÁXATE E NON O PENSES MÁIS,
 QUE CANDO MENOS O ESPERES
COS TEUS AMIG@S PODERÁS XOGAR
E... AOS TEUS AVÓS PODERÁS BICAR. 

Para relaxarte propoño fagas a túa propia roda da calma, con todas aquelas actividades que che gustan e axudan a calmarte, para poder elexir en cada momento a que precises. Comparto un exemplo (do Programa Viaxe ao Reino das Emocións da Fundación MENIÑOS que estamos a seguir nas nosa escolas), o que teño na miña clase para poder axudarvos; pero recomendo que cada un de vós faga a súa propia. 


Se precisades algo non dubidedes en poñervos en contacto con nós. A por outra semana!

venres, 27 de marzo de 2020

UN REFUXO DE AMIZADE


A semana pasada propuxen facer unha árbore con palabras relacionadas con AMAR onde poder refuxaros si así o precisades. Pinchade aquí para ver a proposta.
Esta fin de semana propoño outra actividade relacionada con esa árbore, para realizar en familia, co obxectivo de  conectarnos cos amigos e amigas que seguro botamos en falta. 
En primeiro lugar, disfrutade desta fermosa curta. Sobre que está a falar? Que sentimentos e emocións podemos observar? Intercambiade as vosas impresións. Logo vos propoño un novo reto!






E… velaquí o novo reto!





Para completar a vosa árbore, que mellor xeito que facer unha casiña para os vosos amigos/as?. Propóñovos crear, con material reciclado (botellas de plástico, cartóns de leite, cartón, caixa de cereais ou galletas…), unha casiña por cada mellor amigo ou amiga que teñades ou botedes en falta. Podedes colocalo na vosa árbore ou nunha fiestra para que o voso amor  voe coma un paxaro e lles cheque a vosa mensaxe. Cando todo isto remate poderedes entregarlle a casiña que construistedes para telos no voso corazón.
Estas son imaxes con algúns exemplos. Comparto tamén un enlace no que se explica como se poderían realizar. Deixade voar a vosa imaxinación!




Non esquezades ler, xogar, facer algo de deporte e disfrutar da música. Comparto con vós unha das miñas cancións preferidas. Boa fin de semana amig@s!




Se precisades máis ideas para disfrutar destes fines de semana, comparto a guía elaborada pola Concejalía de Familia e Igualdad del Ayuntamiento de Tres Cantos que me parece moi interesante.

xoves, 26 de marzo de 2020

Con enerxía!


Bos días! Espero que comecedes este día con ánimo e enerxía. Lembrade que estes días non nos podemos esquecer de facer exercicio. Así que seguide a realizar as tarefas que os Mestres de Educación Física están a propoñer, tanto no cole de Sada como no CRA de Bergondo. Debemos comer san, seguir as vosas rutinas, durmir ben e non estar con pantallas pola noite para que o noso cerebro poida descansar. Realizar deporte e escoitar música.

Unha actividade que fago todos os días cos meus fillos é YOGA. Esta actividade axúdanos a respirar e relaxarnos para facer frente ao estrés que nos xenera esta situación de ter que estar na casa e a estar máis concentrados nas tarefas escolares, por iso  practico nas primeiras horas da mañá. Comparto esta imaxe e vouna mandar ao cole para poder montar ese vídeo que nos propón Andrés. Anímate a facer a túa!




Se practicamos YOGA desenvolvemos os nosos músculos, melloramos a flexibilidade das articulacións, melloramos os hábitos posturais, melloramos a respiración, circulación…pero sobre todas as cousas calmamos a nosa ansiedade, melloramos a nosa concentración e conectamos o noso corpo, mente e alma.
Nas redes hai un montón de vídeos e recursos. Eu comparto o que máis emprego.



Imaxe do Blog El Sonido de la Hierba al Crecer. 


Xogo tipo memory coas postura de YOGA




mércores, 25 de marzo de 2020

Contos para ler en familia

Para traballar a nosa intelixencia emocional, tan importante para o noso crecemento persoal, os contos son un magnífico recurso. Comparto con tod@s "CUENTOS PARA QUEDARSE EN CASA" de Eloy Moreno, onde atoparedes, os nenos e nenas a partir dos 7 anos,  un montón de fermosos contos para ler en familia e reflexionar sobre os valores que pretenden transmitir. Podedes ler un cada día!



E para os máis pequenos, e non tan pequenos, a escritora e ilustradora Olga de Dios  comparte en descarga libre algunha das súas magníficas obras, nas que sempre están presentes valores como a amizade, a solidariedade, a diversidade coma un valor. Encántanme!!!! Recomendo a lectura de toda a súa obra.
Disfrutade en famila da lectura e debuxando e coloreando os debuxos dos libros. 


