PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

martes, 21 de decembro de 2021

FELICES FESTAS!!

Queridas familias, alumnado e compañeiros/as, 

As mestras de apoio e Departamento de Orientación queremos desexarvos unhas Felices Festas!. Desexamos  disfrutedes  do tempo de Nadal e que o 2022 sexa un ano de saúde e doces aprendizaxes para toda a Comunidade Educativa. 

Un agarimoso achuchón, 

  OLI, MONSE, PAMELA, DOLORES,  FLOR, IOVANNA, SARA E  LUCÍA



 


mércores, 15 de decembro de 2021

UN XOGUETE RESPONSABLE

 Achégase o Nadal e con el o tempo de agasallos, pero non debemos esquecer a importancia de educar nun consumo responsable. Os nenos e nenas non deben recibir unha chea de xoguetes!. 

Xogar significa compartir, crear, emoción, liberdade, relacións interpersoais, habilidades motoras e disfrutar; non sempre é preciso un xoguete para esto e non todos os xoguetes teñen estas habilidades. 

Á hora de elexir un xoguete educativo debemos ter en conta que este fomente a participación activa do neno ou nena; que estimule a creatividade, imaxinación, cooperación... Debemos elexir produtos que non estean fabricados con materiais nocivos para a saúde ou medio ambiente e que cumpran cos controis de calidade (selo da CE). 

Debemos mercar no comercio de proximidade, evitando xoguetes bélicos ou que reproduzan estereotipos de xénero. Envolver os regalos con papel que poida ser reciclado posteriormente.

Familias, lembrade que compartir tempo de xogo cos nenos/as é o mellor xeito de fortalecer os vínculos afectivos e educativos cos vosos fillos/as.

Ilustramos estas recomendacións cunha serie de recursos que esperamos sexan da vosa axuda:

- Conto "Lo Compro" que nos amosa cal pode ser ese "xoguete" para facernos feliz.

                                                          

- Vídeos para reflexionar sobre o xénero dos xoguetes.




- Boletíns informativos para descargar.






Lembrade que os xoguetes teñen moitos usos e debemos ensinar aos nenos e nenas a doar, sempre que estean en bo estado. Pinchade aquí para atopar onde o podedes facer.





luns, 13 de decembro de 2021

Somos moi capaces!!

 Despois da reflexión sobre a  dis-capacidade  chegamos a conclusión das CAPACIDADES DIVERSAS  que tod@s temos. Mirade, mirade....



Sodes un MONSTRUOS aprendendo a convivir, aprendendo a valorar e respetar!!

venres, 3 de decembro de 2021

3 de Decembro: Día das persoas con Discapacidade

 Un ano máis, ao longo do mes de decembro imos traballar co alumnado o concepto de DIVERSIDADE, DISCAPACIDADE/ CAPACIDADES DIVERSAS e INCLUSIÓN. 

Este ano farémolo a partir do conto "MONSTRUO ROSA" de Olga de Dios e enlazarase co proxecto de centro a través da visibilidade e papel activo que deben ter as persoas con CAPACIDADES DIVERSAS no desenvolvemento sostible e consumo responsable.


Aprenderemos a descubrir as nosas capacidades da man das personaxes do contos.


E aprenderemos o CAPACES que son os usuarios de ASPACE e ASPERGA.

Aqui podedes atopar unha chea de recursos que esperamos sexan da vosa utilidade.

luns, 29 de novembro de 2021

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA, dentro das iniciativas de apoio sociofamiliar, está a desenvolver o   PROXECTO CoidamosTEA, que pretende reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio: Informativa e Orientativa.


Pinchando na imaxe podedes descargar a guía para as familias que reciben o diagnóstico TEA. E aquí podedes atopar unha recopilación de vídeos que poden axudarvos no día a día. 


domingo, 28 de novembro de 2021

Diveresidade familiar

 Dende a Confederación ANPAS GALEGAS comparten a  "Guía da diversidade familiar", un traballo que se enmarca no programa contra a violencia de xénero e no que participa o finanzamento da Secretaría Xeral da Igualdade.

