PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 29 de abril de 2021

2 de maio: Día contra o Acoso Escolar

 O traballo para favorecer a convivencia escolar debe ser continuado e prioritario. Debe comezar desde o inicio da escolarización dos nenos e nenas, a través do fomento das habilidades sociais, valores como a empatía e educación emocional. 

Pero todavía compre  facer visible unha problemática que, de darse, provoca moito sufrimento no alumnado e que entre tod@s debemos traballar para que desapareza: o Acoso Escolar.  Por iso, cada 2 de maio, conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. 

Compartimos con toda a Comunidade Educativa o traballo realizado este curso: información, formación e como producto final un fermoso vídeo realizado polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, dentro do Programa TEI,  para tod@s. 


venres, 23 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO: CAL É O TEU LIBRO PREFERIDO?

 Con motivo da conmemoración do Día do Libro, andamos todos e todas a recomendar as nosas lecturas preferidas. Estas son as miñas recomendacións...

Para Educación Infantil, para ler en familia, "ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO" do escritor británico Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram. 

Recomendo este libro porque con el puiden expresarlle aos meus fillos un millón de noites canto os quería. Fermosísima historia e ilustracións; ademáis se pode atopar en diferentes formatos.



Para Educación Primaria, un dos meus libros preferidos é o EMOCIONARIO de Cristina Núñez Pereira y Rafael Romero Valcárcel

Recomendo este libro porque permite identificar e expresar o que sentimos, entender que é iso das emocións, con sinxelas palabras e fermosas ilustracións. Axuda moito no desenvolvemento da nosa intelixencia emocional.


A disfrutar da lectura!!

luns, 19 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

 Para comezar esta semana que estará chea de libros, contos e diversión, que mellor xeito que facelo cun dos meus libros preferidos "EL INCREIBLE NIÑO COME LIBROS".  Esta divertida historia de Oliver Jeffers nos ensina o poder da lectura. Non deixedes nunca de "devorar libros". A disfrutar e feliz semana lectora!



venres, 2 de abril de 2021

2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Hoxe conmemórase o Día Mundial de Concienciación do Autismo, que pretende por en valorar as capacidades das persoas con Trastorno de Espectro Autista e procurar unha mellora de calidade da súa vida, para que esta sexa plena e gratificante como parte integrante da sociedade.

Desde o noso centro unímonos á campaña da Federación Autismo Galicia " Podo APRENDER. Podo TRABALLAR"

Pinchade na imaxe para acceder á campaña

Baixo o lema “Podo aprender. Podo traballar”, a campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2020-2021 pon o foco na educación e o emprego, dous ámbitos fundamentais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e conseguir a súa participación efectiva na sociedade.
As persoas con TEA teñen dereito a acceder a unha educación de calidade que promova o seu éxito académico e o seu desenvolvemento persoal, pero que tamén facilite o seu acceso ao mercado laboral, atendendo para iso ás capacidades e necesidades específicas de cada unha.




Comparto este vídeo que recollle as mellores páxinas web  para as familias e profesionais que traballan con alumnado TEA que seguro axudarán a coñecer mellor este trastorno.

E para  os nenos e nenas, a adaptación ao conto "¿Quieres conocerme?. Autismo" que ainda que xa ten uns anos, espero disfrutedes e aproveitedes para aprender.


Máis diversión no tempo de lecer!

 Estamos de sorte!!! Esta semana contaremos cunha sorpresa no tempo de lecer, na zona de Bibliopatio. Pinchade na imaxe para saber de que se...