PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

xoves, 27 de marzo de 2025

Día Mundial do Teatro: Pasando a Bola, xogando para cambiar

 O 27 de marzo conmemórase o día Mundial do Teatro e o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP tiveron a sorte de disfrutar na Casa da Cultura, da man da compañía A Xanela do Maxín, da obra PASANDO A BOLA, XOGANDO PARA CAMBIAR, baseada no libro "A banda dos insectos. Pasando a bola".


O alumnado foi integrante activo da representación, para reflexionar de xeito colectivo sobre o Acoso Escolar e sensibilizar sobre o papel activo que cada un de nós debemos ter para acabar con él. Magnífica representación, magníficas reflexións e aprendizaxes!





venres, 14 de marzo de 2025

Aprendemos xunt@s!

 En colaboración coa ANPA As Mariñas e o CFR de A Coruña, este mércores día 19 darán comezo as charlas para familias onde trataremos temas de interese para tod@s (familias e profesorado) encamiñadas a mellorar o desenvolvemento de todo o alumnado. Animádevos a participar!



sábado, 8 de marzo de 2025

8 M: As avoas de Bergondo

 No CRA de Bergondo, dentro do proxecto de centro, o equipo de Convivencia elaborou este fermoso conto para a conmemoración do 8 M e poñer en valor o papel que xogaron as nosas maiores na defensa da igualdade entre homes e mulleres. Moitas grazas por compartir!


xoves, 6 de marzo de 2025

mércores, 5 de marzo de 2025

Técnicas de estudo no 3º ciclo.

 Ao longo deste curso seguimos a traballar as técnicas de estudo co alumnado de 5º e 6º EP. O por que estudar, contar con hábitos saudables, saber organizarse e contar con técnicas e ferramentas que faciliten o estudo e a elaboración de traballos son fundamentais para un desenvolvemento académico exitoso.









Máis diversión no tempo de lecer!

 Estamos de sorte!!! Esta semana contaremos cunha sorpresa no tempo de lecer, na zona de Bibliopatio. Pinchade na imaxe para saber de que se...