Pinchade na imaxe para acceder a ela.




xoves, 25 de novembro de 2021

25 N: educando contra a Violencia de Xénero

 A educación é o camiño para erradicar a violencia que se exerce cara as mulleres. Debemos educar para fomentar cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que permitan unha convivencia positiva, con xustiza social, equidade e igualdade. 

Este ano baixo o lema "Darlle a volta está nas nosas mans" , tendo como referente visual o polbo, reflexionaremos sobre a violencia de xénero e como darlle a volta, representando oito xeitos de amar coas mans nas patas do polbo.

 





Comparto novamente recursos para traballar ao longo de todo o ano co noso alumnado. 




sábado, 20 de novembro de 2021

Dereito a educación INCLUSIVA

O 20 de novembro conmemórase que no 1959 a Asamblea Xeral da ONU aproba a Declaración dos Dereitos da Infancia, Desde entón, cada 20 de novembro recordamos a importancia dos dereitos á educación, saúde e protección coa que contan TOD@S os NEN@S.


Desde o Departamento de Orientación traballamos en prol dun destes dereitos, o dereito á educación INCLUSIVA e esforzámonos por garantir este dereito, sabendo que debemos buscar constantemente estratexias que melloren a nosa resposta educativa a todo o alumnado. Debemos lembrar que somos nós, a escola, quen se debe adaptar ao alumnado, non ao revés. Para ilustralo, un dos meus contos preferidos que seguro coñecedes pero que debemos ler con frecuencia. 



                          

xoves, 18 de novembro de 2021

Educación emocional en EI

 Desde o Departamento de Orientación levamos a cabo, un ano máis, unha intervención directa cos diferentes grupos- aula de Educación Infantil. Esta cumpre unha dobre  finalidade: por unha parte, observar, coñecer  e facer un seguimento a través das diferentes actividades plantexadas ao alumnado do seu desenvolvemento persoal, académico e social, así como detectar posibles dificultades de xeito temperá para poder intervir o antes posible; por outra banda, contribuír ao desenvolvemento da intelixencia emocional e fomento do gusta pola lectura de xeito temperá.

As actividades parten da lectura dun conto. Estas son as lecturas levadas a cabo no que vai de curso. 




E algunhas das actividades realizadas co alumnado de 6º EI (que comezaron o seu primeiro emocionario) e con 4º EI (que xa non teñen medo ao lobo, porque agora é vexetadiano)




venres, 12 de novembro de 2021

Por fin nos coñecemos!

 Este venres os alumnos de 3º tiveron a sorte de coñecer ao seu titor de 5º EP dentro do programa TEI. 

Emprenden agora xunt@s un camiño de aprendizaxe:  a convivir!. 

Os alumnos de 3º, contactarán a través  do correo electrónico co seu titor/a,  cada vez que precisen axuda. Os maiores aprenderán a escoitar e buscar solucións ás problemáticas plantexadas polo seu titorizado, mellorando as súas habilidades sociais. 

As mestras titoras e a orientadora do centro estaremos axudando no proceso, no que eles e elas son os protagonistas. 


xoves, 28 de outubro de 2021

Tempo de medo!

 Xa está aquí o Samaín, tempo de medo emocionante!

Comparto esta divertida canción de Uxía Lambona e a Banda Molona adaptada a pictogramas para disfrutar tod@s desta terrorífoca festa. 


                              

E para seguir a superar os nosos medos, comparto novamente recursos que espero sexan da vósas axuda.


luns, 18 de outubro de 2021

Amizade

 Esta semana comeza o desenvolvemento do programa TEI en todo o centro. Este curso traballarase xa desde 1º EP, 3º e 5º serán titorizados e titores e 4º e 6º EP continuarán coa súa formación para aprender a convivir e eliminar o Acoso Escolar.

 Este ano temos como obxectivo aprender a ser RESPONSABLES...

- coas APRENDIZAXES

-co COMERCIO e CONSUMO

-co coidado do PLANETA e...

