PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

mércores, 18 de xuño de 2025

VOAN!

 Os nosos pequenos e pequenas do CRA voan a outro centro. Desde o Departamento de Orientación desexámosvos  todo o   mellor.  Unha nova etapa comeza pero lembrade disfrutar moito de cada momento e medrar amodillo, como Narcisa!

(Conto elaborado por María González Blanco, recollido no libro  "Tan Contento con mi Cuento" Historias escritas por niñas y niños. )








martes, 17 de xuño de 2025

Paso á ESO

 Os alumnos e alumnas de 6º EP andan un pouco nerviosos con iso do cambio de etapa pero coa visita ao IES Isaac Díaz Pardo de hoxe, na que puideron visitar as instalacións e aclarar dúbidas con alumnado voluntario, a Directora e a Orientadora e reencontrarse con antigos alumnos/as, están moito máis tranquilos. 



Estamos moi orgullosos de todos e todas vós, disfrutade desta nova etapa e lembrade que O CEIP Sada y sus Contornos sempre será o voso cole. Unha forte aperta para tod@s.


xoves, 12 de xuño de 2025

Un ano máis aprendendo co Programa TEI

 Hoxe titores e titorizados de 5º e 3º EP compartiron unha xornada de xogos e convivencia para cohexionar as parellas, agradecer a axuda e acreditar ao alumnado de 5º como TITORES/AS TEI. 

Tras unha recollida de información e valoración do programa, camiñamos ata a praia para participar en divertidos xogos cooperativos, merendar xuntos e facer entrega dos diplomas e agasallos de agradecemento. 

Pinchade na imaxe para acceder ás fotografías do día. 



mércores, 11 de xuño de 2025

Sali, Lana e Pio visitan o noso cole.

 Este martes, o alumnado de 4º de EI, tivo a sorte de disfrutar dunha sesión de contacontos para sensibilizar sobre  a discapacidade, grazas á colaboración de COGAMI. 

Chus e Sonia presentaron a historia de Sali, Lana e Pio, tres  amigos con discapacidade  que se divirten e axudan mutuamente. Disfrutamos da historia, a música e practicamos con material adaptado. 

Grazas a COGAMI pola súa colaboración. 

Pinchade no enlace para acceder ás imaxes. 



luns, 9 de xuño de 2025

PASO A PRIMARIA

 Xa somos maiores!

Estamos no remate do curso e os nenos e nenas de Educación Infantil están un pouco nerviosos porque non saben que é iso de Primaria e o cole de maiores. Para favorecer este tránsito desde o Departamento de Orientación intentamos achegar os espazos, estruturas e dinámicas de cara ao vindeiro curso a través da....

BÚSQUEDA DO TESOURO!


O alumnado de 6º de EI do CRA de Bergondo, o pasado venres 6 de xuño visitou o CPI Cruz do Sar. 
Guiados por Fernando, o Orientador, e Jose Antonio, o Director, percorrimos o centro na procura do tesouro e tivemos unha xornada de convivencia moi divertida, a pesares da choiva. Agora xa temos o noso pasaporte a primaria! Moitas grazas a todo o equipo docente que fixo posible a xornada.





O alumnado de 6º de EI de Sada y sus Contornos non cambia de centro pero da man do alumnado de 1º fomos coñecendo novos espazos do centro, atopamos o tesouro e compartimos merenda e tempo de lecer cos maiores.Que emocionante!

Pinchade na imaxe para ver as fotos de ese día.



luns, 2 de xuño de 2025

Aprendemos LSE con Sviat VI


E esta semana seguimos a practicar e aprendemos os meses do ano. 
Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo.




Máis diversión no tempo de lecer!

 Estamos de sorte!!! Esta semana contaremos cunha sorpresa no tempo de lecer, na zona de Bibliopatio. Pinchade na imaxe para saber de que se...