Desde o 19 de maio e ata
o 30 de setembro estará aberto o prazo para solicitar a beca para alumnado
con neae. 
Poderán solicitar as axudas o alumnado que presente necesidade específica de
apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou
trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas
especiais.
Así mesmo,
poderán solicitar as axudas alumnado con Trastorno do Espectro Autista e
os alumnado  con necesidade específica
de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.
Ditas becas 
ofrecen distintos importes como axuda para ensinanza, transporte, comedor, residencia, libros, material
didáctico e reeducación pedagóxica ou da linguaxe ou para programas dirixidos a alumnado con altas capacidades intelectuais.
No BOE nº 118 do 18 de maio  de 2022 convócanse as seguintes axudas (pinchar
aquí para acceder a texto completo): : 
 
-         
Axudas directas para os alumnos incluíndo ao alumnado con TDAH
(Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requiran apoios e
atencións educativas específicas derivadas de discapacidade,   trastornos
graves de conduta ou de trastornos
graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas
especiais. Tamén poderá ser beneficiario o alumnado
con TEA. 
-         
Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de
discapacidade,   trastorno grave de conduta
ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe para familias
numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos
afectados por TEA (Trastorno del espectro autista), pertencentes
a familias
numerosas, no incluídos no parágrafo anterior.
-         
Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada
para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas
capacidades intelectuais.
As solicitudes deben ser cubertas por Internet e entregadas
posteriormente no centro educativo. Toda a información nas seguintes ligazóns: 
- Acceso a procedemento de  solicitude e normativa reguladora
- Acceso a aclaración tipo de axudas.