mércores, 15 de marzo de 2023
Por un mundo inclusivo a través do deporte!
mércores, 8 de marzo de 2023
8M: Día da Muller
Fai unhas semanas, o alumnado de 5º EP, dentro das actividades de titoría que se levan a cabo desde o Programa TEI, estiveron a traballar coa actividade "Depende de los 2".
Hoxe, con motivo da conmemoración do 8M, representaron para todo o centro un baile coa canción traballada. Pinchade na imaxe para ver o vídeo.
venres, 17 de febreiro de 2023
Feliz Entroido!
Hoxe é un día de festa e diversión, celebrando o noso Entroido de Arte. Desde o Departamento de Orientación aportamos unha pinga de cor e creatrividade desde o "noso" POP ART.
domingo, 12 de febreiro de 2023
14 febreiro: Conferencia TEA alto funcionamento en A Coruña
Por si é de interese da Comunidade Educativa, informamos da conferencia sobre TEA de alto funcionamento que organiza a Federación Autismo Galicia este martes 14 de febreiro. Para máis información pinchade na imaxe.
martes, 7 de febreiro de 2023
7 de febreiro: Día da Internet Segura
Manter unha comunicación fluída pode resultar determinante para que os nenos e nenas comprendan que o uso da Internet non está exento de riscos e débese utilizar seguindo unhas normas. Como adultos, deberiamos fomentar que nos alerten, pidan axuda ou consello cando teñan calquera dúbida ou atopen algunha cousa que lles resulte preocupante.
Instruír aos menores en boas
prácticas básicas para o uso da Internet é fundamental para seu uso seguro. Como elementos destacados destas
boas prácticas podemos resaltar:
§ Emprego de contrasinais robustos. O uso de contrasinais difíciles de
adiviñar, e a importancia de non repetilas nin compartilas, resulta un
aspecto clave para protexer os nosos dispositivos e contas en liña.
§ Coñecer os riscos presentes nas redes sociais, é o
primeiro paso para garantir a súa protección. Inculcar sobre a importancia da información que
compartimos e como e con quen debemos interactuar, permite facer fronte a
ameazas como a suplantación de identidade, grooming, ciberacoso,
fraudes, discursos de odio, contidos inapropiados, etc.
§ Precaución coas redes WiFi públicas. As redes gratuítas non teñen as mesmas garantías
de seguridade que as privadas. Poden facilitar accesos non desexados aos datos
ou ao dispositivo. Recordar aos menores que se non teñen acceso á Internet, é
mellor esperar a chegar a casa.
Os programas de control parental, poden ser útiles a medida que o menor aprende a
desenvolverse na Internet, regulando aspectos que deberiamos ter en conta para
propiciar o seu uso seguro e responsable, permitindo, entre outros
aspectos:
§ Establecer límites no horario e tempo de uso.
§ Bloquear o acceso a contidos inapropiados.
§ Supervisar a actividade (navegación, procuras, aplicacións, redes sociais, etc.)
§ Protexer as configuracións do dispositivo e as aplicacións.
Por último, facer referencia a que na Internet existen numerosos recursos que nos axudan a favorecer un uso seguro e responsable da Internet por parte dos menores, por exemplo, na web IS4K (Internet Segura For Kids) ofrécense numerosas guías, materiais didácticos, ferramentas e outros materiais que nos poden resultar moi útiles.
Recomendacións da UAC (Unidade de Atención a Centros da Consellería)
luns, 30 de xaneiro de 2023
TALLANDO PAZ, CONSTRUÍNDO CONVIVENCIA
Unha das actividades realizadas o día de hoxe para a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a PAZ foi tallar unha pomba coma a de Picasso.
O alumnado titor de 5º EP e o seu titorizado de 3º EP, tallaron xunt@s fermosas pombas e afianzaron un pouco máis o seu vínculo de axuda e amizade, partindo dos valores que a POMBA da PAZ simboliza.
Pinchnado aquí podedes ver imaxes da actividade de cohesión realizad dentro do programa TEI.
domingo, 29 de xaneiro de 2023
mércores, 25 de xaneiro de 2023
Plan Director de Convivencia: novas tecnoloxías
Un ano máis, o alumnado de 5º e 6º EP participaron na charla informativa ofrecida polo especialista en convivencia da Garda Civil sobre o axeitado uso das novas tecnoloxías.
luns, 9 de xaneiro de 2023
Feliz 2023 e regreso ás aulas!
Por un mundo inclusivo a través do deporte!
Un dos nosos principios pedagóxicos do noso proxecto educativo é entender a diversidade coma un valor en si mesmo e moitas das actividades...
-
Desde o 19 de maio e ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para solicitar a beca para alumnado con neae. Poderán solicitar as axud...
-
Achégase a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade e ao longo destes días imos traballar que é iso da discapacidad...