PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

venres, 29 de setembro de 2023

A VIAXE SEMPRE MERECERÁ A PENA!

 Ao longo destes días, a Orientadora do centro acudirá polas aulas a lembrar cal é a súa función no centro e a presentarse como persoa coordinadora de Benestar Emocional e Convivencia. 

O camiño á escola sempre merecerá a pena, aínda que,  ás veces,  sexa máis complicado do que pensabamos. O Departamento de Orientación está aquí para axudarnos pero ... non sempre é quen de facelo, e nesta ocasión son  Lucía e Potato as que precisan a colaboración de todo o alumnado do centro para poder axudar a Lecturitas. 

Contamos con vós? Seguro que si!


Pinchade na imaxe para acceder á presentación


luns, 11 de setembro de 2023

Benvidos ao novo curso escolar!

 


Comezamos un novo curso cheo de proxectos e ilusión, desexando que todo o noso alumnado  veña con moitas gañas de aprender e desfrutar.

Cada inicio de curso ven acompañado dun montón de nervios, medos, incertidumes... Para facilitar a adaptación dos vosos fillos e fillas á escola non vivades con ansiedade este momento , evitade transmitir os vosos medos e inquedanzas, amosando unha actitude tranquila e alegre ante a volta á escola.Facede comentarios positivos cara a escola e as aprendizaxes. Vir ao colexio é unha sorte!. Amosade interese e valorade positivamente as actividades realizadas na escola, evitando interrogar polo seu sufrimento.Lembrádelle sempre que volveredes a recollelo/a e non mintades sobre o tempo que vai transcorrer nin o que vai facer o pai/nai mentres o neno ou nena está na escola. Non alonguedes as despedidas; deben ser afectuosas e breves e sede moi puntuais á hora de recollelo/a.

Estimulade todo o potencial dos vosos pequenos, facilitade o seu desenvolvemento cognitivo,  motriz, da linguaxe, a súa progresiva autonomía persoal, desenvolvemento social e emocional. Dedicádelle tempo, xogade e desfrutade xunt@s.

Mantede unha comunicación constante coa titora e ante calquera dúbida ou preocupación non dubidedes en poñervos en contacto connosco. Estamos aquí para axudar e desfrutar convosco do crecemento dos vosos fillos e fillas.

Os contos sempre nos axudan nas aprendizaxes. Para facilitar a adaptación ao centro compartimos algúns dos nosos preferidos.







Feliz curso 2023-2024

O centro conta cun Departamento de Orientación coordinado pola Orientadora, que ten como finalidade acadar a  cooperación de toda a Comunidade  Educativa para facilitar o  benestar emocional,  desenvolvemento persoal, social e académico dos vosos fillos e fillas. A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solución aos problemas que poidan xurdir,  podendo contar  coa  súa axuda para todo o que precisedes.



Recordatorio para as familias interesadas: BECAS para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ata 20 de setembro. Máis información no seguinte enlace.


CONVIVENCIA COA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

 O alumnado titor de 5º EP cos seus titorizados de 3º EP visitaron hoxe a Fundación María José Jove para seguir a aprender sobre intercultur...