PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

luns, 30 de outubro de 2023

Somos TEI!

 Estes días están a ser moi intensos, cheos de emocións, ilusión, compañerismo e diversión. 

Os nenos e nenas de 5º EP xa teñen o seu diploma e carnet de TITORES e coñeceron, por fin, aos seus titorizados/as. A través dun divertido xogo de búsqueda de personaxes terrorícas de Samaín, formáronse as parellas que serán amigas para sempre. Compartiron os seus gustos, inquedanzas e mellores calidades e así, na festa do Magosto e Samain compartiron risas, sustos e ricas castañas. 

Pinchade nos enlaces para ver as fotos. 









luns, 23 de outubro de 2023

Aprendemos a aprender

 

Para favorecer a competencia de aprender a aprender do noso alumnado e de favorecer o éxito escolar, dentro do Plan de Mellora do noso centro, desenvolverase co alumnado do 3º ciclo de EP, un programa de Técnicas de Estudo eficaz que lles permita perfeccionar o proceso de "aprender a estudar".

O programa ten como obxectivos: 

·         - Coñecer os hábitos de estudo do alumnado.

·       -   Eliminar as ideas negativas e os erros que os estudantes poidan ter sobre "a tarefa de estudar".

·        -  Adquirir estratexias e técnicas de aprendizaxe que favorezan o éxito escolar. 

·       -   Espertar o interese do alumnado por poñer en práctica os consellos e técnicas aprendidas.

·         - Poñer en práctica as técnicas de estudo abordadas nas diferentes sesións.

·        -  Saber seleccionar as técnicas máis axeitadas en función da  materia.

·          - Desenvolver autonomía e responsabilidade como estudante.

·         - Desenvolver  actitudes de constancia e esforzo.







martes, 17 de outubro de 2023

Comezamos o Programa TEI

Esta semana dou comezo o desenvolvemento do programa TEI deste curso coa formación do alumnado de 5º EP, preparándose con moita ilusión para ser uns bos titores e titoras do alumnado de 3º EP. 

Mentres o resto de alumno segue a traballar a educación emocional, a autoestima e  as habilidades sociais desde as propostas do programa para as titorías. 

Xunt@s aprendemos a convivir!





Pinchade na imaxe para información sobre o programa





venres, 6 de outubro de 2023

6 DE OCTUBRE. DÍA MUNDIAL DA PARÁLISE CEREBRAL

  #HeNacidoParaVivirLaVida


Hoxe conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral. Este ano 2023, desde as asociacións como ASPACE, queren facer visible a importancia dunha atención temperá de calidade, baixo o lema " He nacido para vivir la vida". 

Neste enlace podedes acceder a máis información sobre a campaña. 

O alumnado do 3º ciclo do noso centro colaborou con ASPACE Coruña nun fermoso acto de sensibilización a toda a Comunidade. 



Pinchade na imaxe para acceder as fotografías. 

mércores, 4 de outubro de 2023

Grupo de Nais e Pais pola Saúde

 




Para as familias interesadas, informamos da actividade gratuíta que se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, aberta a todos os pais e nais que queiran compartir un espazo de comunicación e coñecemento:  en distintas reunións trataranse, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar os nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social como as normas e os límites na familia, o uso de internet e o móbil, a escola e a familia, os problemas de conduta e os hábitos de vida saudables, entre outros posibles temas.

A periodicidade será dunha xuntanza mensual de outubro de 2023 a xuño de 2024. no Edificio de Servizos Sociais do Concello de Betanzos, sendo o horario de 20:00 a 21:00 horas.

As inscricións poderanse entregar no edificio de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Tamén se pode enviar a inscrición ao enderezo electrónico updca@betanzos.net e a data límite é o luns 23 de outubro.

Ademáis poden facerse as inscripcións en liña premando aquí: https://forms.gle/zmAXnE17jFHx91Gv8

CONVIVENCIA COA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

 O alumnado titor de 5º EP cos seus titorizados de 3º EP visitaron hoxe a Fundación María José Jove para seguir a aprender sobre intercultur...