PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 28 de outubro de 2021

Tempo de medo!

 Xa está aquí o Samaín, tempo de medo emocionante!

Comparto esta divertida canción de Uxía Lambona e a Banda Molona adaptada a pictogramas para disfrutar tod@s desta terrorífoca festa. 


                              

E para seguir a superar os nosos medos, comparto novamente recursos que espero sexan da vósas axuda.


luns, 18 de outubro de 2021

Amizade

 Esta semana comeza o desenvolvemento do programa TEI en todo o centro. Este curso traballarase xa desde 1º EP, 3º e 5º serán titorizados e titores e 4º e 6º EP continuarán coa súa formación para aprender a convivir e eliminar o Acoso Escolar.

 Este ano temos como obxectivo aprender a ser RESPONSABLES...

- coas APRENDIZAXES

-co COMERCIO e CONSUMO

-co coidado do PLANETA e...

-coa CONVIVENCIA


Que vos parece se empezamos por aprender que é iso da amizade?. Pinchade na imaxe.




mércores, 13 de outubro de 2021

Consellos para este curso

 Pinchade na imaxe para acceder á presentación realizada pola Orientadora para explicar as súas  funcións e  os seus primeiros consellos para este curso.  



3 de Decembro: Día das persoas con Discapacidade

 Un ano máis, ao longo do mes de decembro imos traballar co alumnado o concepto de DIVERSIDADE, DISCAPACIDADE/ CAPACIDADES DIVERSAS e INCLUS...