Para comezar esta semana que estará chea de libros, contos e diversión, que mellor xeito que facelo cun dos meus libros preferidos "EL INCREIBLE NIÑO COME LIBROS". Esta divertida historia de Oliver Jeffers nos ensina o poder da lectura. Non deixedes nunca de "devorar libros". A disfrutar e feliz semana lectora!
luns, 19 de abril de 2021
venres, 2 de abril de 2021
2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
Hoxe conmemórase o Día Mundial de Concienciación do Autismo, que pretende por en valorar as capacidades das persoas con Trastorno de Espectro Autista e procurar unha mellora de calidade da súa vida, para que esta sexa plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
Desde o noso centro unímonos á campaña da Federación Autismo Galicia " Podo APRENDER. Podo TRABALLAR"
Pinchade na imaxe para acceder á campaña
Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020-2021 pon o foco na educación e o emprego, dous ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.
As persoas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.
Comparto este vídeo que recollle as mellores páxinas web para as familias e profesionais que traballan con alumnado TEA que seguro axudarán a coñecer mellor este trastorno.
E para os nenos e nenas, a adaptación ao conto "¿Quieres conocerme?. Autismo" que ainda que xa ten uns anos, espero disfrutedes e aproveitedes para aprender.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
SEMANA DO LIBRO
Para comezar esta semana que estará chea de libros, contos e diversión, que mellor xeito que facelo cun dos meus libros preferidos "EL...

-
Hoxe, 9 de decembro, seguimos a aprender sobre diversidade e discapacidade e o alumnado de 6º EP participou nunha charla virtual cos usuari...
-
Rapaces e rapazas de 6º, lembrade que hoxe temos a charla co IES Isaac Díaz Pardo. Compartiron hoxe na súa web o vídeo para facer unha visi...
-
Ás veces é complicado organizarse para facer as tarefas escolares na casa e aprender a preparar ben os exames. Na Etapa de Educación Primar...
