PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Amosando publicacións coa etiqueta TEI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TEI. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2026

TEI: titores diplomados!

 Hoxe realizamos, dentro do Programa TEI,  a derradeira sesión de cohesión entre titores e titorizados  no Curruncho, con xogos cooperativos e tempo de lecer compartido. 

 O alumnado de 3º agasallou con fermosas palabras e debuxos o apoio dos seus titores/as e entregáronlles o seu diploma que acredita o seu bo facer e as aprendizaxes ao longo deste curso.

Parabéns a todos e todas!

Pinchade na imaxe para ver fotos do día.




martes, 24 de marzo de 2026

Cohesión TEI

 Neste trimestre titores e titorizados disfrutaron de dúas actividades de cohesión, dentro do programa TEI. 

Aprenderon a traballar en equipo, a confiar e crear vínculo a través do ACROSPORT e a creación de pequenos relatos a partires do libro de ARTEFACTES e sobre todo, disfrutaron de tempo XUNT@S.

Pinchade nas imaxes para acceder  as diferentes fotografías das actividades. 










venres, 17 de outubro de 2025

Parellas TEI!

 O alumnado de 3º EP xa sabe quen vai ser o seu titor o titora!. Durante dúas xornadas estiveron a coñecerse e facer actividades conxuntas. Agora xa teñen alguén en quen confiar para solucionar os conflictos, previr posibles problemas de convivencia e,  sobre todo, de acoso escolar. 

Pinchade na imaxe para coñecer as parellas TEI de este curso.






venres, 10 de outubro de 2025

TEI: preparados...listos...xa!

 Despois dunhas semanas intensas de formación sobre os verdadeiros valores da convivencia, o noso alumnado de 5º EP xa está preparado para asumir a enorme responsabilidade de ser TITORES TEI!

Parabéns a todos e todas e grazas a Benito (o noso Alcalde) e a Rebeca (a nosa Concelleira de Cultura) polo voso apoio e colaboración. 


Pinchade na imaxe para acceder ás fotografías. 


xoves, 12 de xuño de 2025

Un ano máis aprendendo co Programa TEI

 Hoxe titores e titorizados de 5º e 3º EP compartiron unha xornada de xogos e convivencia para cohexionar as parellas, agradecer a axuda e acreditar ao alumnado de 5º como TITORES/AS TEI. 

Tras unha recollida de información e valoración do programa, camiñamos ata a praia para participar en divertidos xogos cooperativos, merendar xuntos e facer entrega dos diplomas e agasallos de agradecemento. 

Pinchade na imaxe para acceder ás fotografías do día. 



venres, 14 de febreiro de 2025

14 de febreiro Día do amor e amizade: cohesión entre titores e titorizados.

 Aproveitamos o día de hoxe para conectar cos nosos titores TEI,  que tanto nos axudan cando o precisamos,  cunha actividade artística na que tivemos que agasallarnos cun fermoso retrato, realista ou abstracto, pero que representaba o amor e agradecemento que compartimos. 

Pinchade na imaxe para ver algunha das fotos do día. 


E agora un fermoso libro para reflexionar...que opinades?


mércores, 30 de outubro de 2024

Por fin! Titores e titorizados polo Samaín

 Chegou o día tan esperado polo alumnado de 5º EP!Doble emoción: celebrar o Magosto e Samaín e coñecer aos seus titorizados. 

Compartiron xogos e tempo para as presentacións, manualidades, fotos e un recordo para sempre...a pulseira da amizade! Un gran día de festa e amizade.

Pinchade na imaxe para ver algunha foto


. 

venres, 25 de outubro de 2024

Xa temos novos titores TEI!!

 Hoxe rematamos o día cheos de orgullo e ilusión. Todos os nenos e nenas de 5º EP ofrécense voluntarios para ser titores de alumnado de 3º EP e dar continuidade, un ano máis, ao desenvolvemento do programa TEI no noso centro. 

Estamos convencidos de que, ao longo do curso, o noso alumnado vai medrar persoalmente e socialmente, aprendendo a convivir e a desenvolver habilidades sociales fundamentadas no respeto, escoita activa e resolución positiva de conflitos. A súa laboura vai repercutir na convivencia do noso centro pero extenderase a toda a comunidade, traspasando os muros da nosa escola,  repercutindo positivamente na convivencia da nosa vila. 

Dada a importancia que este programa ten para toda a Comunidade, o noso Alcalde,  Benito,  e Concelleira de Cultura, Rebeca, entregaron a cada un dos titores/as o  seu diploma acreditativo e lembraron ao alumnado a importancia do compromiso acadado. 



luns, 14 de outubro de 2024

PODES CONTAR CONMIGO!

 Comezamos coa formación dos titores e titorizados de 5º e 3º EP dentro do programa TEI!