Pinchar na imaxe para acceder aos contos.







martes, 24 de marzo de 2020

"Lágrimas bajo la cama"



A través deste magnífico conto de Ana Meilán e Marta Mayo, "Lágrimas bajo la cama" aprenderemos o importante que son as bágoas.
Simón recolle as bágoas e as mete en botes ata que comprende que non é unha boa idea. Propoño ver en familia este fermoso conto para valorar a importancia de expresar libremente as emocións, en concreto a través das bágoas.

Pero sabedes o que podedes facer cos botes que teñades na casa? En troques de enchelos de bágoas podedes meter mensaxes, debuxos, ideas, palabras, sentimentos para todas as persoas que votades en falta e coas que non podedes estar en contacto por ter que quedar na casa para acabar co Coronavirus.
Cando todo este termine e as volvades a ver podedes agasallalos co bote e compartir as mensaxes que hai dentro. Que vos parece? Preparade un bote por cada persoa que votades en falta e....a enchelo de mensaxes.


Ou se preferides podedes escribir unha carta ou un correo como nos propoñe o Equipo de Normalización da Lingua Galega no seu blogue O Tarabelo. E se queredes que compartamos algunha mensaxe o faremos encantadas!. Enviade as vósas cartas a 
otarabelo@sadaycontornos.es 
ou a orientacion@sadaysuscontornos


Acepto o reto!

Para estar ben e levar o mellor posible esta situación extraordinaria é fundamental facer exercicio cada día, realizar calquera actividade física. Nas tarefas que se facilitan desde as titorías  tedes un montón de propostas.
Que vos parece se compartimos o que cada un de nós estamos a facer na casa a través dunha foto ou vídeo? Así sentirémonos preto uns dos outros, a pesar de estar separados. Esta é a proposta do cole...Eu apúntome, e ti?

De forma voluntaria, cada familia mandará unha foto ou un vídeo que non supere os 10 segundos onde os alumnos/as estean xogando, facendo exercicio ou calquera actividade física (poden saír só os nenos/as ou coa familia). 
Despois os xuntaremos e faremos un vídeo que levará o título de #EnSadaysusContornosQuedamosNaCasa.
Enviar os vídeos a


luns, 23 de marzo de 2020

Canto aprendemos na casa!

El Ministerio de Educación y FP y RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar el aprendizaje de todo el alumnado durante la suspensión de clases presenciales


Pinchade na imaxe para acceder a información

Haberá unha programación especial de televisión con contidos relacionados con todas as materias , dirixida a estudiantes de 6 a 16 anos, que se emitirá polas manás en Clan TV e La 2 de TVE. Este será o horario.


Ademáis a Televisión de Galicia emitirá un bloque educativo, tamén de luns a venres, a través da súa segunda canles (G2), de 11.00 a 13.00, cunha chea de contidos complementarios sobre ciencias, historia, xeoloxía...




Para os máis pequenos, ademáis de seguir as propostas das mestras de  EI que podedes atopar no blogue Faro da Escola ,  propoño seguir as propostas do canal de Youtube maestro_encuarentena do mestre Diego.


A por outra semana!

Comezamos a semana con ánimo e ilusión! E aquí vos deixo a miña árbore, elaborada tras a lectura de AMAR (Palabras Aladas) onde me refuxiarei cada vez que o meu ánimo baixe  un pouco.




Coa axuda de todos e todas sairemos desta, Sairemos como Galegos!


Rapaces e rapazas, lembrade que a vosa axuda é fundamental, así que axudade nas tarefas da casa, cumpride coa rutina que as vosas familias consideren e sede responsables coas tarefas e aprendizaxes que as mestras e mestres marcan.

Familias e profesorado, pinchade na imaxe para acceder ás recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para afrontar con ánimo esta nova semana.



sábado, 21 de marzo de 2020

AMAR EN CUARENTENA

"Cuando nos sentimos amados,
respetados, apoyados, nos invade la certeza
de que podremos hacer realidad cualquier sueño.
Porque sabernos amados nos da alas"
Palabras Aladas


O noso desenvolvemento emocional é unha das capacidades fundamentais que farán enfrontarnos con éxito a estes tempos difíciles.
A bibliografía e recursos que facilita a  EditorialPalabras Aladas pretende desenvolver a intelixencia emocional dos rapaces e  rapazas de todas as idades, fomentar o seu pensamento crítico, ensinar a pensar e socializar en armonía para poder ser felices e acadar todos os seu soños.

Recomendo a lectura de todas as súas obras, pero tres son as miñas favoritas e as emprego constantemente cos alumnos e alumnas e cos meus fillos, xa que nos ensinan a poñer nome a todo aquilo que sentimos: EMOCIONARIO (a partir de 6 anos), EMOCIONADOS (para os máis pequenos) e AMAR.



