PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 25 de novembro de 2020

25N: RESPETA O MEU ESPAZO!

 Hoxe conmemórase o Día contra a Violencia de Xénero e a Comunidade Educativa do CEIP Sada y sus Contornos manifesta abertamente o seu rexeitamento a todo tipo de violencia en xeral, e contra a muller especialmente. 

Enténdese por violencia de xénero "calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada."

Recentemente a Consellería publicou a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo que podedes consultar pinchando na imaxe. 


No centro, ao longo de todo o mes e baixo o lema "RESPETA O MEU ESPAZO" traballáronse os valores de igualdade, liberdade e respeto para a prevención de condutas machistas, a través dos recursos facilitados desde a biblioteca escolar, e os sentimentos que nos provocan as accións relacionadas coa violencia de xénero.

De negro, de violeta, hoxe queremos, máis que nunca,  voar libremente e manifestar a nosa condena contra a violencia de xénero.





mércores, 18 de novembro de 2020

Técnicas de estudo

 Ás veces é complicado organizarse para facer as tarefas escolares na casa e aprender a preparar ben os exames. Na Etapa de Educación Primaria débense establecer as bases para un estudo autónomo e eficaz, e aprender a estudar será un proceso sinxelo se contamos coa axuda e supervisión do adulto (familia e/ou mestre). 

Comparto nesta entrada unha serie de pautas que espero sexan da vosa axuda. Pinchade na imaxe para acceder.


Para os máis maiores, contades con esta presentación chea de boas ideas e recursos elaborado por Noemí Sánchez Delgado para alumnado de Educación Secundaria pero con propostas que se poden aplicar, de xeito máis sinxelo en Primaria.

Se tedes algunha dúbida ou precisades axuda en algo acudide ao Departamento de Orientación.

luns, 16 de novembro de 2020

Blogs do profesorado de apoio

 Comezamos a semana lembrando ás familias que contades  cun montón de recursos e actividades para facer cos vosos fillos e fillas nos blogs do Departamento de Orientación que podedes atopar no lateral deste blog e pinchando nos seguintes enlaces. 

 - Blog da mestra de Pedagoxía Terapéutica (Oliva e Mati)

- Blog da mestra de Audición e Linguaxe (María). 

- Blog da mestra de Audición e Linguaxe do CRA de Bergondo ( Dolores).


Gustaríanos informar ás familias de alumnado que está a recibir apoio por parte das mestras de AL e/ou PT cal vai ser o procedemento en caso de ter que permanecer na casa por mor da COVID -19:si se dese o caso de ter que permanecer na casa,  os nenos e nenas que están a recibir apoio por parte  das mestras de apoio continuarán co mesmo a través das tarefas que se vos farán chegar a través do correo electrónico e os blogs e establecerase algunha sesión virtual en coordinación coa titora e o horario establecido para o grupo-aula. Estaremos en contacto a través dos correos electrónicos: 

* pt@sadaycontornos.es

* al@sadaycontornos.es

* orientacion@sadaycontornos.es







luns, 9 de novembro de 2020

Uso básico das TIC

 Na web de Aulas Galegas podedes atopar unhas infografías moi prácticas sobre algúns dos usos máis comúns que facemos das TIC. Se pinchades neste enlace podedes acceder a toda a información.

Pinchando en cada imaxe accederedes a cada unha das informacións.







martes, 3 de novembro de 2020

Programa TEI

 Para aclarar a toda a Comunidade Educativa en que consiste o Programa TEI que se está a desenvolver no noso centro, comparto un díptico informativo e a  presentación coa información para as familias dos alumnos/as de 3º EP. 

Pinchade na imaxe para acceder.


Ante calquera dúbida, acudide ao Departamento de Orientación.


PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR

Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos esta...