Podemos contar contigo?




xoves, 10 de outubro de 2024

10 de outubro: Día Mundial da Saúde Mental




 Hoxe conmemórase o Día da Saúde Mental, para dar visibilidade aos problemas de Saúde Mental, poñer en valor a súa importancia  e procurar melloras a este respecto. 

Desde o DO estamos  a traballar co alumnado de Eduación Primaria a través do álbum ilustrado "Pequeñas Cosas" e o programa TEI a xestión emocional e beneestar emocional. Compartimos coa Comunidade Educativa o decálogo para fomentar a Saúde Mental nos nenos e nenas en contornas educativas. 

   Pinchade aquí para acceder.





xoves, 2 de maio de 2024

2 de maio: Día Contra o Acoso Escolar

 Ao longo do curso son moitas as actividades que estamos a desenvolver para aprender a convivir e respostar activamente contra o Acoso Escolar. 

Hoxe é un día importante porque conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar e recordaremos nas titorías a importancia de seguir a traballar todos XUNT@S contra todo tipo de violencia entre iguais. 


xoves, 25 de abril de 2024

CONVIVENCIA COA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

 O alumnado titor de 5º EP cos seus titorizados de 3º EP visitaron hoxe a Fundación María José Jove para seguir a aprender sobre interculturalidae e medio ambiente a través da arte.

O desenvolvemento desta actividade está englobada dentro das actividades de cohesión do programa TEI co obxectivo de fomentar  a convivencia no noso centro. 


Pinchade na imaxe para ver máis fotografías.


xoves, 7 de marzo de 2024

Cohesión TEI

 Titores e titorizados, alumnado de 3º e 5º de EP,  estiveron practicando a importancia da cooperación e control do corpo para acadar un obxectivo común: representar o alfabeto a través do movemento (figuras de Acrosport). A través da actividade de cohesión proposta para este trimestre dentro do desenvolvemento do programa TEI,   con creatividade e compañerismo disfrutaron e melloraron as súas competencias persoais e sociais.




luns, 30 de outubro de 2023

Somos TEI!

 Estes días están a ser moi intensos, cheos de emocións, ilusión, compañerismo e diversión. 

Os nenos e nenas de 5º EP xa teñen o seu diploma e carnet de TITORES e coñeceron, por fin, aos seus titorizados/as. A través dun divertido xogo de búsqueda de personaxes terrorícas de Samaín, formáronse as parellas que serán amigas para sempre. Compartiron os seus gustos, inquedanzas e mellores calidades e así, na festa do Magosto e Samain compartiron risas, sustos e ricas castañas. 

Pinchade nos enlaces para ver as fotos. 









martes, 17 de outubro de 2023

Comezamos o Programa TEI

Esta semana dou comezo o desenvolvemento do programa TEI deste curso coa formación do alumnado de 5º EP, preparándose con moita ilusión para ser uns bos titores e titoras do alumnado de 3º EP. 

Mentres o resto de alumno segue a traballar a educación emocional, a autoestima e  as habilidades sociais desde as propostas do programa para as titorías. 

Xunt@s aprendemos a convivir!





Pinchade na imaxe para información sobre o programa





venres, 16 de xuño de 2023

TEI: un final sen fin.

 Hoxe os titores/as do Programa Titoría Entre Iguais (TEI)  disfrutaron cos seus titorizados/as dunha sesión de xogos e merenda na praia. Aproveitamos a ocasión para despedir o curso e agradecer a gran labor, esforzo, compromiso e actitude positiva de todos e todas os titores de este curso.

 A amizade e axuda permanecerá para sempre!





Pinchade aquí para acceder as fotos. 

martes, 2 de maio de 2023

2 de Maio: Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar.

 O rexeitamento á violencia e ao acoso escolar é un dos principios fundamentais do noso centro educativo. Ao longo de todo o curso educamos neste rexeitamento e son moitas as actividades e accións desenvolvidas. Pero con motivo da conmemoración do 2 de Maio, estivemos a traballar de xeito especial a temática, a través de lecturas compartidas, de reflexións de fragmentos extraídos do libro de Alejandro Palomas "Un hijo" e a través de lemas (dentro das propostas do Programa TEI).  Pinchando na imaxe interactiva podedes acceder á música, rexeñas bibliográficas e lemas contra a Violencia e Acoso Escolar. 


Poster anuncio importante moderno creativo azul de Lucía Ruiz Casal

martes, 11 de abril de 2023

A polo 3º trimestre!

 Comezamos este trimestre coas pilas cargadas despois dun merecido descanso, non si? 

O noso estado emocional é fundamental para afrontar con éxito o noso día a día e ser quen de aprender e disfrutar. Comparto un decálogo para favorecer o benestar emocinal e saúde mental que nos axudará a todes.


Pinchade na imaxe para acceder ao documento


MI ESCUELA ES VISUAL

 Adivina adivinanza? De que escola poden estar a falar neste fermoso conto creado dentro do programa Escuelas Visuales? Pinchade na imaxe pa...