As súas propostas sempre son fantásticas pero a que hoxe comparto con todos vós é excepcional. Palabras Aladas comparte de xeito gratuíto o seu libro AMAR e proponnos realizar na casa a nosa árbore do amor, para axudarnos a xestionar as nosas emocións nestes días difíciles. Unha idea estupenda!


 Hoxe empezo a miña árbore plantando unha semente: PACIENCIA.  Animádevos a facer a vosa árbore nas casa e a disfrutar da lectura compartida desta belísima obra.


Menudo xesto de amor! Grazas. Seguro nos vai axudar nestes tempos de coronavirus.

xoves, 19 de marzo de 2020

Esta fin de semana....xogamos na casa!


Achéganse unha fin de semana longa e podemos aproveitar para xogar en familia e deixar voar  a nosa imaxinación facendo manualidades ou ricas recetas de cociña.
Deixo unha proposta de xogos moi sinxelos de lápiz e papel recollidos na páxina de bebeamordo.com




Tamén esta proposta do xogo Tutti Frutti inclusivo ou xogo do Stop elaborado por  Diana Bericochea  con pictogramas de ARASSAC. Pinchade aquí para descargalo.

Para os máis pequenos,  un  fermoso conto para pintar 



Aproveita  para disfrutar da lectura dun bo libro. Pinchando aquí e aquí  podedes acceder a moitos contos


E para as familias e profesorado  recomendo o visionado do documental  A PALABRA XUSTA, que conta a biografía de Antía Cal (Tita).

“En él narra cómo se germinó el carácter desde bien pequeñita de una mujer que cuenta ya con 94 años: una sensibilidad diferente que le ayudó a apreciar las desigualdades entre hombres y mujeres en la España de Franco y que le dio fuerzas para arriesgarse a combatirlas desde el pilar más básico de cualquier sociedad: la educación.”





mércores, 18 de marzo de 2020

PROPOÑO UN RETO!


Ola rapaces e rapazas!

Temos moito tempo por diante e, ás veces, despois de rematar as tarefas da escola  estou un pouco aburrida. Pero creo que atopei unha solución :

PROPÓÑOVOS UN RETO!!

Irei propoñendo diferentes retos que creo que poden ser divertidos e dos que podemos aprender.
Hoxe será o primeiro de moitos. Animádesvos a participar?


Para os máis pequenos propoño participar no reto de Santiago Santana. Este reto pretende facer nos conscientes  da importancia de lavar as mans con frecuencia para evitar o contaxio.

Papá ou mamá pintarán un virus nas mans e haberá que facelo desaparecer ao longo do día, tras lavarse con frecuencia as mans. Anímate a conseguilo!

Para que vexades a importancia do xabrón e como actúa contra “o bicho” deixovos este novo reto: realizar o experimento que nos propoñen desde aulasgalegas.org e aprender como funcionan os virus.


Estas son as recomendacións que nos facilitan desde Save de Children para manter unha axeitada hixene contra o Coronavirus. Fagámoslle caso!



Para os maiores propoño participar neste reto baseado nun SCAPEHome educativo para acabar co COVID 19 (#covid19´battle).
Este é o video explicativo do xogo e o enlace para participar aquí. 
Que comece a batalla!



martes, 17 de marzo de 2020

AULAS GALEGAS. RECURSOS PARA TOD@S

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que,  ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19,  ofrecen a toda a Comunidade Educativa (familias, alumnado, profesorado)  recursos e materiais educativos en galego.
Pinchade na imaxe para descubrir este magnífico portal onde atoparedes recursos para todas as idades.
 En tempos difíciles é onde se demostran os verdadeiros valores sociais. Moitas grazas compañeir@s!

RAPACES E RAPAZAS, QUEDAMOS NA CASA

Como ben sabedes, no mundo hai un virus que se chama Coronavirus que está a enfermar a moita xente. Para frear o número de contaxios e que os médicos nos poidan curar, temos que quedar na casa.

Pinchade na imaxe para descargar o documento elaborado por Marta García Conejo e compartido a través do portal de ARASAAC
Se queredes saber máis sobre o Coronavirus pinchade aquí.

Pero non estamos de vacacións e debemos organizar o noso día para que sexa o máis enriquecedor posible. Por iso déixovos unha proposta de horario e vos animo a que fagades un personalizado. Animádevos!

1.      








luns, 16 de marzo de 2020

QUEDAMOS NA CASA



Temos por diante moitos días para estar na casa, e esta situación atípica  pode xerar moito malestar psicolóxico a toda a familia.
Aquí vos deixo as recomendacións facilitadas por COPOE (CONFEDERACIÓN DE ORGANIZACIONES DE PSICOPEDAGOGÍA Y ORIENTACIÓN DE ESPAÑA) para axudar aos vosos fillos e fillas.