-coa CONVIVENCIA


Que vos parece se empezamos por aprender que é iso da amizade?. Pinchade na imaxe.




mércores, 13 de outubro de 2021

Consellos para este curso

 Pinchade na imaxe para acceder á presentación realizada pola Orientadora para explicar as súas  funcións e  os seus primeiros consellos para este curso.  



martes, 28 de setembro de 2021

Orientadora???

 Esta semana a Orientadora do cole está a pasar polas aulas para axudarnos a entender en que consiste o seu traballo e facer alguha recomendación para poder disfrutar deste curso: debemos coidar a nosa "patata" interior e ser responsables coas aprendizaxes, a convivencia, o coidado do planeta e o consumo responsable.






xoves, 2 de setembro de 2021

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2021-2022

 

Ditas becas  ofrecen distintos importes como axuda para ensinanza, transporte, comedor, residencia, libros, material didáctico e reeducación pedagóxica ou da linguaxe, de alumnos/as con necesidades derivadas de discapacidade ou trastornos de conduta, ou para programas dirixidos a alumnado con altas capacidades intelectuais.

No BOE nº 183 do 2 de agosto de 2021 convócanse as seguintes axudas (pinchar aquí para acceder a texto completo):

 

-          Axudas directas para os alumnos incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade,   trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA.

-         Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade,   trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (Trastorno del espectro autista), pertencentes a familias numerosas, no incluídos no parágrafo anterior.

-        Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o  30 de setembro de 2021, que deberá cumprimentarse mediante formulario accesible no seguinte enlace.


Para acceder a información completa pinchar na imaxe

Lurdes Otero elaborou este magnífico resumo.


mércores, 1 de setembro de 2021

Benvid@s ao novo curso 2021-2022!

 Ola a todos e todas!!

Xa pasaron as vacacións e voltamos á escola con moita ilusión e gañas de veros e compartir convosco experiencias, soños  e aprendizaxes. Seguro que este curso vai ser moi divertido e, aínda que as medidas contra a Covid-19 teñen que seguir, seguro disfrutamos moitísimo. 

Unha aperta moi grande e, axiña,  tod@s xunt@s a polos nosos soños!!



martes, 22 de xuño de 2021

Felices vacacións!!

 Foi un ano complicado, cheo de medos e incertezas pero no que, unha vez máis, os nosos pequenos e pequenas demostraron ser os máis GRANDES!. Noraboa polo voso esforzo, actitude e  responsabilidade. Agora toca descansar e disfrutar das merecidas vacacións.

Apertas e bicos para tod@s!



mércores, 16 de xuño de 2021

Seguridade en Internet e Redes Sociais

 Hoxe completamos a formación iniciada coas familias co alumnado e 5º e 6º EP sobre a seguridade en Internet e as redes sociais ofertadas pola Garda Civil dentro do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos.




Cada vez vense máis necesarias este tipo de charlas e formación polo que o vindeiro curso retomaremos as mesmas.

martes, 8 de xuño de 2021

Xa somos maiores: imos á ESO!

 O remate do curso xa está aquí e con el o cansancio polo esforzo e o  traballo realizado e, ao alumnado de 6º EP,  sumánselle  os nervios polo importante cambio que supón o paso ao Instituto; unha nova etapa chea de retos, aprendizaxes, descubrimentos e emocións.

Para facilitar este tránsito e calmar as posibles inquedanzas, os Departamentos de Orientación e Equipos Directivos do Instituto ao que estamos adscritos (IES Isaac Díaz Pardo) e o noso centro coordinamos actividades informativas que poidan axudar ao alumnado e as familias. No noso centro realizaremos unha charla nas titorías e faremos unha videoconferencia co IES o mércores día 9, ás 19:00h. para coñecer un pouco máis o instituto, como está organizado e aclarar todas as nosas dúbidas.

Boa viaxe e lembrade que sempre estaredes nos nosos corazóns!

Para acceder a un resumo do falado na reunión pinchade aquí.


xoves, 27 de maio de 2021

Seguridade en Internet e Redes Sociais

 Onte pola tarde a Comunidade Educativa do CEIP Sada y sus Contornos puidemos disfrutar  da charla,  facilitada polo representante da Garda Civil,  sobre seguridade en Internet e Redes Sociais. 

