“Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.
venres, 26 de marzo de 2021
XANELA ABERTA Á FAMILIA
luns, 22 de marzo de 2021
Quiéreme con mi diversidad
Nesta guía didáctica elaborada por Pilar Villalba podemos atopamos unha proposta para traballar co noso alumnado a identidade e diversidade afectivo-sexual e familiar.
xoves, 18 de marzo de 2021
Termos clave a Educación Inclusiva
Down España elabora unha magnífica guía con ideas esenciais para a educación inclusiva. Recóllese un glosario de termos coas súas definicións e recursos que facilitan a súa comprensión (artigos, webs, vídeos, blogs...).
Para transformar a educación debemos ter claro de que estamos a falar cando nos referimos a que o noso obxectivo é acadar unha EDUCACIÓN INCLUSIVA.
luns, 15 de marzo de 2021
Uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos
O beneficio do uso dos recursos tecnolóxicos e internet na nosa sociedade é innegable. Pero debemos fomentar un uso seguro e saudable desde a primeira infancia.
Desde o Departamento de Orientación compartimos unha serie de guías que esperamos sexan da vosa axuda e recomendamos o visionado da charla de Rafael Guerrero difundida pola Fundación Abanca "Como impactan os dispositivos tecnolóxicos no cerebro e desenvolvemento dos nenos e nenas"
Podes pinchar tamén neste enlace para acceder.
luns, 8 de marzo de 2021
8 de marzo: Día Internacional das Mulleres
Para conmemorar este día, desde o Departamento de Orientación, queremos destacar o papel de mulleres importantes que deixaron pegada na educación. GRAZAS A TODAS!
mércores, 3 de marzo de 2021
Creación de recursos dixitais
Hoxe comparto recursos que espero axuden ao profesorado: comparto documento elaborado por Almudena Alonso-Ferreiro que recolle unha selección de ferramentas para a creación de recursos dixitais na aula de infantil e primaria.
SEMANA DO LIBRO
Para comezar esta semana que estará chea de libros, contos e diversión, que mellor xeito que facelo cun dos meus libros preferidos "EL...

-
Hoxe, 9 de decembro, seguimos a aprender sobre diversidade e discapacidade e o alumnado de 6º EP participou nunha charla virtual cos usuari...
-
Rapaces e rapazas de 6º, lembrade que hoxe temos a charla co IES Isaac Díaz Pardo. Compartiron hoxe na súa web o vídeo para facer unha visi...
-
Ás veces é complicado organizarse para facer as tarefas escolares na casa e aprender a preparar ben os exames. Na Etapa de Educación Primar...