Facerlles entender a situación:

·        -  Explicarlles o que pasa dicíndolles a verdade no nivel de profundidade que poden comprender pola súa idade, sen alarmismos.
·        - Para mitigar a ansiedade, hai que evitar  estar todo o día falando sobre o asunto e sobre todo non dar credibilidade ás noticias que non sexan de procedencia oficial.

Convencelos de que se teñen que quedar na casa:
·       -   Facerlles conscientes da súa corresponsabilidade: entre todos poderemos vencer ao virus.
·   - Todos xuntos estamos a facer historia. Deben de comprender que se trata dun sacrificio que terá unha recompensa da que todos nos alegraremos posto que está contribuíndo ao benestar de tod@s.
·       -  Participar das diferentes campañas que desde as redes sociais estanse a organizar, principalmente  participar cada día no aplauso compartido aos sanitarios para que se sintan que forman parte de algo colectivo e transcendente. Outras iniciativas interesantes poden ser:

    • iniciativa popular arco iris que xorde baixo o hastag #desdemiventana coa idea de  que os máis pequenos e non tan pequenos realicen un arco da vella como lema de TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras.
    • Iniciativa de COAEM baixo o hasta #musicaviral coa idea de interpretar a peza musical que se propón cada día co obxectivo de poder escoitar a alguén tocando a mesma melodía e poder conectar para non nos sentir sós.
    • Animalos a ter iniciativas solidarias.
Manterse ocupados na casa:

·        -  Manter o horario habitual e os períodos de dormir e vixilia ó máis parecido posible ós habituais.
·    - Programar actividades variadas e cambiantes para non se saturar con ningunha, sobre todo evitar a sobreexposición ás pantallas. Aplicar o sentido común: non debemos de esquecer que precisan de estar en contacto cos seus amigos e amigas e o único canal é a través da tecnoloxía.
·        -  Facer actividades físicas compartidas en familia, como bailar seguindo coreografías ou táboas de exercicios.
·       -  Actividades culturais como visitas virtuais a museos,  ver películas, teatro, documentais, escoitando tamén cales son os seus intereses.
·         Museo del Prado. Na conta de Instagram  realizan videos en directo de luns a venres de 9:50 a 10 am comentando algunha obra deste museo.
·         Galería Uffizi en Florencia
·         Museo do Vaticano en Roma
·         Museo Arqueolóxico en Atenas
·         Museo do Louvre en Paris
·         Museo Británico en Londres
·         Museo Metropolitano en Nueva York
·         National Gallery of Art en Washington
·         Festival me quedo en casa e cuarentena. Moitos artistas a través dos seus perfiles de Instagram están facendo directos duns 30 minutos.
·         Documentais de RTVE, moitos e variados.
·        - Fomentar a creatividade e aproveitar para facer actividades artísticas e inventar obxectos, xogos e actividades.
·        -  Realizar actividades de relaxación e meditación. É un bo momento para inicialos nestas prácticas diarias que teñen tantos beneficios. Existen moitos vÍdeos de meditación guiada en Internet.
·         - Lecturas de interese, sos ou en compañía.

Non perder o fío do traballo e  estudo:

·   -  Procurade manter no día a día o repaso das tarefas escolares. É bo facer un horario cos pequenos para organizar a xornada e poder realizar as tarefas que desde a web do centro están a facilitar as mestras.

En resumo, e seguindo as recomendacións da psicóloga Elena San Martín:





Benvid@s!

 " La vida es como una caja de bombones, nunca sabes lo que te va a tocar"
Forrest Gump

Creo que falo en nome de todos e todas cando digo que nunca pensamos en  estar a vivir unha   situación coma na que nos atopamos a día de hoxe como consecuencia do Coronavirus (COVID-19).
Pero a vida é así, como unha caixa de bombós, chea de sorpresas, algunhas non nos gustan, outras son deliciosas.
Debemos ver sempre o lado positivo de cada unha das experiencias da vida e...  mirade!:  unha tarefa que tiña pendente desde comezo de curso, a creación dun blogue onde compartir coa Comunidade Educativa información, orientacións, recursos ...co obxectivo de   axudar no longo camiño da educación dos nosos pequenos e pequenas, ve por fin a luz.
CON RUMBO nace coa ilusión de achegar á Comunidade Educativa dos centros do CEIP Sada y sus Contornos e CRA de Bergondo a labor do Departamento de Orientación e facilitar, con rumbo,  o desenvolvemento persoal, académico e social do noso alumnado.
Benvid@s!


PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR

Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos esta...