PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

luns, 19 de decembro de 2022

Xoguetes para aprender

 O Nadal xa está aquí e é tempo de disfrutar da familia, das amizades, de compartir e de disfrutar do tempo de ocio. É tempo de xogo e recibir algún agasallo que nos deixa Papá Noel e/ou os Reis Magos. 

Papá Noel e os Reis Magos saben, como Marian Moreno (experta en coeducación), que unha infancia que xoga e aprende en igualdade, será unha poboación adulta democrática, pacífica e feliz. Por iso os xoguetes e os xogos deben estar alonxados de estereotipos sexistas. 

Para poder elexir un bo xoguete sen esteriotipos sexistas para este Nadal compartimos esta guía realizada polo Ministerio de Consumo.


Pinchade na imaxe para acceder


venres, 9 de decembro de 2022

Carreira ENKI

 Este ano levamos a carreira ENKI ao noso centro  o día 2 de decembro.  Disfrutamos  dunha carreira lúdica, non competitiva, co obxectivo de visualizar ás persoas con diversidade funcional, sensibilizar e fomentar o respeto desde unha educación na diversidade.

Axudámonos uns aos outros e disfrutamos dunha carreira de obstáculos adaptados e...."voamos por un mundo imperfecto"


mércores, 7 de decembro de 2022

Recursos para atención á diversidade

 Desde a Federación  Down Galicia facilitan información, recursos e materias para atender á diversidade das aulas.  Para acceder pinchade na imaxe.

Desde o DO recomendamos os materiais relacionados co Diseño Universal de Aprendizaxe, para favorecer o acceso a todo o alumnado ás aprendizaxes e materiais. Pinchade aquí para acceder

PUNTO LARANXA: ROMPAMOS CO ACOSO ESCOLAR

Esta semana Lucía e o Señor Potato pasaron polas clases para lembrar a importancia de falar e comunicar todas as situacións que podemos esta...