Esta charla, dirixida ás familias, forma parte dunha formación que se complementará co alumnado, dentro do marco do Plan Director para la Convivencia y Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos.

Desde o Departamento de Orientación agradecemos a súa colaboración e a participación ás familias. 

mércores, 12 de maio de 2021

17 de maio: Día das Letras Galegas.

 Maio, fermoso mes, cargado de  flores e  letras. Comparto este sinxelo pero profundo poema de Xela Arias (un dos meus preferidos e que,  si ben reflexa a súa vivenza como nai, o seu sentido poderíase aplicar tamén como reflexión sobre o noso papel como mestras), a homenaxeada deste ano 2021 polo Día das Letras Galegas, extraído da súa obra "Darío a diario". 

Busco o modo de te acompañar sen estorbo

que sexas ó meu carón feliz e creador

de ti, 

de ti e mailo mundo que apañes.




No blog de O TARABELO tedes un montón de información sobre Xela Arias
A disfrutar das Letras, a disfrutar da nosa lingua!!

xoves, 29 de abril de 2021

2 de maio: Día contra o Acoso Escolar

 O traballo para favorecer a convivencia escolar debe ser continuado e prioritario. Debe comezar desde o inicio da escolarización dos nenos e nenas, a través do fomento das habilidades sociais, valores como a empatía e educación emocional. 

Pero todavía compre  facer visible unha problemática que, de darse, provoca moito sufrimento no alumnado e que entre tod@s debemos traballar para que desapareza: o Acoso Escolar.  Por iso, cada 2 de maio, conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. 

Compartimos con toda a Comunidade Educativa o traballo realizado este curso: información, formación e como producto final un fermoso vídeo realizado polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, dentro do Programa TEI,  para tod@s. 


venres, 23 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO: CAL É O TEU LIBRO PREFERIDO?

 Con motivo da conmemoración do Día do Libro, andamos todos e todas a recomendar as nosas lecturas preferidas. Estas son as miñas recomendacións...

Para Educación Infantil, para ler en familia, "ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO" do escritor británico Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram. 

Recomendo este libro porque con el puiden expresarlle aos meus fillos un millón de noites canto os quería. Fermosísima historia e ilustracións; ademáis se pode atopar en diferentes formatos.



Para Educación Primaria, un dos meus libros preferidos é o EMOCIONARIO de Cristina Núñez Pereira y Rafael Romero Valcárcel

Recomendo este libro porque permite identificar e expresar o que sentimos, entender que é iso das emocións, con sinxelas palabras e fermosas ilustracións. Axuda moito no desenvolvemento da nosa intelixencia emocional.


A disfrutar da lectura!!

luns, 19 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

 Para comezar esta semana que estará chea de libros, contos e diversión, que mellor xeito que facelo cun dos meus libros preferidos "EL INCREIBLE NIÑO COME LIBROS".  Esta divertida historia de Oliver Jeffers nos ensina o poder da lectura. Non deixedes nunca de "devorar libros". A disfrutar e feliz semana lectora!



venres, 2 de abril de 2021

2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Hoxe conmemórase o Día Mundial de Concienciación do Autismo, que pretende por en valorar as capacidades das persoas con Trastorno de Espectro Autista e procurar unha mellora de calidade da súa vida, para que esta sexa plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Desde o noso centro unímonos á campaña da Federación Autismo Galicia " Podo APRENDER. Podo TRABALLAR"

Pinchade na imaxe para acceder á campaña

Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020-2021 pon o foco na educación e o emprego, dous ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.
As persoas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.




Comparto este vídeo que recollle as mellores páxinas web  para as familias e profesionais que traballan con alumnado TEA que seguro axudarán a coñecer mellor este trastorno.

E para  os nenos e nenas, a adaptación ao conto "¿Quieres conocerme?. Autismo" que ainda que xa ten uns anos, espero disfrutedes e aproveitedes para aprender.


venres, 26 de marzo de 2021

XANELA ABERTA Á FAMILIA

 “Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.






Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos.



luns, 22 de marzo de 2021

Quiéreme con mi diversidad

 Nesta guía didáctica elaborada por Pilar Villalba podemos atopamos unha proposta para traballar co noso alumnado a identidade e diversidade afectivo-sexual e familiar. 

Pinchade aquí para acceder.





xoves, 18 de marzo de 2021

Termos clave a Educación Inclusiva

 Down España elabora unha magnífica guía con ideas esenciais para a educación inclusiva. Recóllese un glosario de termos coas súas definicións e recursos que facilitan a súa comprensión (artigos, webs, vídeos, blogs...).



Pinchade aquí para acceder.


Para transformar a educación debemos ter claro de que estamos a falar cando nos referimos a que o noso obxectivo é acadar unha EDUCACIÓN INCLUSIVA.



luns, 15 de marzo de 2021

Uso responsable dos dispositivos tecnolóxicos

 O beneficio do uso dos recursos tecnolóxicos e internet na nosa sociedade é innegable. Pero debemos fomentar un uso seguro e saudable desde a primeira infancia. 

Desde o Departamento de Orientación compartimos unha serie de guías que esperamos sexan da vosa axuda e recomendamos o visionado  da charla de Rafael Guerrero difundida pola Fundación Abanca "Como impactan os dispositivos tecnolóxicos no cerebro e desenvolvemento dos nenos e nenas"

Podes pinchar tamén neste enlace para acceder.






luns, 8 de marzo de 2021

8 de marzo: Día Internacional das Mulleres

 Para conmemorar este día, desde o Departamento de Orientación, queremos destacar o papel de  mulleres importantes que deixaron pegada na educación. GRAZAS A TODAS!


mércores, 3 de marzo de 2021

Creación de recursos dixitais

 Hoxe comparto recursos que espero axuden ao profesorado: comparto documento elaborado por Almudena Alonso-Ferreiro que recolle unha selección de ferramentas para a creación de recursos dixitais na aula de infantil e primaria.



xoves, 25 de febreiro de 2021

Benestar emocional e autocoidado

 A crise sanitaria está a pesar moito no noso benestar emocional, tanto de grandes coma de pequenos/as. Por iso é importante estar moi atentos ao noso estado de ánimo e ao dos que nos rodean para procurar, o antes posible,  un axeitado benestar emocional.

A Xunta de Galicia publicou o pasado 17 de febreiro unha serie de propostas e actividades para previr e atenuar a influencia da pandemia. Para acceder ao documento pinchade na imaxe. 


Ademáis o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia creou un Espazo de Coidado onde se recollerán propostas encamiñadas ao autocoidado (pinchade aquí para acceder ao tríptico informativo).

Destacar, entre as súas propostas, o documento "Viaxe para exploradores e exploradoras mindful" para levar á práctica co alumnado a partir dos 4 anos e inicialos na práctica minfulness, tan beneficiosa para o noso benestar emocional. 


COIDÉMOLOS, COIDÉMONOS



luns, 22 de febreiro de 2021

CREO EN TI

 Hoxe gustaríame compartir coa Comunidade Educativa unha recomendación lectora: CREO EN TI.



A autora de "De mayor quiero ser...feliz", Anna Morató, aborda nesta obra seis contos para axudar aos nenos e nenas a tomar boas decisións e facilita as ferramentas para acadalas. 

A súa lectura compartida co noso alumnado ou fillos/as facilitará a reflexión sobre aspectos tan relevantes como a perseverancia, a paciencia, o manexo do enfado, o pensar por un mesmo, o aburrimento e o valor das cousas realmente importantes; proporciona recursos para afrontar e resolver as diferentes situacións coas que se atoparán ao longo da vida.

Ademáis atoparedes catro cartas escritas polos pais e nais das personaxes dos contos que inclúen mensaxes fundamentais para o axeitado desenvolvemento dos nenos e nenas: "Creo en ti, creo en mi", "Siempre puedes contar conmigo", "Perdóname, mi amor", "Te quiero tal como eres".

Comparto algúns dos contos que podemos atopar na rede pero recomendo a súa lectura compartida.


xoves, 11 de febreiro de 2021

Xoves de emoción: sexamos xardiñeir@s!

