PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 31 de marzo de 2023

 Ao longo deste trimestre tocou aprender sobre escultura e amosamos a nosa gran creatividade con fermosas obras. Pero tamén empregamos a escultura como recurso para aprender a convivir e traballar en equipo. 

Hoxe toca compartir o gran traballo realizado por Gabriela, Julia e Lola e, sobre todo, a súa aprendizaxe. Pinchade na imaxe para acceder ao traballo. 









mércores, 29 de marzo de 2023

Aprendendo a convivir

 Continuamos a aprender a convivir. Estes días estamos traballando a tope en equipo. Tod@s están a rematar as súas obras de arte para transformar, unha vez máis, o noso centro nun fermoso museo cheo de esculturas. 

 Aprendemos a construir xunt@s unha escola mellor, na que todas e todos nos axudamos e respetamos. 

Desde o programa TEI puxemos o  noso gran de area a través da actividade de cohesión de ACROSPORT: o alumnado de 5º e 3º (titores e titorizados) realizamos "esculturas" cos nosos corpos.





      



Aproveitamos tamén para poñer en común a nosa opinión sobre o programa TEI e valorar aspectos a mellorar.


Estas actividades foron  completadas coa formación por parte de Iván sobre Acoso Escolar, dentro do Plan Director de Convivencia, desenvolvida o mércores 22 co alumnado de 5º e 6º EP.



O vindeiro trimestre continuaremos coa construción dunha escola na que o respeto e axuda son os nosos piares fundamentais.  






venres, 24 de marzo de 2023

Parabéns a toda a Comunidade Educativa!

 


ORGULLO

Orgullo é unha valoración moi alta de algo, dun ser querido ou dun mesmo.

Sinto orgullo da nosa escola, do seu alumnado, mestres e familias. Satisfación polo esforzo e o traballo realizado e por contribuir a avanzar cara unha sociedade máis xusta e respetuosa, solidaria e sostible. 

PARABÉNS!!




mércores, 15 de marzo de 2023

Por un mundo inclusivo a través do deporte!

 


Un dos nosos principios pedagóxicos do noso proxecto educativo é entender a diversidade coma un valor en si mesmo e moitas das actividades que organizamos para o noso alumnado teñen como obxectivo poñer e valor a diversidade funcional.

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de escoitar a experiencia de Ángel e Daniel como membros de ENKI e a de outros deportistas con discapacidade como eles.

No mes de abril...continuará.

mércores, 8 de marzo de 2023

8M: Día da Muller

 Fai unhas semanas, o alumnado de 5º EP, dentro das actividades de titoría que se levan a cabo desde o Programa TEI, estiveron a traballar coa actividade "Depende de los 2". 

Hoxe, con motivo da conmemoración do 8M, representaron para todo o centro un baile coa canción traballada. Pinchade na imaxe para ver o vídeo. 



Aprendendo a convivir en igualdade!


Un novo curso comeza!

 Un novo curso comeza, con ilusión e moitas gañas de compartir aprendizaxes e vivenzas.  O Señor Potato e os seus novos amigos están a visit...