PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 25 de febreiro de 2022

No Entroido, merendas saudables

 Xa está aquí o Entroido, tempo de disfraces, diversión e saborosos alimentos que só tomamos nesta época. Debemos comer de todo pero sen moitos excesos, lembrando que o feito por nós é o máis saudable. Compartimos aquí algunhas suxerenzas, pero seguro todas as familias contades coas vosas receitas tradicionais. Animádevos a compartilas con nós!.

Non esquezamos neste tempo a importancia que segue a ter o comer froita e verdura todos os días. 



E a importancia de lembrar e disfrutar das nosas tradicións!

                        

luns, 21 de febreiro de 2022

COLEXIO DO BEQUERER!

 Da avaliación e análise de necesidades educativas do noso centro, xurde a detección dunha carencia formativa relacionada coa educación afectivo-sexual.

Grazas á FUNDACIÓN MENIÑOS e o seu programa "COLEXIO DO BENQUERER" atopas unha resposta axeitada adaptada ao noso alumnado de 5º e 6º EP.



O programa aborda, cunha coidadosa selección de contidos e recursos adaptados ás idades do noso alumnado, a educación afectivo sexual baseada no bo trato, a confianza, o respeto, a diversidade e o pensamento crítico, tendo como marco de referencia a educación emocional e a coeducación, todos eles, principios e valores que impregnan o noso proxecto educativo de centro.

Coas actividades que se desenvolverán a través da acción titorial e colaboración do Departamento de Orientación, abordaranse progresivamente cuestións relacionadas co  coñecemento e aceptación persoal, diversidade, comunicación e educación emocional, prevención do abuso sexual infantil e análise social. 
Ao longo do proceso iremos compartindo as actividades realizadas coa Comunidade Educativa. Compartimos aquí a carta de presentación para as familias facilitada polo programa. 



venres, 18 de febreiro de 2022

ALMORZOS SAUDABLES!

 Xa temos aquí o fin de semana e que mellor xeito que disfrutar en familia dun almorzo saudable?. 

Compartimos máis receitas facilitadas pola AECC dentro do programa SNACK LAB!



E despois dun saboroso e saudable almorzo un divertido xogo para seguir a aprender!. 



mércores, 16 de febreiro de 2022

Xornada de portas abertas

 O prazo para a matrícula cara o vindeiro curso está a piques de comezar. O mellor xeito de tomar unha axeitada decisión é coñecer o centro e os seus proxectos educativos. Familias do Concello de Sada e Bergondo, esperamos as vosas visitas.!


         
Pinchade aquí para a inscripción                                                                 


luns, 14 de febreiro de 2022

ALMORZOS SAUDABLES!

 Hoxe, a nosa Comunidade Educativa, tivo a sorte de contar coa colaboración da Asociación Española Contra o Cancro da man de Rosa, para reflexionar sobre a importancia de educar nunha alimentación saudable para os nosos rapaces e rapazas e favorecer así o seu axeitado desenvolvemento persoal. 




Aumentar o consumo de froita, verduras, lácteos e reducir alimentos ultraprocesados no día a día, xunto coa práctica de exercicio son o camiño para fomentar hábitos saudables. E se facemos partícipes aos pequenos na elaboración dos propios almorzos, temos o éxito asegurado. 

Como o prometido é deuda ...compartimos as primeiras receitas!



Xunt@s conseguiremos cambiar a hábitos máis saudables! 

Charla familias Snack Lab

 Lembramos a todas as familias de 1º, 2º, 3º e 4º EP que hoxe temos unha cita coa Asociación Española Contra o Cancro para explicarnos a importancia dunha alimentación saudable e o proxecto no que imos colaborar para favorecer o axeitado desenvolvemento dos voso fillos e fillas.

 Esperámosvos!



mércores, 9 de febreiro de 2022

Aceptamos o reto: SNACK LAB!

 O noso centro, grazas á colaboración da Asociación Española Contra o Cancro, participa nun programa encamiñado ao fomento de consumo de almorzos saudables. 

Hoxe contamos coa presenza de Rosa nas aulas de 1º, 2º, 3º e 4º EP para explicarnos a importancia dunha alimentación saudable, en que consiste e propoñernos o reto de mellorar os nosos "snacks". Seremos quen de acadalo?. Pensamos que sí!

Todos os días analizaremos as nosas merendas e cada aula marcará un obxectivo de mellora semanal. 






Precisamos a colaboración das familias para concienciar aos nosos pequenos e pequenas, procurando a elección de merendas saudables, eliminando alimentos ultraprocesados e preparando con eles alimentos ricos e saudables. Aceptades o reto? 

Contaremos cunha charla para as familias o vindeiro luns día 14 para máis explicación do programa. 

MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN!

martes, 8 de febreiro de 2022

COÑECENDO A NICK

 Hoxe tivemos a sorte de contar no noso centro con Sara, pedagoga da Asociación ASPERGA

Os alumnos e alumnas de 6º EP realizaron con ela un obradoiro de sensibilización e achegamento ás persoas que teñen esta condición persoal. Coñecimos a Nick a dialogamos sobre o que nos fai diferentes e iguais, sobre as emocións e a importancia do respeto e saber enterder aos demáis para ser bos compañeiros e compañeiras. 

Ademáis pola tarde, o profesorado recibimos unha charla formativa para aprender a identificar a alumnado con características TEA Nivel 1 e mellorar a súa resposta educativa para acadar un desenvolvemento persoal, académico e social positivo.

Moitas grazas a Sara e a ASPERGA!



CONVIVENCIA COA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

 O alumnado titor de 5º EP cos seus titorizados de 3º EP visitaron hoxe a Fundación María José Jove para seguir a aprender sobre intercultur...