PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 25 de febreiro de 2021

Benestar emocional e autocoidado

 A crise sanitaria está a pesar moito no noso benestar emocional, tanto de grandes coma de pequenos/as. Por iso é importante estar moi atentos ao noso estado de ánimo e ao dos que nos rodean para procurar, o antes posible,  un axeitado benestar emocional.

A Xunta de Galicia publicou o pasado 17 de febreiro unha serie de propostas e actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia. Para acceder ao documento pinchade na imaxe. 


Ademáis o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creou un Espazo de Coidado onde se recollerán propostas encamiñadas ao autocoidado (pinchade aquí para acceder ao tríptico informativo).

Destacar, entre as súas propostas, o documento "Viaxe para exploradores e exploradoras mindful" para levar á práctica co alumnado a partir dos 4 anos e inicialos na práctica minfulness, tan beneficiosa para o noso benestar emocional. 


COIDÉMOLOS, COIDÉMONOS



luns, 22 de febreiro de 2021

CREO EN TI

 Hoxe gustaríame compartir coa Comunidade Educativa unha recomendación lectora: CREO EN TI.



A autora de "De mayor quiero ser...feliz", Anna Morató, aborda nesta obra seis contos para axudar aos nenos e nenas a tomar boas decisións e facilita as ferramentas para acadalas. 

A súa lectura compartida co noso alumnado ou fillos/as facilitará a reflexión sobre aspectos tan relevantes como a perseverancia, a paciencia, o manexo do enfado, o pensar por un mesmo, o aburrimento e o valor das cousas realmente importantes; proporciona recursos para afrontar e resolver as diferentes situacións coas que se atoparán ao longo da vida.

Ademáis atoparedes catro cartas escritas polos pais e nais das personaxes dos contos que inclúen mensaxes fundamentais para o axeitado desenvolvemento dos nenos e nenas: "Creo en ti, creo en mi", "Siempre puedes contar conmigo", "Perdóname, mi amor", "Te quiero tal como eres".

Comparto algúns dos contos que podemos atopar na rede pero recomendo a súa lectura compartida.


xoves, 11 de febreiro de 2021

Xoves de emoción: sexamos xardiñeir@s!

 Tod@s temos no noso interior unha planta que debemos coidar para que sexa forte e frondosa. A través do  fermosísimo conto de Alicia González Ramírez, "El Jardín de Violeta", podemos ensinar aos nenos e nenas, grandes e pequenos, a importancia de coidar o noso benestar emocional e como facelo. 

Desde o Departamento de Orientación recomendamos este libro sobre o autocoidado e autoestima,  para profesorado e familias.


                        

luns, 8 de febreiro de 2021

Tempo de Entroido!

 É tempo de alegría, de risas, de festa! Porque xa está aquí o Entroido e, a pesar das circunstancias, disfrutaremos todos e todas xuntas e aprenderemos, ao longo desta semana, máis sobre esta festa tradicional que tanto nos gusta. 



xoves, 4 de febreiro de 2021

Xoves de emoción!

 Voltamos hoxe xoves a traballar unha das emocións máis difíciles, a dor que sentimos ante a perda dun ser querido. Comparto este magnífico conto "Duele" publicado por UNICEF que espero axude a pequenos e non tan pequenos a percorrer o camiño do duelo.



luns, 1 de febreiro de 2021

Protección de datos

Hoxe, 28 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Protección de Datos, data proclamada en 2006 polo Consello de Europa co obxectivo de informar e concienciar sobre os dereitos e obrigacións en materia de protección de datos.

No ámbito europeo, a norma que garante a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes é o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), plenamente aplicable desde o 25 de maio de 2018.  Pola súa banda, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) adapta a lexislación española ao devandito Regulamento europeo.


Nos centros educativos en xeral, e nos Departamentos de Orientación en particular, manexamos datos persoais que requiren de especial tratamento pola súa confidencialidade. Comparto dúas guías que axudan a entender as nosas obrigas e dereitos en materia de protección de datos. 






PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR

Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos esta...