 Tod@s temos no noso interior unha planta que debemos coidar para que sexa forte e frondosa. A través do  fermosísimo conto de Alicia González Ramírez, "El Jardín de Violeta", podemos ensinar aos nenos e nenas, grandes e pequenos, a importancia de coidar o noso benestar emocional e como facelo. 

Desde o Departamento de Orientación recomendamos este libro sobre o autocoidado e autoestima,  para profesorado e familias.


                        

luns, 8 de febreiro de 2021

Tempo de Entroido!

 É tempo de alegría, de risas, de festa! Porque xa está aquí o Entroido e, a pesar das circunstancias, disfrutaremos todos e todas xuntas e aprenderemos, ao longo desta semana, máis sobre esta festa tradicional que tanto nos gusta. 



xoves, 4 de febreiro de 2021

Xoves de emoción!

 Voltamos hoxe xoves a traballar unha das emocións máis difíciles, a dor que sentimos ante a perda dun ser querido. Comparto este magnífico conto "Duele" publicado por UNICEF que espero axude a pequenos e non tan pequenos a percorrer o camiño do duelo.



luns, 1 de febreiro de 2021

Protección de datos

Hoxe, 28 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Protección de Datos, data proclamada en 2006 polo Consello de Europa co obxectivo de informar e concienciar sobre os dereitos e obrigacións en materia de protección de datos.

No ámbito europeo, a norma que garante a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes é o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), plenamente aplicable desde o 25 de maio de 2018.  Pola súa banda, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) adapta a lexislación española ao devandito Regulamento europeo.


Nos centros educativos en xeral, e nos Departamentos de Orientación en particular, manexamos datos persoais que requiren de especial tratamento pola súa confidencialidade. Comparto dúas guías que axudan a entender as nosas obrigas e dereitos en materia de protección de datos. 






xoves, 28 de xaneiro de 2021

Contaxio!

 


Contaxio’ narra a viaxe polo dicionario desta palabra tan repetida actualmente e da súa relación coas demais.É unha viaxe polo dicionario, para descubrir como se sente esta palabra e coñecer a súa relación con outras palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindan outras como “ vacina”, “medicina” ou “investigación”. 

Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, ‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia participan nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez; ademais da realizadora Lucía Rodríguez.


xoves, 21 de xaneiro de 2021

Abrazos que emocionan!

 Este xoves, 21 de xaneiro é o Día Mundial das Apertas, conmemorando así o afecto entre as persoas.As apertas non son só un símbolo de cariño,  son tamén moi saudables tanto para o corpo como para a mente.

Sabedes que hai moitos tipos de apertas e xeitos de dalos? No noso cole sabémolo moi ben, por iso, este ano enviamos no día de hoxe abrazos polas ondas do noso Tarabelo. Podedes escoitalos no blog do Tarabelo. 

Desde o  Departamento de Orientación aproveitamos para enviar unha forte aperta virtual a todas as persoas que están a esforzarse por frear esta pandemia e limitan os contatos sociais para evitar a propagación do virus. 

Moito ánimo e unha foooorte e loooooonnnnggggaaaaa aperta!


xoves, 14 de xaneiro de 2021

Xaneiro en Paz

 Ao longo deste mes traballaremos todos os valores relacionados coa paz e estaremos a aprender, unha vez máis, a convivir. Comparto os recursos seleccionados polo centro para facilitar dita aprendizaxe.


luns, 11 de xaneiro de 2021

Cancións con ritmo

 Comezamos con alegría este novo trimestre e para os máis pequenos comparto as divertidas rimas con movemento de Tamara Chubarovsky.

Disfrutando destes xogos fomentaremos o axeitado desenvolvemento cognitivo dos máis pequeno e non tan pequenos e favoreceremos a prevención de dificultades de aprendizaxe. 

 







Un novo curso comeza!

 Un novo curso comeza, con ilusión e moitas gañas de compartir aprendizaxes e vivenzas.  O Señor Potato e os seus novos amigos están a visit...