PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 15 de maio de 2024

15 de maio: Día Internacional das Familias.

 A diversidade é un  valor en si mesmo e a diversidade familiar é unha realidade enriquecedora para a nosa sociedade. Hoxe, día internacional das Familias queremos por en valor esa diversidade, da man da  Comisión de Educación da Asociación de Madres Solteras por Elección que comparte unha serie de recursos para a reflexión e o debate e poder seguir a traballar co alumnado valores como o respeto á diversidade, a tolerancia e a convivencia.

Aquí tedes un vídeo para os máis pequenos

Este vídeo é para os máis maiores. 

xoves, 2 de maio de 2024

2 de maio: Día Contra o Acoso Escolar

 Ao longo do curso son moitas as actividades que estamos a desenvolver para aprender a convivir e respostar activamente contra o Acoso Escolar. 

Hoxe é un día importante porque conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar e recordaremos nas titorías a importancia de seguir a traballar todos XUNT@S contra todo tipo de violencia entre iguais. 


15 de maio: Día Internacional das Familias.

  A diversidade é un  valor en si mesmo e a diversidade familiar é unha realidade enriquecedora para a nosa sociedade. Hoxe, día internacion...